Xandre, o elefante sen sombra
Presentación en sociedade do conto desenvolto pola asociación TADEGa: Xandre, o elefante sen sombra.
Presentación en sociedade do conto desenvolto pola asociación TADEGa: Xandre, o elefante sen sombra.
Os días 19 e 20 de setembro impartirase en Pontevedra un curso básico de PECS. Todo o profesorado, e en especial os especialistas en AL e PT, teremos en calquer momento un alumno dentro do trastorno do espectro autista (TEA). Moitos dos rapaces que se encadran nesta discapacidade funcional teñen moitas dificultades para poder comunicarse, para poder entender a linguaxe oral e poder expresarse con palabras. Os sistemas alternativos e aumentativos de comunicación (SAAC) fan que o alumnado se inicie na comunicación oral e, no caso de non ser posible, permite que a vaiamos construíndo con eles, un sistema que lles facilita o establecer comunicación co seu entorno. O PECSé un Sistema de Comunicación por Intercambio de Imaxes que se emprega desde 1985 como un sitema de ensinanza único, aumentativo e alternativo que axuda ás persoas con autismo e con outras deficiencias na capacidade de comunicación. Este tipo de cursos deberían ser subvencionados ou organizados polos CEFORES pois son básicos para a intervención dos TEA e outros trastornos da comunicación, poucos cursos nos son ofertados e os poucos que se convocan son de escasa calidade. Teremos pois que aproveitar ocasións como esta para poder ir completando a nosa formación. O curso será impartido por especialistas neste sistema pertencentes a Pyramid Consultants que son un grupo de profesionais altamente cualificados nos campos do autismo e outros problemas comunicativos. Enlaces de interese: A paxina de PECS: www.pecs-spain.com Páxina de inscrición no curso (descárgase documento en formato PECS): www.pecs-spain.com/pecsbasic3.pdf
Primer día del Curso de Verano “TIC y Discapacidad”, a continuacion nada mas que una seríe de imágenes del salón de actos y los ponentes: – Proyectos EDAD, Azahar, CITI , PICTOGRAM ROOM y CINE ACCESIBLE. – Verónica Pensosi y Blanca Villamia (Fundación ORANGE). El diseño para el ciudadano perfecto. Enrique Varela (Presidente de la Fundación Tecnología Social). – Evaluación para el uso de productos de apoyo. Emiliano Díez (INICO, Universidad de Salamanca).
O próximo venres, 29 de maio de 2009, celebraranse en Madrid unhas xornadas de portas abertas sobre videoxogos accesibles que terán lugar no Centro de referencia Estatal de Autonomía Persoal e Axudas Técnicas (CEAPAT), situado no número 1 da rúa Os Extremeños de Madrid (por se algún está interesado en asistir). Nas devanditas xornadas participará a asociación Desenvolvedores de Software para o Entretemento e a Arte (Desea). Javier Mairena, vocal de Desea, impartirá ás 10:30h o relatorio: “Videoxogos Accesibles, por que e como facelos”, cuxo obxectivo é facer reflexionar ao sector de desenvolvedores de videoxogos sobre os problemas que atopan as persoas con diversidade funcional á hora de acceder a este entretemento e como evitalos. O fin que Desea persegue, tanto con esta intervención nas xornadas como con outras accións emprendidas por este grupo, é dar un impulso á creación de videoxogos accesibles. Na web de Desea atoparedes un escrito onde explícanse algunhas das razóns polas que os profesionais de videoxogos deberían optar por facer videoxogos accesibles e coñecerán técnicas a ter en conta no seu desenvolvemento. O acceso ás xornadas é libre para as persoas interesadas, que poden acceder a toda a información sobre a xornada na web do CEAPAT Desea é unha asociación andaluza sen ánimo de lucro que ten como obxectivo impulsar e apoiar a comunidade de desenvolvedores de videoxogos e afíns con respecto á súa imaxe, a súa actividade creadora, a súa formación e comunicación na comunidade autonómica de Andalucía. Desexa conta con dous anos de vida, nos que participou en encontros, conferencias, debates, concursos e cursos, entre outras actividades, onde puxeron en marcha as súas ideas de promover a formación de desenvolvedores, ademais de servir como vínculo entre os diferentes estamentos desta industria. Mais información: Páxina web da asociación, www.desea.es, Email a: prensa@desea.es Saúdos desde o máis profundo dos bytes.
