Altofalantes de vibración

Altofalantes de vibración

Características Os altofalantes convencionais funcionan de maneira tradicional, é dicir, contan cunha superficie que move o aire e crea diferenzas de presión ao ritmo do son que lle transmite un transductor ao transformar o sinal eléctrico en movemento físico. Os altofalantes de vibración, en cambio, converten calquera superficie nun resonador. Deste xeito obtemos diferentes calidades tímbricas en función do elemento (unha mesa, unha caixa, un cristal…) que utilicemos para obter resonancia. Ademais de conseguir boa calidade e potencia de son nun altofalante moi pequeno, os altofalantes de vibración, tamén chamados altofalantes sónicos, permiten experimentar coa percepción vibrotactil e a audición por vía ósea. Son excelentes tanto para o traballo en estimulación multisensorial como para facer re-educación de audición e linguaxe. Aínda que non son algo que un se atope habitualmente nas tendas, non son difíciles de conseguir, particularmente por Internet. Os modelos actuais inclúen avances como Bluetooth, batería interna, lector de cartóns microSD incorporado, radio, etc. Os prezos son moi variables e, en xeral, elevados se nos imos a marcas moi coñecidas. No entanto é posible conseguilos a prezos reducidos similares, senón idénticos, a outros de prezo superior. O altofalante de Amazon A modo de exemplo podemos mencionar este modelo, cun resultado máis que favorable na relación calidade-prezo: Enlace a www.amazon.es… O prezo, como vedes, é moi competitivo para un aparello que ten radio FM incorporada, admite tarxetas MicroSD (que le directamente) ten batería interna que se recarga (por tanto pode funcionar sen ningún cable ou, tamén, conectado de modo convencional). O altofalante do Colacao e dos 40 principais Pero se non necesitades tanta sofisticación, e esta é a estupenda noticia, tedes unha alternativa doada, cómoda e moi barata. Os envases de Cola-cao Turbo de 2,5 kg traen de agasallo un altofalante dos 40 principais de vibración. Funciona con dúas pilas AAA non incluídas. Recóllese nunha caixiña moi cómoda e funciona conectado ao computador. A súa calidade de son é razoable. Ten boa potencia de saída e, sobre todo, para facer estimulación vibrotactil vai xenial. E falamos de entre 13,00 € e 15,00 € dun paquete xigante de Colacao (e por riba quedádesvos co Colacao). Así que se queredes probar a ver se lle sacades partido eu non o dubidaría. Ten marxe de caducidade de máis de un ano. Fátima Mª García Doval.

III Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega 2013

III Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega 2013

Presentación Dende diferentes ámbitos como a Cultura con CampUSCulturae, ou a Educación coa asociación TADEGa, síntese con apremio a necesidade de que Educación, Cultura e Sociedade fagan unha aproximación moito máis atinada e intensa ao mundo da diversidade co ánimo de facer efectiva unha inclusión que non acaba de saír dos libros para chegar aos fogares e ás escolas; que nos está tardando moito porque moitos dos seus esforzos non camiñan dende os enfoques axeitados ou non acadan unha conexión plena coa sociedade actual. A tecnoloxía dixital vén ademais a influenciar todo esta estrutura: dende ás oportunidades ata o acceso á cultura, dende a mellora comunicativa ata a interculturalidade que promove. Chega pois o momento deste congreso cunha converxencia nunca antes vista nesta procura que nos ocupa. Estilo Con tal motivo e nun traballo simbiótico e conxunto con CampUSCulturae, traemos esta oferta de congreso, pero non un congreso calquera. O protagonista non é a ferramenta (dixital ou non), é a persoa. A inclusión como obxectivo: o que non é para todos, non serve. A accesibilidade e usabilidade como condicións imprescindibles. O que non é accesible, impide a inclusión. A atención á diversidade é un reto, precisa axuda, e o obxectivo é brindala. Obxectivos Parten das 4 necesidades básicas detectadas: Formación no aproveitamento do dixital e na atención á diversidade. Encontros para o intercambio de experiencias e recursos. Promoción dos valores da inclusión, da accesibilidade e da usabilidade. Investigar no desenvolvemento de ferramentas e servizos de utilidade. III Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega 2013. Inclusión e Cultura Dixital Cando 8 e 9 de novembro de 2013. Onde Facultade de CC da Comunicación. Santiago de Compostela. Organizan Asociación TADEGa CampUSCulturae Colaboran Universidade de Santiago (USC). Revista Educación 3.0 BJ-Adaptaciones.com Pictoaplicaciones.com Como Na xornada do venres, abrimos o apetito con reflexión e controversia: A irrupción das redes sociais, vantaxes e perigos (Mónica Arenas Ramiro). Mesa redonda: Fracasa a Atención á Diversidade? Mª Cruz Da Silva Rubio. Presidenta da asociación Por Dereito – pordereito.blogspot.com.es Irene García García. Coordinadora de CampUSCulturae – campusculturae.usc.es Francisco Javier Soto Pérez. Asociación Divertic – divertic.org Manolo Rey Fernández. Mestre e orientador e asesor na Consellería de Educación. Yolanda Barallobre Ferreño. Xefa do departamento de Organización escolar e Diversidade do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) – www.edu.xunta.es/web/cafi Ana Franco Vázquez. Profesora de FOL (Formación e Orientación Laboral), no IES Sanxillao, Lugo. Juan José Fernández García. Presidente de TADEGa. – tadega.net Actividades de inclusión a través da danza INTEGRA2 – campusculturae.usc.es (Miguel Gendre) Na xornada do sábado teremos 3 sesións de obradoiros simultáneos para que as persoas asistentes

