iDigitalBox nas IV Xornadas
Tecnologia accesible View more presentations from tadega.
Tecnologia accesible View more presentations from tadega.
Puentes para la Comunicación Interpersonal es el lema de las I Jornadas de Comunicación Aumentativa (ver el programa de las jornadas) que se han inaugurado hoy en el Salón de Actos de la Facultad de Económicas de la Universidad de Murcia con mas de 500 asistentes (ver algunas imágenes de la inauguración). En estas Jornadas, TADEGa tiene una importante presencia: Qué es TADEGA?, Proyectos, LIM y Contos de Xandre. Estas jornadas son posible gracias al trabajo y empeño de DIVERTIC (Asociación Nacional de Tecnología Educativa para la Diversidad), una asociación nacional nacida y con sede en Cieza; y al CPR de Cieza (Centro de profesores y recursos). ¡Buen trabajo compañeros! Enlaces adicionales: Enlace a la ponencia de Xandre o Elefante sen sombra Más imágenes de las Jornadas. Acceso a todos los videos de las Jornadas.
Na páxina das IV XORNADAS, iremos recompilando os materiais, imaxes, videos e experiencias que alí se presentaron. Proyecto In Tic Iv Xornadas Tade Ga View more presentations from tadega.
Nestes días que andamos a patadas co idioma, e remexendo na rede na procura dun video para usar nas aulas para o día da paz (30 de xaneiro), atopei esta pequena xoia, unha pequena luz sobre un xeito de facer ben as cousas. Canción -Imagine- en lingua de señas da serie de televisión Glee. O vídeo tomado de Youtube Pé de media (e descrición alternativa): Un vídeo da serie norteamericana -Glee- coa canción de John Lenon -Imagine- representada por un grupo de rapazas e rapaces estudantes con diversidade funcional uns si e outro non, e todos eles signándoa coa lingua de señas toda a canción mentres a cantan. O rapaz principal que dirixe o canto sen moito afinamento, é xordo e nótase na súa voz, porén os seus compañeiros, que se van engadindo á canción, converténdose todo nun conxunto impecable.
A plataforma Un grupo de nais e pais de nenos e nenas con diversidade funcional estamos creando unha plataforma pola Inclusión a nivel nacional. A idea da plataforma xurde polo abandono ao que están sometidos os nosos fillos e fillas en tódolos eidos da política do noso país. A primeira acción desta plataforma é reclamarlle a tódalas administracións do territorio español unha educación inclusiva de calidade. Vemos que os nosos fillos son novamente excluídos á hora da redacción do Pacto Educativo. Non se nomea para nada ningunha actuación que contemple as necesidades que sabemos que se deben cubrir. Os nove puntos deste pacto que pregoan os políticos son: O mal pacto educativo que se está a formar Cultura do esforzo. Propiciala, así como a esixencia e unha política de calidade sostida no coñecemento, as competencias e os valores. Impulso das bolsas. Recoñecer os logros da universalización da educación e garantir unha política de bolsas que garanta a igualdade de oportunidades. Flexibilidade. Facer o sistema moito máis flexible e máis integral, que relacione as etapas educativas. Un ensino máis individualizado. Fracaso e abandono. Loitar contra estes dous problemas. Incidir nas causas e propostas e facer innovacións en medidas educativas e sociais. Escolarización temperá. Harmonizar o sentido e as condicións da etapa de tres a seis anos para loitar contra o fracaso. FP integral. Lograr cualificacións máis específicas e vinculadas ás demandas sociais e que os centros estean vinculados ao desenvolvemento dos territorios. Modernización. Promover a aprendizaxe a través das novas tecnoloxías e potenciar o de idiomas. Universidade internacional. Promover a agregación e a excelencia e definir un modelo de financiamento para ela. Profesorado. Apoiar a figura do profesor, a súa formación permanente, dotarlle de recursos e promover a carreira docente. Como contestación a isto temos un blog para recoller firmas e con modelos de cartas para enviar ás forzas políticas e a institucións que teñen na súa man que se reforme este pacto educativo. O que nós demandamos para os nenos e nenas con diversidade funcional é que que a totalidade dos Centros Educativos teñan asegurada a accesibilidade en xeral: A física: Adecuación de contornas físicas utilizables para todos. Axudantes Técnicos Educativos que asuman: o apoio nas distintas actividades básicas da vida diaria dos nenos como ir ao baño, apoio en comedor, cambio de roupa para actividades deportivas, desprazamento e apoio na aplicación na aula das actividades programadas para o alumnado, así como en excursións, no recreo e calquera actividade extraescolar. Incorporación das TIC (Tecnoloxía da Información e Comunicación) ás aulas, asegurando a accesibilidade aos nenos con diversidade funcional cos apoios que requiran
