2016 en marcha e materiais do congreso compartidos

2016 en marcha e materiais do congreso compartidos

  O curso reanuda o seu roteiro. Os plans para este 2016 recén inaugurado son moitos e do máis interesante. Así que atentos ás novas que pouco a pouco iremos contando por aquí. O símbolo de lectura, xornal, novidades ou como queirades interpretalo ten relación directa con parte disas novidades que iremos contando no seu momento. Pero polo de agora, imos cinguirnos a algo moi solicitado pola xente tadeguiana, especialmente polas persoas que asistiron ao IV Congreso TADEGa, Vigo 2016 que acabamos de clausurar fai poucos días. Materias e recursos do congreso compartidos O dito, acabamos de publicar fai uns días a relación de materiais, recursos, e presentacións de todas as persoas que interviron no congreso e que amablemente nos cederon esta documentación, (vos podedes guiar polo menú da nosa web: Encontros > Congresos TADEGa > IV Congreso. Vigo 2015 > Documentación ) ou tamén ir directamente ao seguinte enlace: https://tadega.net/xuntanzas/iv-congreso-tadega-vigo-2015/documentacion15

IV Congreso TADEGa. Vigo 2015. Actualizado 7/12/15

IV Congreso TADEGa. Vigo 2015. Actualizado 7/12/15

Avisos importantes Documentación que deberás traer ao congreso Acabamos de emitir ás persoas inscritas no congreso un correo no que se vos solicita un ou dous documentos segundo sexa o teu caso. Por favor léedeo con calma e seguide o que alí se indica para facilitar o trámite da homologación por parte do MECD. Graciñas. Marca os teus obradoiros favoritos Accede ao formulario no que seleccionar os teus obradoiros favoritos. O enlace ao formulario o tes no teu correo electrónico que enviamos a todos os participantes. Se non o atopas, mira na carpeta do SPAM non vaia a ser que o teñas alí. Listaxe das persoas inscritas Lembrade que nesta web tedes o enlace a relación de persoas inscritas (opcións de menú tanto na barra superior como na lateral dereita), de todos modos aquí tedes o enlace: https://tadega.net/?p=5080 Presentación do congreso Cumprindo co compromiso de celebrar o noso congreso bianual, queremos compartir os contidos e as sorpresas que nos agardan neste novo Congreso, por certo, máis práctico aínda (tal e como solicitabades nas enquisas) e con máis espazos para os obradoiros. Inscrición Tedes ao voso dispor o formulario de inscrición. https://goo.gl/N6MXYS Concurso Entre outras novidades, lanzamos este concurso. Chámase Faino ti na que os centros se poden presentar a un suculento premio con gala final no propio congreso. Precisamos espallar esta nova polos centros e as vosas veciñanzas: I Concurso de Ideas de creación 3D Faino ti Trátase de levar á aula proxectos educativos que impulsen a innovación e que, para implantalos, sexa necesaria a utilización da Impresión 3D. https://tadega.net/wp-content/uploads/2015/07/convocatoria_3d_tadega_galego.pdf Os Centros interesados recibirán un material de apoio para o profesorado para introducir a impresión 3D na aula e os seus procesos. Agardamos os vosos comentarios e… animádevos a participar! Programa IV Congreso TADEGa. Vigo 2015 Diversidade, Universo dixital e Inclusión Lugar Vigo. //Afundación. Sede Afundación. Policarpo Sanz, 24 – 26, Vigo. Galería de imaxes http://www.afundacion.org/es/centro/centro_social_afundacion_vigo Datas e datos 11 e 12 de Decembro de 2015. Certificación do MECD (Ministerio de Educación, Cultura e Deporte). Certificación da Consellería de Cultura, Educación e OU (en trámite). Certificado adicional de publicacion dixital ISSN por comunicacións libres e obradoiros. Inscrición: https://goo.gl/N6MXYS Programa VENRES 11 DECEMBRO 16.30 a 17.00: Recollida de documentación. 17.00 a 17.15: Benvida e inauguración. 17.15 a 18.30: Mesa redonda: Conflitos de inclusión: óptica lexislativa e solucións. Mª Cruz da Silva Rubio. Venancio Graña Martínez. Mª Luz López Díaz. Mª Esther Núñez Pintos. Ánxeles Rivela Machado. 18.30 a 18.45: Descanso. 18.45 a 19.30: Relatorio: Tecnoloxía incluínte e inclusiva Miguel Ángel Valero Duboy, Director do  CEAPAT – IMSERSO, Ministerio de Saúde, Servizos Sociais e Igualdade. 19.30 a

Ler máis

Congreso… Sorpresa!

Congreso… Sorpresa!

