Postaniversario…

[D-331] Quen o diría… O da imaxe do xiz, mira ti por onde, foi o noso primeiro artigo na bitácora. Pero, ao que íamos: Remexendo e remexendo no ordenador atopo isto: De Abraham a Juan: —– Original Message —– From: Abraham Dominguez To: juan@TADEGa.net Sent: Sunday, February 11, 2007 8:39 PM Subject: Colaboración Tadega Estimado compañeiro: Antes de nada darvos a noraboa polo proxecto, a iniciativa pareceme moi interesante; é por iso que estou interesado en formar parte da vosa comunidade se é posible, así como cales serían os pasos. Abraham Domínguez Cuña: CEIP de LAREDO (Pontevedra) Un saúdo. De Juan a Abraham: —– Original Message —– From: Juan José Fernández García To: Abraham Dominguez Sent: Sunday, February 11, 2007 9:16 PM Subject: Re: Colaboración Tadega Estimado Abraham: Grazas pola túa aportación, no tocante a formar parte do grupo, non creo que haxa problema algún, de todos modos dame un día para confirmalo. Vexo que ademáis deixache unha proposta no foro sobre a creación dun blog. Algo no que xa matinamos algunha que outra vez, someterémolo a sondeo entre foreros e membros de TADEGa aínda que será preciso contar con alguén que se ocupe ou coordine as subidas de datos ao servidor e telo ao día (a min xa me vai chegando coa web e co foro)… pois como ben sabes, un blog que non se actualice a cada pouco perde o seu encanto ¿Preséntaste voluntario? je, je. Sexa como sexa, benvido e grazas pola túa participación. Juan. De Abraham a Juan: —– Original Message —– From: Abraham Dominguez To: Juan José Fernández García Sent: Monday, February 12, 2007 4:06 PM Subject: Re: Colaboración Tadega Ola Juan, Grazas pola benvida, …sobre o asunto do BLOG, sería un pracer instalar, administrar e coordinar o mesmo, pois sería unha ferramenta moi interesante para colgar as experiencias que estamos a realizar na aula, propostas…onde dun xeito moi sinxelo todos poden colaborar. Co gallo do uso das PDI fixemos un BLOG que coido que cun toqueteo de deseño podería encaixar coa proposta de BLOG TADEGA: http://www.ediga.net Un saúdo Abraham. Oh, meu deus! Que ben queda isto por estas datas! 🙂 Grandes cosas en dous días e tres clics… só fai falla dar o paso. O demais xa o coñecedes.

Cumprimos 1 ano

[D-326-1] A bitácora de TADEGa cumpre 1 ano 12 de febreiro de 2008, no día de hoxe esta bitácora está de cumpranos, o noso primeiro ano. E a verdade é que é para estar contentos. Este artigo é o número 326 o que di moito desta andadura xa que son moitos para ser o primeiro ano. Dende aquí vaia un especial agradecemento a Abraham, o noso incansable das bitácoras que empurrando, empurrando, advertiunos do moito que íamos gañar se iniciabamos ista andadura, e vaia que tiña razón. Grazas Abraham. A él lle toca soprar as velas. E vaia tamén un agradecemento a todos os editores dos artigos que traballan arreo para que isto funcione: Rosa, Abraham, Belén, Felo, Susana, Antonio… Pero témosvos unha sorpresa, un regalo de cumpreanos, porque levamos un ano querendo acordarnos de todos, e traemos aquí un recordo especial polos que ninguén se acorda deles: [D-326-2] TADEGa naceu para que nos lembremos de todos, para que as tecnoloxías que se nos achegan, sexan para todos e sen favoritismos, mellor dito, rectifiquemos, que sexa con favoritismos de tal xeito que os máis esquecidos cheguen a ser os nosos favoritos. O rapaz desta foto é un neno do colexio ‘Gokul’ en Bhugaon, a 130 kilómetros de Mumbai, na India. El e os seus 52 compañeiros teñen en común: que son orfos, que están nesta escola, que teñen o VIH e que xa saben o que é ser rexeitado por case todos. Pero nesta escola coas súas TIC tan ‘clásicas’ (aquí lle vemos lapis e regra) estanche moi contentos, ilusionados porque lles da o que os demais lles negan. Non coñezo a quen fixo esta foto, pero seguro que leva un bule bule no peito. Ben, déixome de liortas; se queredes saber a historia toda, tedes no Diario El Mundo a historia completa e outras fotografías. Vaia desde aquí o noso máis profundo respecto por todos eles, pola escola, polo proxecto, precisamente no noso primeiro aniversario. Enlace que se cita: www.elmundo.es/albumes/2008/02/06/colegiopositivo