A historia Fai tempo dabamos conta nesta bitácora de que se premiaba o vídeo de Iago titulado Yo también tengo derechos. De todos modos, con premio ou sen el, este esforzo non cae en saco roto. No noso centro, o alumnado do que son titor aprendeu e serviuse de Xandre, o elefante sen sombra e que xa coñecedes todos da nosa web. Impactoulles e gustoulles moito, pero a cousa non quedou aí. Resulta que aquelo de comunicarmos con pictogramas resultaba algo moi abstracto que non acababan de entender moi ben pois nunca viviran unha experiencia similar nin coñecían a ninguén que precisase este sistema de comunicación. Así pois non quedaba outra que puideran coñecer a alguén que empregase este sistema comunicativo, polo que lles amosamos o vídeo de Iago no que se pode ver con moita claridade como o usa e precisa comunicarse con el. Unhas cousas levan a outras, e o alumnado pediu darlle resposta a este rapaz usando o seu mesmo idioma. Así que armado cunha cámara de vídeo e imprimindo e preparando os pictogramas correspondentes, aquí tedes o resultado da resposta para Iago. Oxalá lle guste. Unha aperta moi moi grande para Iago, para a súa nai, e para estas rapazas e rapaces do CEIP Sal Lence de A Coruña que moito se acordan del, e que xa o queren coñecer. O video orixinal de Iago video platform video management video solutions free video player Pé de media (e descrición alternativa): Vídeo de Iago elaborado pola súa mai no que Iago nos amosa, con moitísimo esforzo, unha mensaxe que nos conta con xestos e pictogramas que, pasado a palabras di: Hola, yo quiero que tú, me esuches, me veas, me hables y me ames. A resposta do CEIP Sal Lence, A Coruña Nota provisional: Lamentablemente a xente de Youtube entende que o audio que acompaña a este vídeo, aínda tendo explicacións orais do narrador para a súa comprensión, vulnera os dereitos de autor por levar unha musiquiña de fondo. Por tal motivo silenciou totalmente o audio que agora non se pode escoitar sen aviso previo nin dar audiencia. No momento en que podamos, faremos unha versión idéntica con música libre que substituirá a actual. Desculpade as molestias. Pé de media (e descrición alternativa): Un vídeo coa montaxe audiovisual do alumnado do CEIP Sal Lence da Coruña, en resposta a Iago polo seu vídeo. Nel podemos ver e escoitar o proceso que se seguiu así como a parte principal na que o alumnado deste 2º curso de primaria respota a Iago con audio, subtítulos, pictogramas e xestos. Enlaces de interese
Ao fin consta na Wikipedia O termo diversidade funcional (que xa fora ratificado pola ONU en xuño de 2008) xa está na wikipedia. Apetecíame compartilo. Quen o queira ver o ten no seguinte enlace: es.wikipedia.org/wiki/Diversidad_funcional O nome máis axeitado? Penso que as formas moitas veces son importantes. Diversidade Funcional erradica para sempre calquera connotación pexorativa e iguálanos a todas e todos, xa que minusvalía falaba da menor valía dun individuo con algunha limitación funcional (sen considerar a posible responsabilidade do entorno) e discapacidade di que lle falta capacidade, así pois: diversidade funcional, aínda que a algúns lles soe a cousa rara. E aquí vai unha idea de regalo, un vídeo que, seguro, xa coñecedes: Por catro esquiniñas de nada Pé de media (e descrición alternativa): Un vídeo coa montaxe audiovisual do libro Por cuatro esquinitas de nada de Jerome Ruillierno no que se amosan uns debuxos de circuliños e un cadrado que deliberan sobre como facer para que cadradiño poida entrar na casa grande por mor da súa forma acompañados do texto explicativo: – Cuadradito juega con sus amigos. – ¡Ring! Es hora de entrar en la casa grande. – ¡Pero Cuadradito no puede entrar! No es redondo como la puerta. – Cuadradito esta triste. Le gustaría mucho entrar en la casa grande. Entonces se alarga, se pone cabeza abajo, se tuerce, se dobla. Pero sigue sin entrar. – ¡Sé redondo!- le dicen los Redonditos. – Cuadradito lo intenta con todas sus fuerzas. – ¡Te lo tienes que creer!- dicen los Redonditos. – Soy redondo, soy redondo, soy redondo….- repite Cuadradito. – ¡Pero no hay nada que hacer! – ¡Pues te tendremos que cortar las esquinas!- dicen los Redonditos. – ¡Oh, no!- dice Cuadradito-. ¡Me dolería mucho! – ¿Qué podemos hacer? Cuadradito es diferente. Nunca será redondo. – Los Redonditos se reúnen en la sala grande. – Hablan durante mucho, mucho tiempo,… – Hasta que comprenden que no es Cuadradito el que tiene que cambiar. – ¡Es la puerta! Entonces, recortan cuatro esquinitas, cuatro esquinitas de nada… Que permitan a Cuadradito entrar en la casa grande… junto a todos los Redonditos..
