Sábado, 7 de novembro
Seminario e asemblea
Non perdas esta cita. Sesión dobre para os amigos e amigas desta asociación:
- Por unha banda e en sesión de mañá, micro-xornada/seminario sobre símbolos, tecnoloxía de apoio e recursos para a comunicación, o acceso ao currículum e á lectoescritura a cargo de: Borja Romero Salord, Director de
BJ Adaptaciones
e especialista en tecnoloxía de apoio, Barcelona. - Por outra banda e en sesión de tarde, asemblea xeral extraordinaria de socios e socias de TADEGa.
- Polo medio, un xantar sinxelo de confraternidade para quen queira participar (sempre que nos comunique previamente por correo electrónico a súa asistencia) e ao estilo Ribadeo (cada un paga o seu).
Polo miúdo
Sen máis preámbulos:
- Data: Sábado 7 de novembro dende as 10 da mañá ata as 7 e media da tarde.
- Lugar: Santiago de Compostela, Salón de actos do MUPEGA (Museo Pedagóxico Galego).
- Matrícula: Non se precisa preinscrición previa.
- Prezos: Socias/os 5 euros por asistente. Non socios/as 10 euros.
Horario
- 10,00 – Chegada e inscrición nas xornadas.
- 10,20 – Símbolos, tecnoloxía de apoio e recursos para a comunicación, o acceso ao currículum e á lectoescritura. Relator: Borja Romero Salord, Director de BJ Adaptaciones e especialista en tecnoloxía de apoio, Barcelona.
- 12,00 – Descanso-café.
- 12,30 – Debate aberto con Borja Romero Salord (BJ Adaptaciones) Feliciano José Couto Escanciano, Ana Belén Domínguez Besada (Asociación TADEGa).
- 13,00 – Comunicación de novidades TADEGa, presentación do proxecto: Xandre, o elefante sen sombra (en fase probas).
- 14,00 – Xantar de confraternidade.
- 16,30 – Asemblea Xeral extraordinaria de socios e socias de TADEGa (remitirase en breve convocatoria oficial, orde do día, e copia dos estatutos). Estará aberta a outros participantes non socios aínda que sen calidade de voto.
- 19,30 – Peche da asemblea e reacondicionamento do salón de actos.
Graciñas por ser e por estar.