II Xornadas TADEGa

Un encerado ou pizarra de tiz agardando para ser usado. A imaxe mental que todos temos do ensino tradicional que pronto cambiaríamos por outros medios máis dixitais (probablemente?).
[D-244]
Está visto que levamos uns días de contento a contento; estas novas xornadas que estamos a preparar, terán lugar o sábado día 15 de decembro en xornada de mañá (inclúe xantar con opción a prolongar o debate a parte da tarde) no edificio MUPEGA de Santiago que amablemente nos cede os seus locais. Entre outros asuntos a tratar, abordaremos:
- Constitución de TADEGa como asociación.
- Debate dos seus estatutos a partir do borrador.
- Sinatura de estatutos e acta fundacional.
- Elección da xunta directiva.
- Establecer as cotas anuais.
- Liñas básicas e proxectos a desenvolver no curso 2007-08.
Aqueles que quixeran ser socios antes da constitución pero que non teñen opción a asistir ese día, deberán contactar previamente co seu coordinador, Antonio Carreira, no enderezo de correo electrónico ACarreira@edu.xunta.es
Para máis información complementaria sobre outras xornadas xa celebradas, aquí tedes un resumo ás anteriores: Enlace ao resumo das I Xornadas TADEGa.