Obradoiros de accesibilidade web

[D-314] Porqué e para que ¿Obradoiros de accesibilidade básica de contidos web? Nestes tempos asistimos —afortunadamente é moito máis que unha moda— a que moitas asociacións, docentes, pais e alumnos, teñan os seus propios cadernos de bitácora nos que publican case a diario os seus debates, opinións e descubrimentos. É a explosión da parte máis visible da web 2.0 da que tanto se fala. O caso é que a accesibilidade web destes espazos deixa moito que desexar dende o momento en que os temas ou esqueletos destas bitácoras non siguen totalmente os estándares da accesibilidade da W3C-WAI (www.w3.org) (moitos deles nin de lonxe) e, ademais, a maior parte dos seus autores descoñecen estes estándares e, polo tanto, non os trasladan aos contidos que publican (artigos e comentarios). Conscientes desta carencia, TADEGa ven de organizar unha serie de obradoiros de accesibilidade básica de contidos web pensados (non para re-deseñar os temas, que é asunto moito máis complexo que xa abordaremos máis adiante dende outra perspectiva), senón algo máis básico e sinxelo, para que quen suba e redacte contidos para as súas bitácoras, que estes contidos sexan plenamente accesibles. Nesta preparación dos obradoiros, atopámonos coa sorpresa de que en poucos días moita xente nos pediu poder participar neles e houbo que desdobrar convocatorias, lugares e datas. Así que, por se alguén quedou atrás, aquí vai o programa provisional. Cando e onde Talleres de accesibilidade básica de contidos web Nota: os enderezos electrónicos que se amosan nesta listaxe están descompostos engadindo espazos en branco a fin de evitar o correo lixo. Taller Nº 1 Lugar: Santiago de Compostela (CRA de Teo). Coordina: Susana Viqueira Cobas (SuViCo @ edu.xunta.es). Datas: sábado, 16 de febreiro (9 a 14 horas). Asistentes: Susana Viqueira Cobas. Belén Gómez Flores. Uxía Acuña Abalde. Ramón Xosé Rodríguez Orol. Rosa María Garrido Feijoo. María Begoña Salgado Bispo. Manuel Ángel Masaguer Rodríguez. Taller Nº 2 MATRÍCULA PECHADA POR SOBREPASAR OS LÍMITES DO AFORO. Lugar: Pontevedra (CFR de Pontevedra) – Centro de Formación e Recursos de Pontevedra (Rúa Celso Emilio Ferreiro). Coordina: María Belén Junquera Méndez (BelenJunquera @ gmail.com). Datas: sábado, 23 de febreiro (9 a 14 horas). Asistentes: Ana Belén Domínguez Besada. María Belén Junquera Méndez. Abraham Ignacio Domínguez Cuña. Ánxeles Rivela Machado. María Luz Besada Pérez. Nuria Fernández Fariñas. Inés Casal Barreiro. Cristina Campos Pérez. Xose Antón Vicente. Silvia Iglesias Lago. José Antonio Otero Piñeiro. Alexandre Cortés Ayaso. Begoña Otero. Mª Carmen Rodríguez Montegrifo. Natividad Bouzas Carneiro. Francisco César Díaz. Iago José Corral López. María Areán Fernández David Romero Queiruga. Silvia Fernández Kraemer. Laura Montenegro Fernández. Carmen Paz López. Vicente Sánchez Martín. Elda

