Programa obradoiros TADEGa 13/14

Programa obradoiros TADEGa 13/14

Actualizado o 6/3/2014 Por favor lede con atención os datos referidos a marzo onde se fixeron importantes actualizacións. Pero… En que quedamos? Pois si, moitas veces enferruxados na tarefa diaria e acontece que de cando en vez precisamos axuda, que alguén nos aclare dúbidas, resolver historias sempre aprazadas no tinteiro pero que algún día precisaremos que queden claras. Para iso nada como uns obradoiros prácticos. Na esencia así é a idea coa que xermolaron estes obradoiros polos que se preguntou despois do noso III Congreso do pasado novembro. E aquí estamos amosándovos a programación que temos para todo o curso e para que vaiades reservando datas para todas as temáticas que vos interesen. Febreiro 2014 Temática: Ferramentas para a comunicación alternativa de persoas con diversidade. Cando: 22 de febreiro (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas. Onde: Salón de actos de Exposalnés, Paseo de la Calzada,  s/n – 36630 – Cambados, Pontevedra. Inscrición: Cumprimentar o formulario que se xunta neste artigo. Prezos: 5 € para persoas socias e 10 para as non socias que se abonan o mesmo día ao retirar a documentación. Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización a escote para quen queira participar. Características: Juan J. Fdez. García (Presidente de TADEGA), Mª Cruz da Silva Rubio, (Mestra e presidenta de Por Dereito), Carmen Fernández Cacho (mestra), Mª Carmen Otero Vázquez (nai dun neno con diversidade), Susana Martínez Fieiro (nai dun neno con diversidade). Marzo 2014 Temática: Servizos, realidades e proxectos de Pictoaplicaciones.com Ver documento previo: Documento PDF. Cando: 15 de marzo (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas. Onde: Travesía de Cacheiras, 62 (Estrada de Santiago a A Estrada, Km. 5) – Teo, A Coruña. Ver este enlace no Google Maps. Na foto vese á esquerda un chalet (o antigo local do FOLTRA, aí está o local) nesa mesma rúa está a Cafetería BETOS poderiamos quedar ali ás 9,45 do sábado para empezar ás 10,00 con todo listo e preparado. É importante comezar puntuais. Inscrición: Cumprimentar o formulario que se xunta neste artigo. Prezos: 5 € para persoas socias e 10 para as non socias que se abonan o mesmo día ao retirar a documentación. Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización a escote para quen queira participar. Características: A través de xente do GrupoPromedia.es e de Pictoaplicaciones.com faremos un percorrido amplo e completo polas aplicacións, ferramentas e servizos que ofertan dende a súa web así como tamén dos seus proxectos máis inmediatos e aínda en cociña. Notas adicionais de interese: haberá conexión wifi polo que resultará interesante vir cun portátil ou cun tablet para que o obradoiro sexa realmente práctico. Abril 2014 Temática: II Xornadas de tablets Aspronaga. As tablets na

