I Premios EDIGa 2008

[D-304]

A convocatoria

Os premios EDIGa convócanse co obxectivo de incentivar o uso dos novos soportes dixitais interactivos, de difundir experiencias educativas e o de crear unha comunidade de aprendizaxe tendo como referente as TIC:

As categorías

  • CATEGORÍA A: Elaboración de Materiais Didácticos.
  • CATEGORÍA B: Boas prácticas SMARTBoard / Experiencias innovadoras.

Os premios

  • 1º Premio SMART: un kit de 5 unidades SENTEO: Unha viaxe a BETT 2009.
  • 2º Premio SMART: unha tableta dixitalizadora AIRLINER.
  • 3º-5º Finalistas SMART: unha cámara de Fotos Dixital.
  • 1º Premio P3D: unha licencia anual dos programas P3D P3D.

Os centros que desexen participar deberán formalizar a súa solicitude na bitácora de EDIGa ediga.net/blog/premios-ediga e presentar as súas propostas de recursos e/ou experiencias antes do 30 de abril de 2008 coa folla de participación debidamente cuberta.

A entrega de premios

Convocarase a todos os candidatos á entrega dos premios onde exporán as súas materiais/experiencias o día 9 de maio do 2008 no Museo Pedagóxico Galego en Santiago de Compostela, lugar e data onde se pronunciarán os fallos do comité asesor.

Finalmente aquí tedes o enlace ás Bases do I Premio EDIGa.

Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.