Xa sabedes que a xente de TADEGa somos un tanto particulares (é que xa non sei moi ben como enunciar o termo), imos dicir que somos algo así como xentes fóra de catálogo. O caso é que vimos ata aquí a anunciarvos novidades do congreso que farán as delicias dos que se inscribiran (estarán encantados), e os que aínda non o fixeron, mesarán as barbas ou apretarán o paso para facelo (ollo que poucos días quedan de bonificación). Imos ver logo esas novidades. Noviño do trinque En atención á chegada información de última hora a moitos centros, ampliamos o prazo de bonificación unha semana máis, é dicir ata o domingo 29 de novembro. Bulide!. Sabiades xa que haberá certificación homologada do ministerio e que, a maiores, se certificará a través do noso ISSN as comunicacións e cartaces que se presenten. Pois vos informamos tamén que se homologarán vía Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación e OU cuxos trámites xa están en marcha. Cambio de horarios: na xornada do venres, a sesión inaugural, aínda que están os mesmos elementos, presenta cambios no seu horario, mirade con atención. Mirade tamén con atención a lista de persoas admitidas porque no caso de ter solicitada a inscrición, poderedes ver se a vosa solicitude está feita e completa. D. Miguel Ángel Valero Duboy, Director do CEAPAT e encargado de abrir boca co relatorio inaugural sobre o incluínte e o inclusivo. Tamén grazas a Miguel Ángel García Duboy vos anunciamos a consolidación dun dos obradoiros que aínda tiñamos pendente: o obradoiro do CEAPAT: Adaptación de xoguetes, fabricación de pulsadores, adaptación de ratos e impresión 3D aplicada a produtos de apoio, nada máis e nada menos que levados por Roberto Gaitán Cazorla que xa tivemos a sorte de coñecer no congreso anterior e que tanto éxito tivo. Pois non se vaian amigos, que aínda hai máis… pero volo contamos outro día. 😉

Colabora

Colabora

O congreso vaise achegando, os preparativos todos en marcha. Chega agora un momento crucial que non todo o mundo percibe: A inscrición no congreso ten un prezo pouco máis que simbólico. De feito as contas de gastos para manter toda a infraestructura en pé é bastante elevada. Tamén é certo que a nosa misión non é recaudatoria nin mercantilista. O noso obxectivo e brindar un bo servizo. De todos modos pódesnos axudar: hai empresas, institucións, organismos que, de coñecer ben o noso proxecto poderían estar interesadas en participar e colaborar dalgún xeito, en parte sufragando unha fracción reducida dos nosos gastos. Axúdasnos a contactar con eles e a que nos coñezan! E como sempre: graciñas a todas e todos, por ser e por estar.

Inscrición bonificada ata o 22 de novembro

Inscrición bonificada ata o 22 de novembro

Non esquezas a túa cita!! 22 Novembro 2015 Queres coñecer como empregar os procesos de Gamificacion na aula? Aplicas as novedades da Impresion 3D no entorno da diversidade funcional e a autonomía? No obradoiro de tablets, descubrirás as metodoloxías mais axeitadas Queres unha impresora 3D para a túa aula? Participa niste sinxelo concurso Apetéceche montar na práctica un robot para a aula? E MOITAS MÁIS SORPRESAS… Lembra que a partir deste día a inscrición no IV CONGRESO TADEGA, increméntase en 15 € https://goo.gl/N6MXYS

