Proxecto DIVERTIC-TADEGA

“Uso de dispositivos de alta portabilidad para el acceso a la comunicación y autonomía personal” Participan no proxecto 4 centros galegos e 4 centros da Rexión de Murcia cun total de 60 mestres participantes. Con iste proxecto pretendemos garantir que aqueles alumnos que presentan necesidades educativas especiais de carácter grave e permanente nas áreas de comunicación e linguaxe e de autonomía persoal, podan a través das TIC aceder ao currículum, con independencia da etapa na que se atopen. Nista primeira reunion mestres dos catro Centros galegos, tivemos unha xuntanza no CEE Navalón en Santiago no que lanzamos o proxecto, entregamos os tablets Android para os centros e participamos na primeira sesion formativa sobre Pictodroid e Pictodroid Lite. Grazas a todas e todos 😉

Obradoiro LIM Cangas

Obradoiro LIM Cangas O primeiro obradoiro do ano, tivo lugar no CEIP Nazaret de Cangas. Cun tempo marabilloso e un Sol que daba gloria 😉 , Sara fixo unha introdución a como achegarse por primeira vez a ista ferramenta para crear as nosas actividades multimedia. Grazas Sara!! Obradoiro LIM Cangas 2012 Ligazón á descarga da presentación en formato pdf

Dereitos das socias e socios

Para dar resposta a preguntas de moitas e moitos de vos, preparamos unha guía sinxela de preguntas frecuentes que irá medrando con aquelas cuestions ou propostas que nos sigades facendo.     Benvidas e benvidos Documento pdf das preguntas frecuentes Podes deixar as túas propostas ou dúbidas nos comentarios

Obradoiros, 2012: LIM e Linguaxe

Pois o agardado chegou, os dous primeiros Obradoiros serán en Cangas e na Coruña grazas as mestras Sara Fernández Alfaya e Patricia Pena Barbeito que impartirán: Creación Contidos Dixitais con LIM. Sara Fernández Lugar: CEIP NAZARET – Cangas do Morrazo. Data 21 Xaneiro. Localización CEIP NAZARET Blog da aula de AL e recursos online. Patricia Pena Lugar: CEIP SAL LENCE – A Coruña. Data 25 Febreiro. Localización CEIP SAL LENCE O horario dos obradoiros serán de 10:00 a 14:00, coa posibilidade de quen o desexe irmos comer todos xuntos. FORMULARIO DE INSCRICION NOS OBRADOIROS A partires de agora, veredes unha imaxe permanente como ista referida ás TIC e á Formación na columna da dereita. Se premedes nela levaravos a un formulario que poderedes empregar en calquer momento para demandar non so unha necesidade de Formación, senon para ofrecervos a coordinar que o Obradoiro se celebre na vosa localidade (buscar un sitio, tema, grupo minimo…) Ligazón ao Formulario dos Obradoiros de Formación

Arranca ACCEGAL

A nosa noraboa a esta iniciativa que ven de arrancar das mans da colaboración do Centro de Educación Especial Manuel López Navalón de Santiago e o Grupo de Tecnoloxías da Información da Escola de Inxeniería de Telecomunicación (Universidade de Vigo), ou o que é o mesmo: Das mans da nosa colaboradora Fátima García e Enrique Costa, para la elaboración de solucións de accesibilidade baseadas en dispositivos móbiles. Coñeciamos VirtualTEC e MessageTTS grazas á lista de correo de TADEGA, dúas aplicacións que consisten nun teclado virtual como axuda á comunicación oral e un sintetizador de voz coa entrada por teclado respectivamente. Ambalas aplicacions disponibles no Market para dispositivos Android. Pero agora temos que destacar un Comunicador Dixital con imaxes para este tipo de aparellos, o PictoDroid, tanto na súa version Lite (mais sinxela), como a que permite expresar diferentes accións e crear oracións complexas; sempre a través de pictogramas ou outras imaxes. Na actualidade podemos realizar oracións coas accions: vamos a… quiero jugar… quiero ir al baño quiero beber… quiero comer…. estoy… Ao completar a selección de pictos o sistema procederá á lectura da frase formada. Todas as imaxes poden modificarse ou eliminarse e é posible engadir os que sexan precisos. Os nosos parabéns por ista interesante iniciativa e dende TADEGA animarvos a seguir por ista liña de traballo que apoiamos e colaboramos dende xa. Ligazóns Web de ACCEGAL Informacion sobre a lista de correo