Seminario e asemblea Non perdas esta cita. Sesión dobre para os amigos e amigas desta asociación: Por unha banda e en sesión de mañá, micro-xornada/seminario sobre símbolos, tecnoloxía de apoio e recursos para a comunicación, o acceso ao currículum e á lectoescritura a cargo de: Borja Romero Salord, Director de BJ Adaptaciones e especialista en tecnoloxía de apoio, Barcelona. Por outra banda e en sesión de tarde, asemblea xeral extraordinaria de socios e socias de TADEGa. Polo medio, un xantar sinxelo de confraternidade para quen queira participar (sempre que nos comunique previamente por correo electrónico a súa asistencia) e ao estilo Ribadeo (cada un paga o seu). Polo miúdo Sen máis preámbulos: Data: Sábado 7 de novembro dende as 10 da mañá ata as 7 e media da tarde. Lugar: Santiago de Compostela, Salón de actos do MUPEGA (Museo Pedagóxico Galego). Matrícula: Non se precisa preinscrición previa. Prezos: Socias/os 5 euros por asistente. Non socios/as 10 euros. Horario 10,00 – Chegada e inscrición nas xornadas. 10,20 – Símbolos, tecnoloxía de apoio e recursos para a comunicación, o acceso ao currículum e á lectoescritura. Relator: Borja Romero Salord, Director de BJ Adaptaciones e especialista en tecnoloxía de apoio, Barcelona. 12,00 – Descanso-café. 12,30 – Debate aberto con Borja Romero Salord (BJ Adaptaciones) Feliciano José Couto Escanciano, Ana Belén Domínguez Besada (Asociación TADEGa). 13,00 – Comunicación de novidades TADEGa, presentación do proxecto: Xandre, o elefante sen sombra (en fase probas). 14,00 – Xantar de confraternidade. 16,30 – Asemblea Xeral extraordinaria de socios e socias de TADEGa (remitirase en breve convocatoria oficial, orde do día, e copia dos estatutos). Estará aberta a outros participantes non socios aínda que sen calidade de voto. 19,30 – Peche da asemblea e reacondicionamento do salón de actos. Graciñas por ser e por estar.
Hai xente que precisa ter unha foto a pé de cama que lle lembre as cousas importantes do día que non debe esquecer. Fágovos unha proposta: se por calquera circunstancia nalgún momento depende de vós o ter que pensar, deseñar, redactar, ou editar calquera cousa (un artigo, un moble, un esquema, unha actuación, un proxecto…) pois daquela, durante ese tempo, tede esta foto a pé de cama para que non se vos esqueza o que realmente é importante. Tan importante como o mellor dos vosos soños. Imaxe que tomamos e que agradecemos a María Dolores García Fernández ( www.desarrollosdg.com.ar )
O teléfono móbil, cada vez máis, parece que vai perdendo o substantivo de teléfono e gañando o adxectivo móbil. Vai pasando de ser un aparato para poder comunicarnos a distancia con quen nos queiramos a un trebello que nos pode axudar a facer máis cousas das que previamente foi deseñado. Co móbil poderemos acceder ao noso correo electrónico, as nosas redes sociais, consultar un mapa e buscar o que queiramos nel, acceder a servizos de noticias, xogos, control remoto da computadora da casa, entrenadores físicos persoais… Un pouco o que queiramos. Os móbiles van mudando de tecnoloxías tamén e vanse cargando de máis e máis dispositivos internos que facilitan o seu uso e acceso. Acelerómetros para poder rexistrar o movemento, pantallas táctiles ou servizos de xeo-localización. Poderíamos usar estas cousas todas para facer máis accesible o noso entorno? Penso, e non son o único, que si. A tecnoloxía está, agora falta adaptala as nosas necesidades. Dependendo dos modelos de teléfono que posuamos accederemos a un grupo de programas ou outro. Actualmente temos varios sistemas como o Windows Mobile -en breves sairá a súa versión 6.5-, Symbian OS -moi usada por dispositivos Nokia-, Android -desenvolvida por un consorcio de empresas amalgamadas por Google-, iPhone Os -do famoso iPhone-… Os máis coñecidos. Un exemplo, moi gráfico e xenial, é o programa Blind para Android. A páxina -en castelán- da aplicación a poderedes atopar no enlace: www.blindapp.com Blind pode mandar correos electrónicos coa nosa voz, ler a nosa axenda de contactos, ler os mensaxes do móbil… bastantes cousas para o manexo das comunicacións. Pero ten un punto máis ao seu favor, as utilidades para o cotío. Coa cámara pódenos dicir a cor da roupa -por agora seis cores primarios-, utilizar o GPS para dicirche onde te encontras… Moi interesante. Dicir tamén que está en fase beta, isto quere dicir que aínda non está rematado, que aínda pode ser mellor. E non me lembraba, é gratis. Penso que isto é unha mostra do que nos pode deparar o futuro en materia de trebellos de levar encima. Un paso máis, para todos e todas.