Ler máis

Altofalantes de vibración

Altofalantes de vibración

Características Os altofalantes convencionais funcionan de maneira tradicional, é dicir, contan cunha superficie que move o aire e crea diferenzas de presión ao ritmo do son que lle transmite un transductor ao transformar o sinal eléctrico en movemento físico. Os altofalantes de vibración, en cambio, converten calquera superficie nun resonador. Deste xeito obtemos diferentes calidades tímbricas en función do elemento (unha mesa, unha caixa, un cristal…) que utilicemos para obter resonancia. Ademais de conseguir boa calidade e potencia de son nun altofalante moi pequeno, os altofalantes de vibración, tamén chamados altofalantes sónicos, permiten experimentar coa percepción vibrotactil e a audición por vía ósea. Son excelentes tanto para o traballo en estimulación multisensorial como para facer re-educación de audición e linguaxe. Aínda que non son algo que un se atope habitualmente nas tendas, non son difíciles de conseguir, particularmente por Internet. Os modelos actuais inclúen avances como Bluetooth, batería interna, lector de cartóns microSD incorporado, radio, etc. Os prezos son moi variables e, en xeral, elevados se nos imos a marcas moi coñecidas. No entanto é posible conseguilos a prezos reducidos similares, senón idénticos, a outros de prezo superior. O altofalante de Amazon A modo de exemplo podemos mencionar este modelo, cun resultado máis que favorable na relación calidade-prezo: Enlace a www.amazon.es… O prezo, como vedes, é moi competitivo para un aparello que ten radio FM incorporada, admite tarxetas MicroSD (que le directamente) ten batería interna que se recarga (por tanto pode funcionar sen ningún cable ou, tamén, conectado de modo convencional). O altofalante do Colacao e dos 40 principais Pero se non necesitades tanta sofisticación, e esta é a estupenda noticia, tedes unha alternativa doada, cómoda e moi barata. Os envases de Cola-cao Turbo de 2,5 kg traen de agasallo un altofalante dos 40 principais de vibración. Funciona con dúas pilas AAA non incluídas. Recóllese nunha caixiña moi cómoda e funciona conectado ao computador. A súa calidade de son é razoable. Ten boa potencia de saída e, sobre todo, para facer estimulación vibrotactil vai xenial. E falamos de entre 13,00 € e 15,00 € dun paquete xigante de Colacao (e por riba quedádesvos co Colacao). Así que se queredes probar a ver se lle sacades partido eu non o dubidaría. Ten marxe de caducidade de máis de un ano. Fátima Mª García Doval.

Obradoiros 2014

Obradoiros 2014

Despois do congreso de TADEGa seguimos traballando na formación, nesta ocasión co obxectivo de ofrecerche varios obradoiros para o ano 2014. E para isto necesitamos da túa opinión. Queremos coñecer os teus intereses: temáticas, lugares de celebración, tempo… E se che gustaría coordinar algún dos obradoiros ou mesmo impartilo ti! Por iso temos aquí un formulario que nos axudará a recoller toda esa información e comezar a programación de actividades. Entra no seguinte enlace e participa! https://tadega.net/?page_id=3432 Para calquera dúbida ou suxerencia podes poñerte en contacto con nós a través do correo electrónico contactar@tadega.net Atentamente, Xunta Directiva da Asociación TADEGa.

Proxecto Fala Signada

Proxecto Fala Signada

O Proxecto no que participaron 3 Centros Galegos coordinados por TADEGa e 3 Centros da Comunidade de Murcia “O SISTEMA DE COMUNICACION TOTAL FALA-SIGNADA NA PRACTÍCA DOCENTE” gracias á Asociación Nacional de Tecnoloxía Educativa para a Diversidade (DIVERTIC); xa ten operativa a web e a aplicación que se deseñou para acceder a todos os materiais Hablasignada: Sistema de Comunicación Total na práctica docente Este proxecto desenvolve a incidencia e repercusiones das TIC como recurso educativo para favorecer a resposta educativa ao alumnado que presenta necesidades educativas especiais de carácter grave e permanente no área de comunicación e linguaxe. O obxectivo principal é o desenvolvemento dun banco de recursos ao servizo da Comunicación Aumentativa, e en concreto do Sistema de Comunicación Total de Benson Schaeffer, no noso caso con todos os contidos, locucions e vídeos en Galego A web e os materiais posúe unha licenza Creative Commons 3.0 polo que é de libre acceso e descarga Queremos felicitar a todos polo traballo, especialmente á Asociación DIVERTIC e a todos os Centros que artellaron ista ferramenta: CCEE El Buen Pastor. Cieza, Murcia CPEE Las Boqueras, Murcia CPEE Stmo. Cristo da Misericordia, MurciaCEIP Seis do Nadal, Vigo CEIP Principe Felipe, Pontevedra CCEE Ntra Sra Lourdes, A CoruñaLigazóns: http://hablasignada.divertic.org https://hablasignada.divertic.org/index.php?idm=gl    EN GALEGO