Previo do IV Congreso TADEGa. Vigo 2015

O vindeiro IV Congreso TADEGa a se celebrar en Vigo terá lugar os días 11 e 12 de decembro de 2015 e, ao seu carón, quixeramos pedirvos axuda e colaboración nesta andaina que pretendemos compartir con todos vós e que nos axudedes a difundilo. Datos previos Evento: IV Congreso TADEGa. Vigo 2015 Con corazón: Diversidade, Universo dixital e Inclusión Lugar: Vigo. //Afundación. Sede Afundación. Policarpo Sanz, 24 – 26, Vigo. Datas: 11 e 12 de decembro de 2015. Acreditación: Certificacion do MECD (Ministerio de Educación, Cultura y Deporte) así como certificado adicional de publicacion dixital ISSN por comunicacións libres e obradoiros. Contidos Os máis puntuados nas anteriores avaliacións: Tablets e dispositivos móbiles Android. Novidades PictoAplicaciones.com – www.pictoaplicaciones.com Construción de elementos de baixo custe. CEAPAT – www.ceapat.es Emprego creativo das tablets na aula e apps para o curriculum. Obradoiro Robótica e Arduíno. Bricolabs TEAM – bricolabs.cc sites.google.com/site/sitiotuchomendez http://escornabot.com/web/gl/what Actividades e productos de apoio. Acceso alternativo ao ordenador, tablets e teléfonos. Programación nas escolas: AppInventor http://www.cpeig.org/portal/node/2376 Impresión 3D no entorno da diversidade funcional e a autonomía persoal. Resolución de conflictos en el aula centrado en solucións. Precisamos Persoas que colaboren no comité organizador do Congreso (Ver Congreso 2013). Propostas de comunicacións libres e temáticas para obradoiros (Ver formulario). Patrocinadores do Congreso. Propostas de comunicacións libres e temáticas para obradoiros Convidamos a todas as persoas que desexen participar a que nos envíen unha proposta para presentar o seu traballo, ben sexa unha comunicación libre, obradoiro ou coloquio, abordando a diversidade no ensino e o emprego de tecnoloxía. (Emprega o formulario) Patrocinio do Congreso TADEGa oferta oportunidades para as organizacións ou grupos que así o desexen ofrecer patrocinio aos nosos congresos. Enfócase a aquelas organizacions interesadas que estean relacionadas coa temática do congreso e que esteann dispostas a conectar co congreso e coa súa comunidade. Podemos axudarlle a aumentar a visibilidade da súa organización e produtos dentro da nosa comunidade e a súa organización ou empresa dentro da nosa comunidade de profesorado comprometido e entusiasta, estudiantes, familias e usuarios. Os paquetes de patrocinio do Congreso combinan a visibilidade antes do evento e o máximo impacto durante o Congreso. Para as organizacions ou empresas que desexen dirixirse a un día específico, no material entregado, ou nos eventos sociais durante el congreso, o patrocinio individual é unha opción moi atractiva. Isto lle permite á súa organización elexir o nivel desexado de participación e de visivilidade perante aos asistentes do Congreso. Outra razón clave é establecer contactos persoais e achegar organizacións e empresas ao mundo do ensino a través dun networking e compartir en rede con outros profesionais os eventos sociais así como a cea de gala do congreso,

Ler máis

Aviso para centros docentes

Aviso para centros docentes

Obra Nos meus zapatos Os centros docentes adoitan facer unha programación de actividades especiais a desenvolver ao longo do curso. Acontece ás veces que xurde no medio do curso unha oportunidade para acceder a desenvolver algunha actividade de interese. Este sería o caso, moi especialmente para o derradeiro ciclo de primaria e primeiros cursos de secundaria. Unha obra para reflexionar. Trátase dun espectáculo de danza contemporánea titulada Nos meus zapatos programada para o 8 de abril ás 11:00 en Santiago de Compostela, no Auditorio Obra Social Abanca (Rúa Preguntoiro, 23). Forma parte da programación para escolares de Afundación, dirixida a centros de ensino que leven a grupos de alumnos; o auditorio ten case 700 butacas, das que polo de agora só están 50, polo que facemos este anuncio por se algún centro estivese interesado e lle encaixase nesa data. Achégase a unidade didáctica sobre este espectáculo co que se quere contribuir á sensibilización do alumnado sobre a diversidade funcional, favorecer a igualdade de oportunidades no entorno escolar, traballar sobre a empatía e favorecer a percepción das diferenzas como algo positivo en enriquecedor. Enlaces Guía didáctica para traballar na aula sobre a obra Nos meus zapatos IGUALARTE. Para os centros interesados en toda esta temática e estilo, non desboten unha ollada a este catálogo: http://escolares.afundacion.org/peticions/ficheros/09_01_2015_08_01_25_escolares__compostela_2014_(2).pdf

Obradoiro “Os sentimentos e a aprendizaxe da lectoescritura con dispositivos móbiles”

