Os Bolechas en lectura fácil

Grazas á colaboración da nosa compañeira Cuca, os Bolechas veñen de incorporar pictogramas á súa colección de libros; o obxectivo é facilitarlle o acceso á información escrita para os nenos e nenas con dificultades lectoras… Este é un primeiro exemplo, e en breve aparecerán 12 libriños mais. Os pictogramas aparecen ao final de cada páxina Logotipo que indica a presenza de pictogramas de fácil lectura O novo libro dos Bolechas, O reloxo de Carlos,  inclúe entre as súas novidades a incorporación de pictogramas, imaxes que substitúen palabras ou ideas e que permiten ler o conto estimulando a atención e a imaxinación dos nenos. Trátase dun recurso educativo infantil moi recomendable e divertido xa que resume a información que se recibe, mellora a atención e a motivación, apoia certas destrezas de expresión oral e escrita e axuda á comprensión lectora e a construír conceptos. Neste caso trátase de pictogramas de fácil lectura, que aparecen ao final de cada páxina transmitindo a idea que nela se conta a través dunha composición moi simple de imaxes. Cada unha delas vai nun recadro de cor amarelo, verde ou azul, segundo a función gramatical do texto que se transmite. Así, o amarelo úsase para os nomes, o verde para os verbos e o azul para adxectivos e adverbios. Indicado para nenos con dificultades Este recurso está especialmente indicado para nenos con dificultades de comprensión ou de acceso á lectura, de aí a motivación para incluílo nos libros dos Bolechas, de xeito que as historias creadas por Pepe Carreiro cheguen eficazmente ao maior número de nenos e nenas posible.   Para saber mais: http://www.osbolechas.com/novas.php?id=36

Curso PECS

Dende a Asociación ACEESCA nos trasladan a informacion de que organizan un curso de PECS básico para profesionais ou familias por se alguén está interesado en facelo. Mediante PECS (Sistema de Comunicación por Intercambio de Imaxes) a persona con grandes dificultades no emprego da linguaxe expresiva aprende a comunicarse espontáneamente con símbolos de obxectos ou actividades desexadas. Para comezar o acto comunicativo, a persona só ten que coller o símbolo do obxecto / actividade deseaxda e ofrecerlla ao interlocutor para que se produza o intercambio. Estas tarxetas arquívanse de xeito personalizado nun libro ou taboleiro, co cal o usuario de PECS comunicarase alá onde vaia. Ligazóns CARTEL CURSO Documento word para a preinscricion Informacion de la Sociedad Española de SAAC sobre el PECS Paxina de Pecs España, Consultora Educativa Pyramid

Saca unha foto con Xandre

Tes unha webcam? Queres aparecer no noso album de fotos? Saca unha foto co protagonista do noso conto, Xandre O Elefante sen Sombra, e a envías a xandre@tadega.net Outro acceso ao fotomatón de Xandre Algunhas fotos xa recibidas

II Curso de Dislexia

Dende a Universidade de Santiago de Compostela enviannos información de interese sobre un curso de verán recoñecido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (véxase díptico en documento adxunto). O curso versa sobre a dislexia, unha dificultade da lectura e escritura que presenta un número considerable de alumnos e, pola contra, unha problemática bastante descoñecida por parte dos profesionais da educación. O evento terá lugar en Vilagarcía de Arousa dende o 14 ao 18 de setembro de 2009. Convidámosvos a darlle a maior difusión entre o profesorado. Mais informacion: Programa Curso de Dislexia 2009 www.ladislexia.es www.usc.es/cultura/ Convocatoria do I Curso Resumo do I Curso de Dislexia

Congreso Internacional Síndrome de Asperger

[D-521] Os días 19, 20 e 21 de febreiro terá lugar na Facultade de Medicina da Universidade de Sevilla o II Congreso Internacional Síndrome de Asperger. O congreso vai dirixido a todos e todas os/as profesionais relacionados co estudio dos Trastornos del Desarrollo e tamén aberto a familiares e persoas interesadas no tema. O prazo de inscrición xa está aberto. Podedes consultar o programa na páxina web do congreso (1) Enlaces relacionados: (1) Enlace á páxina web do congreso : http://www.asperger.es/congreso2009/news.php

I Congreso TADEGa: Mesa I

Segunda entrega dos videos do Congreso, hoxe a Mesa I: (17:15 horas) Mesa I. Referentes TIC na Atención á Diversidade Coordina: Mª Belén Junquera Méndez. Relatores: Manuel Gómez Villa: DIVERTIC e AUMENTATIVA.net, proxectos, logros e perspectivas de futuro. Fco. Javier Soto Pérez: Foro TecnoNEEt, proxectos, logros e perspectivas de futuro. Juan J. Fernández García: TADEGa, proxectos, logros e perspectivas de futuro. [D-489] Ligazóns de interese: Congreso Tadega Resaca do Congreso Conclusións do Congreso

I Congreso TADEGa: Acordo Aumentativa

Agora que temos algo mais de tempo, irémosvos ofrecendo algúns vídeos dos relatorios do pasado Congreso TADEGa de Maio. No de hoxe, a sinatura do acordo con Aumentativa.net para os socios de TADEGa e que contribuirá ao desenvolvemento e adaptación da versión galega de Aumentativa.net. [D-489] Ligazóns de interese: Congreso Tadega Resaca do Congreso Conclusións do Congreso