Volven os obradoiros

Pois sí, un dos temas importantes que tiñamos pendente eran os Obradoiros de Formación TADEGa que xa en varias ocasións levounos a coñecer a moitas e moitos de vos por toda Galicia. A partires de agora, veredes unha imaxe permanente como ista referida ás TIC e á Formación na columna da dereita. Se premedes nela levaravos a un formulario que poderedes empregar en calquer momento para demandar non so unha necesidade de Formación, senon para ofrecervos a coordinar que o Obradoiro se celebre na vosa localidade (buscar un sitio, tema, grupo minimo…) Xa sabedes que os obradoiros serán gratuitos para socias e socios de TADEGA, pero tamén poderá asistir cunha minima inscrición calquera persoa que lle interese. O obxectivo é adquirir competencia ou iniciarse en cada tema, NON se entregará certificación algunha. Agardamos que sexa ista unha nova de interese e que demandedes o que precisedes!! Ligazón ao Formulario dos Obradoiros de Formación

Presentación ferramentas TIC

O pasado 15 de setembro estivemos en Santiago, no Centro Demostrador TIC Galicia para ver a Pizarra Dixital Polivalente (sen sombras). É unha empresa que está investigando sobre esto. Vímoslle moitas posibilidades porque se lle pode poñer o canón por detrás  e así,  sobre todo as persoas con parálise cerebral e mobilidade reducida,  poden ver mellor a pantalla e interactuar con ela. Logo, o sábado 16, fumos á presentación do Enable Viacam e o Sitplus.  Enable Viacam (eViacam) é un programa de computador que substitúe a funcionalidade do rato permitindo mover o punteiro a partir do movemento da cabeza. Funciona nun ordenador PC equipado cunha cámara web, sen elementos adicionais.  eViacam está baseado no programa Rato Facial galardoado con varios premios.  A ventaxa que ten , a diferencia de outros que xa coñeciamos é que é de software libre pero o inconvinte é que ten que ter un bo control cefálico, ou sexa serve fundamentalmente para lesionados medulares. SITPLUS é un framework de software libre (GNU/GPL) cuxo principal obxectivo é ofrecer actividades lúdico-terapéuticas para persoas con pluridiscapacidade. Ofrece novas formas de interacción baseadas en visión artificial, voz e outros periféricos para producir un resultado en forma de imaxe e son. Inspirado nos aplicativos de causa-efecto, SITPLUS fornece unha ferramenta para a interacción continua e a distancia, accesible á maioría das persoas con discapacidades cognitivas, físicas e sensoriais. Pareceunos de moita utilidade para os nosos nenos e nenas, o inconvinte é que precisa de dúas persoas, unha que manexe o aparello e outra o neno ou nena. Están pensando en arranxar esto.  De todos os xeitos o autor, César Mauri pide colaboración para cambiar ou mellorar cousas, así que podedes deixar niste artigo os comentarios Ligazóns http://cdtic.xunta.es http://patentados.com/patente/pizarra-polivalente/ http://sitplus.crea-si.com/ http://viacam.org

Nova Xunta Diretiva

O pasado Sábado, tivo lugar a Asamblea TADEGA coa anovacion da xunta directiva como principal tema a tratar, quedando diste xeito formada por:             Presidencia: Juan Fernández Vicepresidencia: Belén Junquera Tesoureiría: Ana Dominguez Secretaría : Felo Couto Vogais: Emma País, María Blanco e Susana Fernandez Así que nos vindeiros días, darémosvos cumprida información do acontecido na Asamblea celebrada na Estrada (grazas María) e da proposta de actividades que levaremos acabo niste periodo. Faremos tamén unha recollida de información de aqueles temas que mais vos interesan para artellar obradoiros de formacion, etc Así que alá imos!!! 😉