Asemblea de Socias e Socios

Asemblea de Socias e Socios

Convocatoria Convócase ás persoas socias da Asociación TADEGa, á Asemblea que terá lugar no local do Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra. Praza de Curros Enriquez, s/n 36002 – Pontevedra, o vindeiro Sábado 30 de Novembro de 10:00 a 14:00 h, de acordo á seguinte Orde do Día: Orde do día   Lectura e Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior Avaliación do III Congreso TADEGa 2013. Estado de contas e orzamento 2014 Liñas e obxectivos de traballo. Informacion sobre diversos asuntos. Rogos e preguntas. Pontevedra, 16 novembro de 2013 Localización do Casino de Pontevedra

III Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega 2013

III Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega 2013

Presentación Dende diferentes ámbitos como a Cultura con CampUSCulturae, ou a Educación coa asociación TADEGa, síntese con apremio a necesidade de que Educación, Cultura e Sociedade fagan unha aproximación moito máis atinada e intensa ao mundo da diversidade co ánimo de facer efectiva unha inclusión que non acaba de saír dos libros para chegar aos fogares e ás escolas; que nos está tardando moito porque moitos dos seus esforzos non camiñan dende os enfoques axeitados ou non acadan unha conexión plena coa sociedade actual. A tecnoloxía dixital vén ademais a influenciar todo esta estrutura: dende ás oportunidades ata o acceso á cultura, dende a mellora comunicativa ata a interculturalidade que promove. Chega pois o momento deste congreso cunha converxencia nunca antes vista nesta procura que nos ocupa. Estilo Con tal motivo e nun traballo simbiótico e conxunto con CampUSCulturae, traemos esta oferta de congreso, pero non un congreso calquera. O protagonista non é a ferramenta (dixital ou non), é a persoa. A inclusión como obxectivo: o que non é para todos, non serve. A accesibilidade e usabilidade como condicións imprescindibles. O que non é accesible, impide a inclusión. A atención á diversidade é un reto, precisa axuda, e o obxectivo é brindala. Obxectivos Parten das 4 necesidades básicas detectadas: Formación no aproveitamento do dixital e na atención á diversidade. Encontros para o intercambio de experiencias e recursos. Promoción dos valores da inclusión, da accesibilidade e da usabilidade. Investigar no desenvolvemento de ferramentas e servizos de utilidade. III Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega 2013. Inclusión e Cultura Dixital Cando 8 e 9 de novembro de 2013. Onde Facultade de CC da Comunicación. Santiago de Compostela. Organizan Asociación TADEGa CampUSCulturae Colaboran Universidade de Santiago (USC). Revista Educación 3.0 BJ-Adaptaciones.com Pictoaplicaciones.com Como Na xornada do venres, abrimos o apetito con reflexión e controversia: A irrupción das redes sociais, vantaxes e perigos (Mónica Arenas Ramiro). Mesa redonda: Fracasa a Atención á Diversidade? Mª Cruz Da Silva Rubio. Presidenta da asociación Por Dereito – pordereito.blogspot.com.es Irene García García. Coordinadora de CampUSCulturae – campusculturae.usc.es Francisco Javier Soto Pérez. Asociación Divertic – divertic.org Manolo Rey Fernández. Mestre e orientador e asesor na Consellería de Educación. Yolanda Barallobre Ferreño. Xefa do departamento de Organización escolar e Diversidade do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) – www.edu.xunta.es/web/cafi Ana Franco Vázquez. Profesora de FOL (Formación e Orientación Laboral), no IES Sanxillao, Lugo. Juan José Fernández García. Presidente de TADEGa. – tadega.net Actividades de inclusión a través da danza INTEGRA2 – campusculturae.usc.es (Miguel Gendre) Na xornada do sábado teremos 3 sesións de obradoiros simultáneos para que as persoas asistentes

