Mª Emma Mayo Pais, socia de honra

Mª Emma Mayo Pais, socia de honra

No pasado mes de decembro, os membros da Xunta Directiva dos comezos desta asociación, tivemos unha xuntanza-xantar para celebrar que, un ano máis, aí estamos xuntos de novo, aínda que cunha sorpresa agochada que non se revelou ata o momento do café: María Emma Mayo Pais, a gran protagonista deste relato, e tal e conforme ao artigo 10.1 dos estatutos de TADEGa, foi nomeada socia de honra. Velaquí o desmiuzado

Leer más

IX Congreso TADEGa. Lugo 2025

IX Congreso TADEGa. Lugo 2025

O primeiro DUA? Henry Charles Beck, debuxante técnico inglés, creou o primeiro mapa esquemático do metro para Londres en 1931. Grazas a súa xenialidade, hoxe os metros do planeta adoitan esta aparencia esquemática e son entendidos e a pesar da complexidade do que representan. Vaia aquí esta homenaxe cos contidos deste congreso TADEGa como guía visual do complexo mundo da diversidade, e de como navegar nós, incluíndonos nela. Datas e datos Programa

Leer más

Seguinte obradoiro deste ano

Seguinte obradoiro deste ano

No VIII Congreso TADEGa do pasado mes de novembro, detectamos moito entusiasmo por varios obradoiros que nos propuxemos reproducir ao longo deste ano 2024.

1º nos estreamos co de “adaptación de materiais para alumnado con discapacidade visual”.

E agora vos anunciamos o impartido por Leonor Giménez Fernández: “Adaptación de textos a lectura fácil e visual thinking”.

Derradeiro aviso. Últimos días!

Derradeiro aviso. Últimos días!

No VIII Congreso TADEGa do pasado mes de novembro, detectamos moito entusiasmo por varios obradoiros; entre eles o impartido pola nosa compañeira Rosa Garrido sobre a adaptación de materiais para alumnado con discapacidade visual. Meu dito meu feito: aquí queda a convocatoria neste 1º obradoiro de 2024 para quen non puido asistir por terse cuberto as vacantes e para toda persoa interesada; pero bulide que xa quedan moi poucas prazas libres.

Asamblea de persoas socias de TADEGA

Estimado/a socio/a de TADEGA Pola presente, e conforme ao establecido nos estatutos desta asociación, alédanos anunciarvos e convocarvos a todas as persoas socias á asamblea de TADEGa que terá lugar o vindeiro venres 1 de decembro ás 17:30 horas en primeira convocatoria e, no seu caso, ás 18:00 en segunda convocatoria na sede da Secretaría Xeral de Politica Lingüística (Rúa de San Roque, 2, 15704 Santiago de Compostela https://maps.app.goo.gl/fCURMarRNoTds77L9 )

Leer más

VIII Congreso TADEGa. Ourense 2023

VIII Congreso TADEGa. Ourense 2023

15 anos de Comunidade, Tecnoloxía, Diversidade e Inclusión (Programa en PDF) Datas e datos Programa Venres 3 Sábado 4 Obradoiros Inscrición e prezos: bit.ly/tadega23 Contacto: EventosTadega@gmail.com Asignación de obradoiros: bit.ly/TDG-2023 Persoas inscritas: tadega.net/inscricions-2023