Ler máis

Obradoiro TADEGa: Tablets e dispositivos Android

Obradoiro TADEGa: Tablets e dispositivos Android

Ao fin unha débeda agardada Dende fai tempo que viñamos anunciando obradoiros en congresos, sempre estabamos cerca e sempre retrasando o anuncio. Agora xa non, toca ir amosando o que será o vindeiro curso 2013/14 que arranca este venres (si, venres 5 de xullo) con este estupendo obradoiro dun tema sumamente demandado: o uso das tablets nas aulas, sobre todo dentro do ámbito da atención á diversidade. Aquí vos deixamos os datos de interese para vos apuntar. Bulide que se agotan as entradas. Título Obradoiro TADEGa. tablets e dispositivos portatiles con sistemas Android nas aulas. Autor Iago Corral, Lugo. Cando Venres 5 ás 16:30 horas para rematar sobre as 21 horas. Onde CEIP San Francisco Javier, (ao carón do Corte Inglés) na cidade da Coruña. Como Obradoiro aberto a todas as persoas interesadas socias ou non de TADEGa. Prezo 5 euros para persoas socias. 10 euros para as non socias. O prezo será cobrados alí mesmo na entrada. Condicións especiais Onde apuntarse: enviando un correo á asociación TADEGa: contactar@tadega.net indicando Nº de persoas que se anotan. Clausura: nun restaurante da zona, cea animosa opcional de vonvivencia a escote (TADEGa paga cafés e chupiños). Ao día seguinte: para os supervivintes que o desexen: chocolate con churros a escote e confraternización. Agardámosvos Para amenizar como música de fondo Alborada de noite e luz, de Juan Durán.

Xornadas Por Dereito 2013

Xornadas Por Dereito 2013

Ferramentas para a inclusión Temos o pracer de informarvos de que por 2º ano consecutivo a Asociación Por Dereito vai celebrar as xornadas de formación e información de especial interese para as persoas con vínculos ou con interese en afondar no coñecemento do TEA. Este ano serán en Pontevedra no Salón de Actos do Pazo da Cultura o día 25 de maio. Poderemos escoitar a persoas de tanto prestixio no mundo do autismo como Juana María Hernández, Amaya Padilla ou Guadalupe Montero. Teremos tamén mestras galegas con experiencias dignas de coñecer. A Asocación Bata contaranos tamén como funciona a súa Unidade de Apoio Ambulatorio. As profesoras da UDC contarannos a importancia da Terapia Ocupacional na intervención en autismo e Manuel Gimeno falaramos dos productos gratuítos que a Fundación Orange pon á nosa disposición. Contan con nós e que a acollida das Xornadas sexa polo menos tan boa como a do ano pasado. Enblaces de interese Cartaz anunciador: cartaz pdf Tríptico informativo: tríptico pdf.