Ler máis

Obradoiro TADEGa: Tablets e dispositivos Android

Obradoiro TADEGa: Tablets e dispositivos Android

Ao fin unha débeda agardada Dende fai tempo que viñamos anunciando obradoiros en congresos, sempre estabamos cerca e sempre retrasando o anuncio. Agora xa non, toca ir amosando o que será o vindeiro curso 2013/14 que arranca este venres (si, venres 5 de xullo) con este estupendo obradoiro dun tema sumamente demandado: o uso das tablets nas aulas, sobre todo dentro do ámbito da atención á diversidade. Aquí vos deixamos os datos de interese para vos apuntar. Bulide que se agotan as entradas. Título Obradoiro TADEGa. tablets e dispositivos portatiles con sistemas Android nas aulas. Autor Iago Corral, Lugo. Cando Venres 5 ás 16:30 horas para rematar sobre as 21 horas. Onde CEIP San Francisco Javier, (ao carón do Corte Inglés) na cidade da Coruña. Como Obradoiro aberto a todas as persoas interesadas socias ou non de TADEGa. Prezo 5 euros para persoas socias. 10 euros para as non socias. O prezo será cobrados alí mesmo na entrada. Condicións especiais Onde apuntarse: enviando un correo á asociación TADEGa: contactar@tadega.net indicando Nº de persoas que se anotan. Clausura: nun restaurante da zona, cea animosa opcional de vonvivencia a escote (TADEGa paga cafés e chupiños). Ao día seguinte: para os supervivintes que o desexen: chocolate con churros a escote e confraternización. Agardámosvos Para amenizar como música de fondo Alborada de noite e luz, de Juan Durán.

Como ter os nosos navegadores noviños do trinque

Coidando dos nosos equipos A todas e todos nos ten pasado que conforme imos navegando pola rede de Internet, os nosos navegadores van ralentizando o seu rendemento co paso do tempo e apañando cousas que non queremos (barras de ferramentas, páxinas de procuras, páxinas de inicio…) todo porque algún día decidimos descargar un programa que nos vendían gratis con fama impresionante (aínda que non nos dicían que iso tiña o prezo de aloxar a maiores nos nosos sistemas programas indesexados. E agora que? Da man da OSI (Oficina de Seguridade do Internauta) do que previsiblemente teremos máis novas no noso vindeiro congreso a piques de saír a voz pública, cóntannos como resolver estes atrancos e como manter o noso sistema a raia de vulnerabilidades. Non volo perdades. Enlaces de interese Desinstalación de barras (toolbars) non desexadas. [Enlace 1]. Manter o noso equipo fóra de perigo de instrusións. [Enlace 2].

Xornadas Por Dereito 2013

Xornadas Por Dereito 2013

Ferramentas para a inclusión Temos o pracer de informarvos de que por 2º ano consecutivo a Asociación Por Dereito vai celebrar as xornadas de formación e información de especial interese para as persoas con vínculos ou con interese en afondar no coñecemento do TEA. Este ano serán en Pontevedra no Salón de Actos do Pazo da Cultura o día 25 de maio. Poderemos escoitar a persoas de tanto prestixio no mundo do autismo como Juana María Hernández, Amaya Padilla ou Guadalupe Montero. Teremos tamén mestras galegas con experiencias dignas de coñecer. A Asocación Bata contaranos tamén como funciona a súa Unidade de Apoio Ambulatorio. As profesoras da UDC contarannos a importancia da Terapia Ocupacional na intervención en autismo e Manuel Gimeno falaramos dos productos gratuítos que a Fundación Orange pon á nosa disposición. Contan con nós e que a acollida das Xornadas sexa polo menos tan boa como a do ano pasado. Enblaces de interese Cartaz anunciador: cartaz pdf Tríptico informativo: tríptico pdf.