Non hai entradas! Con Susana Lamela e Ana Mariño A verdade é que non contabamos cun éxito así; en apenas 3 días tivemos que pechar o formulario de solicitudes por encher o aforo deste centro que nos acolle. Sentimos as molestias que lle podamos causar as persoas interesadas en participar e que non se anotaran antes. Comprometémonos a deseñar estratexias operativas para repetir este obradoiro noutra ocasión antes de rematar o ano, previsiblemente para o vindeiro congreso TADEGa a se celebrar no derradeiro trimestre de 2015 e do que non tardaremos en darvos magníficas novas. Algúns traballos compartidos Queremos agradecer especialmente a Susana Lamela e a Ana Mariño, a súa xentileza por tan magnífico obradoiro e tamén por compartir o seu traballo. Deixamos aquí tamén a magnífica presentación que nos serviu de guía para o traballo do obradoiro. Dispositivos móbiles na aula from Mestra Primaria   From Obradoiro “Os sentimentos e a aprendizaxe da lectoescritura con d. Posted by Tadega Net on 4/14/2015 (10 items) Generated by Facebook Photo Fetcher 2 Susana Lamela @sonhosdeandel http://sonmago.blogspot.com.es/ Ana Mariño @MestraPrimaria http://mestraprimariablog.blogspot.com.es/ Susana Lamela Fai agora un ano, no mes de marzo de 2014, nas xornadas Escol@tic.2014, tivemos a ocasión de coñecela. Presentaba unha experiencia coñecida como O mago unha experiencia de traballo colaborativo con tablets. Naquela ocasión gustounos e moito. Unha compañeira de infantil desenvolvendo experiencias creativas, innovadoras, de calidade. Agora quixemos que nos viñese a contar as súas experiencias, que son numerosas, plurais e enriquecedoras. Temos con nós, unha profe de a pé que traballa a cotío cos cativos de infantil, unha incansable entusiasta da tecnoloxía dixital como ferramenta a usar no seu desempeño diario, unha bloguera incasable que non cesa no seu empeño, e unha autora de libros recoñecidos por todos e todas. E ademais aquí, na súa terra natal de Pontevedra. E nós que andamos na procura de ferramentais dixitais que nos axuden no noso día a día educativo, ben que haberemos de atopar auga para esta sede. Só por abrir boca, vaian aquí unhas palabras que a crítica fai sobre un dos seus libros: Andeis baleiros aliméntase do mesmo territorio imaxinativo no que enraizara a súa anterior entrega: protagonismo infantil e marabilloso didáctico nunha trama na que os propios libros, as bibliotecas e o exercicio da lectura fían unha rede de relacións sorprendentes e moi entretidas. O obradoiro Temática: “Obradoiro para traballar os sentimentos e a aprendizaxe da lectoescritura con dispositivos móbiles” Cando: 11 de abril (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas. Onde: CEIP de Vilaverde – Mourente en Vilaverde, 9 – Mourente – (36164) Pontevedra.  Google Maps Inscrición: Cumprimentar o formulario que se

Ler máis

Fotografía e danza de xeito inclusivo

Unha axenda inclusiva para Vigo e máis cidades galegas Toma nota dos seguintes datos: Laboratorio de fotografía Di-versión-arte Sábados 11, 18, 25 de abril e 9 de maio. Horario de 10 a 14 horas. Sede Afundación Vigo (Rúa Policarpo Sanz, 24-26. Un obradoiro pouco convencional, poderás retratar a túa persoal visión do mundo, co foco na realidade que máis che interesa, libre de prexuizos e apriorismos. Persoas con diversidade funcional ou calquera persoa con interese na fotografía, ou no uso das artes como ferramenta de inclusión social. Cada participante deberá traer cámara de fotos dixital (compacta ou réflex). Máximo 15 asistentes. Exposición fotográfica + Performance de danza Igualarte Do 11 ao 27 de xuño. Entre as 17:30 e as 20:30 horas. Sede Afundación Vigo. Rúa Velázquez Moreno 18 (Sala de Exposicións II) Por que? Boa pregunta: lendo na información que se nos achega, e á vista dos resultados desta mesma actividade desenvolta noutros lugares galegos, atopámonos con singularidades que moito nos gustaría foxen xeralidades: unha actividade dirixida a todo tipo de poboación e con especial sensibilidade ás persoas con diversidade funcional sen entrar a valorar se tal o cual discapacidade. Unha escolma ben feita de actividades aptas para todos e todas sen exclusións, accesibles, sen máis. O dito, unha actividade singular que moito nos gustaría que deixase de selo para converterse en xeralizada, tan inclusiva que nin se anuncia como tal. //Afundación Así é o nome da entidade que promove as iniciativas que aquí se amosan, a se celebrar en Vigo nos vindeiros meses e que poderían ser de interese. Esta institución defínese así mesma na súa web como: A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) (…) A nosa misión é a realización dunha acción educativa, social e cultural que, de xeito sostido, eficiente e relevante, contribúa a mellorar a sociedade galega, dentro e fóra de Galicia, e posibilite así o desenvolvemento integral das persoas que forman parte dela. (…) O noso máximo órgano de decisión é o Padroado no que están representados ABANCA, o noso único mecenas, as sete principais cidades galegas, o Parlamento de Galicia, as deputacións provinciais, a Xunta de Galicia e os traballadores… Información adicional Nestes anexos que xuntamos en formato PDF poderedes ter información adicional incluíndo o xeito de vos inscribir se vos interesa: Díptico informativo achegado por Afundación [Enlace 1]. Formulario de inscrición con información adicional [Enlace 2].