O reino dos mil chanzos

Podemos ver  o mundo por un burato ou por unha fiestra marabillosa e mergullarnos nel con tódalas consecuencias e ao mesmo tempo coñecer o mundo da diversidade funcional motora. Desde esta última posibilidade podemos debruzarnos sobre a fantasía dun conto infantil con moitos obxectivos, o máis importante: educar no mundo dos valores. A aceptación do diferente, a empatía, o degoiro de ser capaz e a liberación dos prexuízos é a materia do conto El reino de los mil escalones que agora para os galegos convértese en O reino dos mil chanzos. Este conto non comeza coma os outros cun Érase unha vez, senón cun Déixame probar dunha vez. A protagonista é Agostiña, unha rapaza con parálise cerebral que libera a unha vila dun xigante malvado, metáfora da sociedade que despreza ao diferente ou que non lle deixa ser unha persoa autónoma nunha arela bastarda e incomprensíbel. Tódalas escenas, mitos, persoas e clixés serven de escusa para que a protagonista ache o seu lugar no mundo, non sen antes loitar polos seus dereitos. É un proxecto solidario de ASPACE (Asociación de Atención a Persoas con Parálisis Cerebral e Discapacidades Afíns) de Castela e León que agora podemos desfrutar en galego. Os autores do conto cederon os beneficios a ASPACE polo que o produto da venda vai parar integramente a esta asociación. O libro pódese pedir, ademais das librerías de conto infantil, a: Federación ASPACE de Castilla y León Teléfono 983 246 798 federaspacecyl@gmail.com ou: Editorial Lobo Sapiens Teléfono 987 170 652 comercial@lobosapiens.net Doutra banda na bitácora Necesidades educativas. Discapacidad motórica, en breve, poderanse acceder a actividades LIM (libros interactivos multimedia) sobre a lectura do conto. Pregamos difusión deste evento. Hai unha nota de prensa da asociación. Enlaces que se citan: Enlace a Federación ASPACE Castilla y León. Enlace a Necesidades educativas. Discapacidad motórica. Enlace a Nota de prensa de ASPACE con motivo da publicación do libro.

Fracaso da Atención á Diversidade?

Compartimos o artigo do Blog da nosa compañeira Cuca da Silva, Pensando en Imaxes, sobre Que está a suceder na educación? “Non é que as cousas estiveran ben antes, pero agora van mais que mal…” “Dende que comezou este curso recibín decenas de chamadas e correos electrónicos de nais desesperadas para todos os que están a pasar os seus fillos con autismo nos principais institucións de ensino. Que nos queda dos tres pilares da inclusión: CONCIENCIACIÓN, RECURSOS y FORMACIÓN? A resposta é clara, NADAAAAAAAAAAAA” Algúns detalles destas conversas cos pais son aberrantes: “- Mi niño no tiene más que dos horas de apoyo a la semana. – Mi hijo no tiene ningún apoyo, ni PT, ni AL. – Mi hijo no puede ir de excursión porque no controla esfínteres. ¿Pero no tiene cuidadora? No no tiene. Y cuando se hace pis en el cole ¿quién lo cambia? Vamos nosotros a cambiarlo. OLEEEEEEEEE por la inclusión, oleeeeeeeee por la conciliación con la vida laboral!! – Mi hijo sufre acoso por parte de sus compañeros de clase y su tutor. Pero su profesorado ¿no tiene constancia de su diagnóstico?,¿ hay plan de intervención dadas sus necesidades educativas? Nooo, ellos me dicen que es solo un niño mal educado, que lo que necesita es mano dura. BIENNNNNNNN POR LA FORMACIÓN, BIENNNNNNN por la aplicación de la ley de atención a la diversidad. – El orientador y el INSPECTOR me dicen que como en este cole no le pueden dar apoyos a mi hijo que me lo lleve a otro centro. ¿LA INSPECCIÓN TAMBIÉN JUEGA AL JUEGO DE ELIMINAR A NUESTROS HIJOS DE LOS ORDINARIOS? – Me dicen que deje al niño un año más en la guardería pues en el colegio no lo pueden atender.” Podedes ver o artigo completo en : http://www.pensandoenimaxes.blogspot.com.es/2013/01/fracaso-de-la-atencion-la-diversidad-no.html

Pictoaplicaciones

Pictoaplicaciones es una interesantísima iniciativa (de Milladoiro – A Coruña) que surge con el fin de ayudar a personas que tienen dificultades de expresión mediante el lenguaje oral, a progresar en su comunicación y comprensión de conocimientos, a través de aplicaciones desarrolladas con pictogramas. Como aparece en su web: “Intentamos que nuestras aplicaciones sean lo más intuitivas posibles para el usuario, sin que haya que leer complejos manuales para su utilización y dándole la mayor importancia al mensaje que se quiere transmitir, para que llegue al receptor de una manera nítida y directa”. Las aplicaciones están pensadas para que se pueda acceder a ellas en cualquier momento y en cualquier lugar, sin perder tiempo, que pueden ser manejadas por personas que no tengan grandes conocimientos informáticos y que ayuden, de forma general, a avanzar en la comprensión y la comunicación diaria. Desarrollan proyectos pensados para la comunicación de padres y profesionales, con personas que tienen dificultades de expresión con el lenguaje oral, que comprenden y se comunican mejor con pictogramas (PICTOTRADUCTOR). Hemos desarrollado un proyecto para lacomprensión de vocabulario, clasificado en varias categorías a través de pictogramas, locuciones y sonidos (PICTOSONIDOS), estamos desarrollando una agenda para el día a día para personas que se comunican con pictogramas (PICTOAGENDA), un organizador mediante horas para todas las tareas del día y con posibilidad de consultar eventos o tareas pasadas o futuras (PICTOHORARIOS), una aplicación con narraciones de cuentos clásicos a través de pictogramas y atractivas ilustraciones animadas (PICTOCUENTOS) y tenemos en mente más ideasque iremos desarrollando con el tiempo si seguimos disponiendo de los medios necesarios. Seguro que en breve nos sorprenden con más noticias!!. Podeis ver todos sus proyectos desde www.pictoaplicaciones.com