Ler máis

Congreso TecnoNEEt 2008

[D-312] Unha magnífica noticia Como xa recollen nos seus respectivos cadernos de bitácora de Javier Soto, Domingo Méndez ou Celestino Arteta, TADEGa súmase cargada de ilusión ao lanzamento do V Congreso Nacional de Tecnoloxía Educativa e Atención á Diversidade (TecnoNEEt) e que este ano conflúe coas III Xornadas Nacionais de Logopedia Dixital. Baixo o lema A igualdade de oportunidades no mundo dixital, o Congreso celebrarase no Campus da Muralla do Mar da Universidade Politécnica de Cartaxena (Cartaxena, Murcia, España), os días 18, 19 e 20 de setembro de 2008. Trátase, sen ningunha dúbida, dunha cita imprescindible para todos aqueles que traballan no ámbito das TIC e a diversidade, do obradoiro de encontro e discusión para profesionais, usuarios e familias e que, xa na súa anterior edición (2006), congregou a máis de 600 profesionais de España e América Latina. E permitídenos un apunte final algo doce: foi precisamente o congreso que facilitou as vimbias para o nacemento de TADEGa, pois os galegos que alí estabamos, sentimos que xa era hora de que a nosa terra tamén tivese o seu referente no mundo das TIC para a Atención á Diversidade. É unha cita obrigada como ben din estes compañeiros. Alí estaremos e alí esperámosvos. Áreas temáticas Vede aquí unha escolma das súas áreas temáticas para facervos unha idea das calidades postas en marcha desde este magnífico congreso: Contorna educativa Tecnoloxías para o desenvolvemento das competencias básicas. Tecnoloxías para a estimulación multisensorial. Tecnoloxías para a rehabilitación/habilitación da linguaxe. Tecnoloxías para a Comunicación Aumentativa. Tecnoloxías para as necesidades educativas especiais. Tecnoloxías para o alumnado con altas capacidades intelectuais. Contorna asistencial, laboral e de lecer Tecnoloxías para a vida independente: domótica, robótica e teleasistencia. Tecnoloxías para a inserción laboral. Tecnoloxías para o lecer e o tempo libre. Contorna profesional Interacción da persoa coa tecnoloxía. Tecnoloxías e protocolos para a avaliación funcional da persoa. Integración curricular das TIC. Investigación, innovación e formación en tecnoloxías de apoio. Contornas virtuais de ensino e aprendizaxe. Redes sociais en internet sobre tecnoloxías de apoio. Marco teórico e institucional Accesibilidade universal, deseño para todos, e igualdade de oportunidades. Políticas educativas sobre tecnoloxía e atención á diversidade. Novos paradigmas e tecnoloxías emerxentes. Non vos esquezades; é unha cita imprescindible: http://congreso.tecnoneet.org/

I Premios EDIGa 2008

[D-304] A convocatoria Os premios EDIGa convócanse co obxectivo de incentivar o uso dos novos soportes dixitais interactivos, de difundir experiencias educativas e o de crear unha comunidade de aprendizaxe tendo como referente as TIC: As categorías CATEGORÍA A: Elaboración de Materiais Didácticos. CATEGORÍA B: Boas prácticas SMARTBoard / Experiencias innovadoras. Os premios 1º Premio SMART: un kit de 5 unidades SENTEO: Unha viaxe a BETT 2009. 2º Premio SMART: unha tableta dixitalizadora AIRLINER. 3º-5º Finalistas SMART: unha cámara de Fotos Dixital. 1º Premio P3D: unha licencia anual dos programas P3D P3D. Os centros que desexen participar deberán formalizar a súa solicitude na bitácora de EDIGa ediga.net/blog/premios-ediga e presentar as súas propostas de recursos e/ou experiencias antes do 30 de abril de 2008 coa folla de participación debidamente cuberta. A entrega de premios Convocarase a todos os candidatos á entrega dos premios onde exporán as súas materiais/experiencias o día 9 de maio do 2008 no Museo Pedagóxico Galego en Santiago de Compostela, lugar e data onde se pronunciarán os fallos do comité asesor. Finalmente aquí tedes o enlace ás Bases do I Premio EDIGa.

TADEGa: Asociación sen ánimo de lucro

TADEGa: Asociación sen ánimo de lucro

[D-269] As II Xornadas TADEGa 2007 tiveron lugar o sábado 15 de nadal en Santiago de Compostela co obxecto principal de constituirse como Asociación e definir as liñas estratéxicas de actuación para os anos 2007 e 2008. Acordouse constituírmos como asociación, os membros da xunta directiva, o establecemento das cotas para os socios, e a planificación dos obxectivos máis inmediatos: Realización dun curso sobre accesibilidade web, establecemento dun acordo con aumentativa.net para facilitar o acceso dos socios de TADEGa a esta plataforma, así como melloras no acceso e na estructura da web para darlle maior usabilidade e dinamismo incluíndo un recuncho de axudas TIC urxentes (as receitas da aboa) para docentes inmersos na atención á diversidade. Ao fin! somos asociación cunha veintena de socios e con gañas de darlle a volta ao uso das TIC na atención á diversidade. Información detallada Ao longo destes días iremos colocando no enlace seguinte os distintos documentos, textos, presentacións, etc. nos que se explican polo miudo todo o acontecer destas xornadas que, ao noso xuízo foron altamente positivas. Enlace con información detallada. FELIZ NADAL!