APAE, gabinete especializado en atención psicopedagóxica e intervención logopédica, oferta para este verán varios talleres de estimulación da linguaxe. Uns talleres son dirixidos aos rapaces nados entre o 2001 e o 2006, e outra modalidade ofértase ós pais e nais que estean interesados en aprender a estimular do mellor xeito posible a linguaxe dos seus fillos/as dende o seu nacemento, entendendo o entorno familiar coma o ámbito natural do desenvolvemento da comunicación. Os talleres dirixidos aos rapaces, divididos por grupos de idade, pretenden desenvolver unha linguaxe oral funcional a nivel expresivo y comprensivo, ampliar o vocabulario a partir de centros de interese e estimular a intención comunicativa, o traballo en equipo e a creatividade. O taller dirixido ás nais e pais, pretende informar do desenvolvemento normal da linguaxe, de modo que as persoas que asistan sexan capaces de detectar precozmente nos seus fillos/as calquera alteración na súa adquisición. Preténdese tamén que os pais/nais saiban da importancia do entorno familiar na estimulación da linguaxe, e sexan quen de sacarlle o maior partido posible a situacións da vida cotiá. http://apae.com.es/ Documento pdf do obradoiro de linguaxe para nenos Documento pdf do obradoiro para nais e pais
Unha vez pasadas as Xornadas, e os retallos organizativos que aínda quedan, iremos dixerindo todo o material, fotos, vídeos, contidos… que produciron as Xornadas. Hoxe o vídeo do Proxecto Foro TecnoNEEt (1), logros e perspectivas de futuro; e tamén o PowerPoint lo Lobo Feroz (2) que Borja de BJ-Adaptaciones (3) dixo que nos deixaba. Grazas a todas e a todos. [D-702] Ligazons (1)Ligazón á web do Foro TecnoNEEt (2)Ligazón ao PowerPoint “La Historia do Gran Lobo Feroz” (3)Ligazón á web de BJ Adaptaciones (4)Ligazón ao álbum de fotos de Picasa das Xornadas
[D-691] Ola a todas e todos. Comprácenos comunicarvos que, tras algunhas discusións nos comités encargados na súa elaboración, remítennos o documento definitivo de Conclusións do V Congreso Tecnoneet 2008. O colectivo tadeguiano en xeral sintese moi orgulloso diste documento no que traballaron activamente e, en especial o noso Juan. Noraboa Presi Acceso ao documento
Universidade de Filosofía, Santiago de Compostela, 4:30 da tarde do sábado 13 de Decembro de 2008, día de Santa Lucía. No salón de actos da Facultade tres taguedian@s ante un auditorio convoGcado por Autismo alicia, apáganse as luces e xorden as palabras, seguras e claras, de Juan para cortar o aire con simplicidade poñendo sobre a mesa accesibilidade, usabilidade, colaboración, inclusión… desde a perspectiva de TADEGa como sitio para todas e para todos ónde compartir recursos e ferramentas… onde a única diferenza que nos separa é o nome de acceso e o contrasinal..[D-650-1] Logo Susana, tirando de recursos ante a lei de Murphy, deunos un paseo penso que maxistral, sobre a implicación dunha profesional do ensino , mestra de infantil, no traballo del día a día na aula onde conviven, e aprenden a aprender 11 nenos e nenas diversos/as e diferentes, onde interactúan entre eles para ser e estar compartindo saberes … onde a introdución das TIC na aula, como recurso, amósanos o profundo potencial que teñen na motivación do alumnado na tarefa … Susana deixounos na retina unha pequena mostra dun gran traballo…[D-650-2] Inés, amosounos o outro lado da comunidade de aprendizaxe, meteunos a plan na súa casa, para compartir con nós a dedicación, a implicación e a constancia dunha nai na educación dos seus fillos, cunha traxectoria de traballo por compartir e facer participe ao auditorio a realidade, a visión do mundo aos ollos de Iago, do seu blog, das posibilidades que estes ofrecen, a importancia de non quedar sos na loita, senón de abrir o seu mundo aos demais e facelos participes duna realidade, de loitar pola supresión de barreiras legais en torno ao dereito de uso dos pictogramas, da importancia de poñer a disposición dos nosos fillos e alumnado todas as ferramentas dispoñibles sen deterse polos costos ou, o que é máis triste polas barreiras da burocracia e o copyright… graciñas Inés por compartilo con nós. [D-650-3] Ao final, un amigo, un vello amigo, preguntoume… e ti, que fas aquí? Eu simplemente contestei con orgullo… Eu tamén son de TADEGa. Graciñas aos tres, por ser e estar. Manuel Ligazóns Páxina de Autismo Galicia Páxina de Documentación das Xornadas Autismo Galicia