Caderno de apoio á comunicación co paciente (actualizado)

Cuaderno de apoyo a la comunicación con el paciente coordinado polo CEAPAT e con pictogramas de ARASAAC Iste é un dises documentos dos que darán moito que falar, e moi bien, nos próximos meses, xa que supón un avance mais na sensibilización dos distintos sectores sociais cara as persoas con dificultades para comunicarse. E que cada vez existe un maior nivel de concienciación social sobre a necesidade de empregar sistemas de comunicación en todos os entornos habituais donde desenvolvemos a nosa vida cotiá. Un desos entornos donde se fai necesaria unha comunicación axeitada é precisamente, o ámbito médico. Así que gracias ao Ceapat-Imserso e a partires dun libro de comunicación sobre a saude deseñado desde ARASAAC, temos o primeiro resultado do proxecto Yo te cuento, cuenta conmigo, que é o Cuaderno de apoyo a la comunicación con el paciente, un material especialmente deseñado para facilitar a comunicación no entorno hospitalario e nas consultas médicas. Varias láminas de exemplo. Actualización do 10 de decembro de 2012 Versión en galego por Mª Cruz da Silva Rubio Versión en galego Para saber mais: Enlace da páxina do CEAPAT Enlace ao blog de Informática para Educación Especial

A formación do profesorado na diversidade

Unha investigación da USC advirte da falla de preparación do profesorado universitario fronte a alumnado con discapacidade A integración real e efectiva de estudantes con discapacidade nas universidades é unha realidade, tamén constatable na USC, que obriga a continuar incrementando os esforzos para mellorar a atención educativa que reciben así como fomentar actitudes favorables de cara a eles. Así o constata a investigación ‘Integración educativa e social dos estudantes con discapacidade na Universidade de Santiago de Compostela’ que realizou o pasado curso a doutora pola USC e compañeira de TADEGA Emma Mayo Pais e que foi presentado no I Congreso Internacional Universidade e Discapacidade. Dende este espazo non podemos mais que felicitar a Emma pola súa laboura investigadora e, entre todos, reclámar maiores recursos para poder ofrecer una formación de calidade Para saber mais Enlace 1: Recorte de Prensa no xornal da propia USC. Enlace 2: Recorte de Prensa no xornal o Progreso. Enlace 3: Recorte de Prensa no xornal La Voz de Galicia.

Os Bolechas en lectura fácil

Grazas á colaboración da nosa compañeira Cuca, os Bolechas veñen de incorporar pictogramas á súa colección de libros; o obxectivo é facilitarlle o acceso á información escrita para os nenos e nenas con dificultades lectoras… Este é un primeiro exemplo, e en breve aparecerán 12 libriños mais. Os pictogramas aparecen ao final de cada páxina Logotipo que indica a presenza de pictogramas de fácil lectura O novo libro dos Bolechas, O reloxo de Carlos,  inclúe entre as súas novidades a incorporación de pictogramas, imaxes que substitúen palabras ou ideas e que permiten ler o conto estimulando a atención e a imaxinación dos nenos. Trátase dun recurso educativo infantil moi recomendable e divertido xa que resume a información que se recibe, mellora a atención e a motivación, apoia certas destrezas de expresión oral e escrita e axuda á comprensión lectora e a construír conceptos. Neste caso trátase de pictogramas de fácil lectura, que aparecen ao final de cada páxina transmitindo a idea que nela se conta a través dunha composición moi simple de imaxes. Cada unha delas vai nun recadro de cor amarelo, verde ou azul, segundo a función gramatical do texto que se transmite. Así, o amarelo úsase para os nomes, o verde para os verbos e o azul para adxectivos e adverbios. Indicado para nenos con dificultades Este recurso está especialmente indicado para nenos con dificultades de comprensión ou de acceso á lectura, de aí a motivación para incluílo nos libros dos Bolechas, de xeito que as historias creadas por Pepe Carreiro cheguen eficazmente ao maior número de nenos e nenas posible.   Para saber mais: http://www.osbolechas.com/novas.php?id=36