Xa temos Congreso TecnoNEEt 2008

[D-256] Un acontecemento longamente agardado Xa temos aquí o congreso [1] por excelencia. O maior e mellor evento de toda Iberoamérica no que ao uso e aproveitamento das TIC na atención á diversidade se refire. De feito, TADEGa [2] débelle moito a TecnoNEEt [3], pois foi no seu congreso de 2006 [4], onde TADEGa cobrou forma a raíz da xuntanza que amablemente nos facilitou a organización do congreso de todos os galegos que alí estabamos e dos contactos que, posteriormente, se foron creando ao redor deste núcleo. Tanto é así que 3 dos nosos tadeguianos forman parte do comité organizador deste congreso (Antonio Ovidio, Belén González e un servidor). Sirva tamén indicar que outros 3 dos membros deste comité son os autores das bitácoras que temos como bitácoras amigas, ou que este mesmo grupo tamén é o autor do NEEDirectorio [5], ou do portal TecnoNEEt.org [3]. E iso sin paranos agora a explicar polo miúdo a calidade do propio congreso que xa vai pola súa 5ª edición bianual. A igualdade de oportunidades no mundo dixital [1] Así reza o lema do congreso deste ano, e nós, dende aquí facémosvos unha invitación a todas e todos os interesados nestes temas para que participedes neste congreso, ben fisicamente estando alí, ou ben mediante matrícula na forma non presencial. Dende a nosa experiencia, a calidade dos temas a desenvolver queda garantida. Enlaces que se citan Indicamos a continuación a relación de enlaces que se mencionan e que poden axudar a ampliar esta información: [1]: Web do congreso TecnoNEEt: congreso.tecnoneet.org [2]: Historia de TADEGa: www.tadega.net/queestadega.php [3]: Web do Foro TecnoNEEt: www.tecnoneet.org [4]: Bibliografía TecnoNEEt: www.tecnoneet.org/biblio.php [5]: Web do NEEDirectorio: www.needirectorio.com

Lectura crítica do Real Decreto de accesibilidade

O Real Decreto [D-247-1] Real Decreto 1494/2007. do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social. (BOE, 21 de novembro 2007) Introdución Dende hai xa bastante tempo, as persoas implicadas dalgún xeito en todo o relativo ao mundo das necesidades educativas específicas e de apoio educativo estabamos agardando a publicación dunha lei que dunha vez por todas cubrise ou amparase as necesidades e os dereitos de acceso pleno aos servizos cidadáns, especialmente aos da información e comunicación (TIC) de todos os colectivos implicados, especialmente os vinculados ao mundo da discapacidade. Non fai moitos días que se publicou este Real Decreto (ampliamente agardado e do que xa tiñamos noticia de borradores previos dende fai case un ano). A continuación faremos unhas breves reflexións sobre os seus contidos avaliando dende un punto de vista crítico aqueles aspectos que consideramos de especial importancia na comunidade educativa.

Máis premios… Noraboa Tadeguianas!

[D-248] Crónicas duns premios anunciados… Onte estiven convidado aos Premios EDUCACOMPOSTELA 2007 da man dun exquisito grupo de formación chamado Sementeira (en breve veremos na rede todo o seu activismo). O mencionado grupo levou o primeiro premio cun interesante traballo sobre a lóxica matemática na vida cotiá en educación infantil; coordinado por Manuel Masaguer e Susana Viqueira, unha das nosas “tadeguianas”. Acto seguido, outra compañeira tadeguiana, Susana Blanco, leva o segundo premio cun laborioso traballo sobre Plans de acollida ao alumnado procedente do estranxeiro. ¿Como é posible atopar tanta calidade nun mesmo sitio? Para rematar, apertas, noraboas e parabéns dunha familia, TADEGa, que medra cada día; máis non só en cantidade, senón en calidade. “As palabras as leva o vento, os feitos cambian as cousas”. (A miña nai dixit)

II Xornadas TADEGa

II Xornadas TADEGa

  [D-244] Está visto que levamos uns días de contento a contento; estas novas xornadas que estamos a preparar, terán lugar o sábado día 15 de decembro en xornada de mañá (inclúe xantar con opción a prolongar o debate a parte da tarde) no edificio MUPEGA de Santiago que amablemente nos cede os seus locais. Entre outros asuntos a tratar, abordaremos: Constitución de TADEGa como asociación. Debate dos seus estatutos a partir do borrador. Sinatura de estatutos e acta fundacional. Elección da xunta directiva. Establecer as cotas anuais. Liñas básicas e proxectos a desenvolver no curso 2007-08. Aqueles que quixeran ser socios antes da constitución pero que non teñen opción a asistir ese día, deberán contactar previamente co seu coordinador, Antonio Carreira, no enderezo de correo electrónico ACarreira@edu.xunta.es Para máis información complementaria sobre outras xornadas xa celebradas, aquí tedes un resumo ás anteriores: Enlace ao resumo das I Xornadas TADEGa.