Xornadas organizadas pola Asociación Gallega de Empresas de Tecnologías de Información y Comunicación (AGESTIC) Celebraranse no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia dependente da Conselleria de Traballo, en Santiago de Compostela os próximos 21,28 e 29 de xaneiro. [D-674] Como empresas, universidades e administracións públicas debemos ser os primeiros en contribuír a facilitar o acceso a Internet a todos os cidadáns, especialmente daqueles que teñen algún tipo de minusvalidez. A web da túa empresa ou Institución “accesible” contribúe a iso, ademais de estar a inverter en Responsabilidade Social Empresarial (En España existen máis de 4 millóns de persoas que sofren algún tipo de minusvalidez, e en Europa a cifra se incrementa ata os 42 millóns. Inverter en accesibilidade terá unha repercusión positiva nun grande número de persoas), mellorar a usabilidade do teu web e incrementar a súa audiencia (A audiencia potencial increméntase porque as pautas de accesibilidade se adaptan aos estándares doutros dispositivos de acceso (móbiles, PDA, televisión dixital, etc) e cumprir coa Lei que debe cumprir a túa empresa e/ou os teus clientes actuais e potenciais. A partir de XA, as páxinas de internet das administracións públicas ou con financiamento público deberán incorporar os niveis de accesibilidade que cumpran os criterios e condicións establecidas no RD 1494/2007 de accesibilidade. A partir de XA, as páxinas de Internet de entidades e empresas que se encarguen, xa sexa por vía concesional ou a través doutra vía contractual, de xestionar servizos públicos, en especial, dos que teñan carácter educativo sanitario e servizos sociais deberán incorporar os niveis de accesibilidade que cumpran os criterios e condicións establecidas no RD 1494/2007 de accesibilidade. Todas as convocatorias da Xunta de Galicia, Ministerio de Industria-Plan Avanza que inclúan web esixen o cumprimento do citado RD. A nova Lei de Medidas de Impulso da Sociedade da Información obriga as compañías consideradas ‘grandes’ a contar, como mínimo, cun nivel medio de accesibilidade nos seus sitios web. A nova Lei de Medidas de Impulso da Sociedade da Información afecta tanto á Administración Pública, coma a entidades e empresas encargadas de xestionar servizos públicos ou empresas privadas que reciben financiamento público, ademais de empresas de “especial transcendencia económica”, como as entidades bancarias, aseguradoras, axencias de viaxes, empresas de transporte ou subministradoras de gas, auga e electricidade. Para saber mais Páxina co Tríptico e Inscrición.
XII Xornadas AGPETAL e III Xornadas TADEGa 2009 [D-667] Os días 13 e 14 de febreiro de 2009, terá lugar na facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (campus de Elviña) as XII Xornadas AGPETAL e as III Xornadas TADEGa 2009, organizadas por ambas asociacións e o Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña. Dende esta asociación temos posto moito interese e ilusión pola posta en marcha destas xornadas con contidos de calidade e coa intención de que teñan ademais, un forte carácter práctico para todo o profesorado inmerso na problemática dos problemas da comunicación dentro do mundo da diversidade funcional Los temas a tratar en esencia son: Audición e linguaxe. TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación). SAAC (Sistemas Alternativos e Aumentativos de Comunicación). Atención a alumnado con implante coclear. Foros activos de experiencias TIC. Nota: As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes. Despois do 1 de febreiro, as cotas incrementaranse en 12 euros. A matrícula dá dereito á: Asistencia ás XII Xornadas. Carpeta de documentación e traballo. Certificado de asistencia expedido pola Universidade de A Coruña coa colaboración de AGPETAL e TADEGa. (Certificación oficial de 15 horas e 1 crédito de libre elección pola Universidade de A Coruña). No enlace que vos amosamos a continuación podedes acceder ao tríptico informativo que contén tanto o programa (aínda provisional) como as indicacións a seguir para quen esteades interesados ou interesadas en matricularvos e participar nestas xornadas. Tríptico informativo das xorndadas co programa e condicións de matrícula (formato PDF de Adobe Acrobat): [Enlace].