MICROLABORA, un proyecto para la inclusión laboral

MICROLABORA, un proyecto para la inclusión laboral Fundación ONCE está llevando a cabo un proyecto que pretende aprovechar las nuevas posibilidades de relación laboral que ofrecen tanto el teletrabajo como la filosofía Web 2.0 en Internet. 13/09/2011 NOTA DE PRENSA De este modo, se busca contribuir a un mayor acercamiento de las empresas al ámbito de la discapacidad. El proyecto lo ejecuta Technosite, empresa del Grupo Fundosa especializada en accesibilidad y nuevas tecnologías, así como en investigación social y consultoría organizacional. Te solicitamos unos minutos de tu tiempo para presentarte brevemente el proyecto y que te animes a colaborar con nosotros. Fundación ONCE y Technosite hemos desarrollado el portal de Internet Microlabora. A través de esta web, las personas con discapacidad podrán acceder a pequeñas tareas (denominadas microtareas) que diferentes empresas colgarán en el portal. Estas microtareas, que pueden consistir, por ejemplo, en la realización de una traducción, la difusión de una campaña, etc., tendrán en común, por un lado, que se realizarán en modo de teletrabajo, por lo que será necesario que los colaboradores cuenten con un ordenador y una conexión a Internet; y, por otro, que, aunque su dificultad varíe, se estime que para realizarlas no serán necesarios más de 7 días. Las relaciones entre los colaboradores y las empresas siempre serán de carácter mercantil y nunca laboral, por supuesto retribuidas económicamente, es decir, que las empresas compran un servicio y no contratan a una persona. El colaborador emitirá siempre factura o recibo por el trabajo realizado, bien como autónomo, o como persona física. Como se trata de tareas de pequeño alcance, su realización y cobro será compatible siempre con la recepción de una prestación social (p.e., una pensión) por parte del colaborador. Próximamente se va a llevar a cabo una fase de prueba de Microlabora, de unos tres meses de duración, para la que solicitamos tu colaboración. En esta fase piloto el portal va a funcionar con total normalidad; las empresas ofertarán tareas reales y los colaboradores las realizarán, siempre cobrando por ello. El principal objetivo de esta fase es que tanto vosotros como las empresas nos comentéis los puntos fuertes y débiles de Microlabora y de su funcionamiento, qué cosas se pueden mejorar…en definitiva, que evaluéis el conjunto de vuestra experiencia antes de que Microlabora sea totalmente público. Para participar en la fase piloto, es necesario que te pongas en contacto con nosotros lo antes posible, y que nos envíes un breve currículum donde nos indiques cuáles son tus conocimientos, tu formación, etc. y, sobre todo, qué tipo de tareas te gustaría desarrollar. Así podremos incluir en la

Ler máis

Novo curso 2011-2012

Material Escolar: Benvidas e benvidos todos a iste novo curso que acollemos con ilusion pese aos comezos “quentes” na nosa comunidade. No eido da diversidade temos unha nova de interese para os nosos alumnos: A empresa BJ-Adaptaciones ven de publicar un catálogo de Produtos de Apoio que, grazas a condición de Establecemento autorizado pola Consellería de Educación, pódense adquirir como “material didáctico complementario” (art. 10) a través da gratuidade dos libros de texto para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo: “No caso do alumnado matriculado en educación especial (art. 5: en Centros Específicos ou en unidades de educacion especial en centros ordinarios (…) 250 €uros) o director ou directora do centro poderá coordinar a adquisición de material en distintos establecementos entregando os vales que lle corresponden a este alumnado, logo da autorización por escrito das persoas beneficiarias” Mensaxe recibida do equipo de BJ-Adaptaciones: Os hemos preparado una selección de nuestro catálogo que puedes descargarte AQUÍ con esos productos, incluyendo los precios con IVA para vuestra mayor comodidad. También hemos preparado un formulario de solicitud de presupuesto rápido que puedes rellenar on-line AQUÍ. Por supuesto, todas las otras vías de contacto están abiertas a tu disposición (nuestros delegados, teléfono, correo electrónico, etc.) Ligazóns: Documento pdf da convocatoria da gratuidade no Diario Oficial Documento pdf do catálogo de BJ