Discapacidade intelectual e saúde mental

[D-217] O I Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental terá lugar o venres, día 16 de novembro, no hotel Torres de Compostela nesa localidade coruñesa. Esta actividade forma parte do Programa Desvantaxe Social que, xunto coa colaboración do Grupo de Traballo sobre Trastornos Mentais e/ou Alteracións de Conduta, ven traballando estes últimos anos para mellorar a atención que reciben as persoas con discapacidade intelectual e trastornos da saúde mental. Velaiquí o Ligazón ao tríptico do Seminario.

Nova axuda para persoas con autismo

O proxecto Spectrum resulta ser moi útil para persoas con autismo [D-211A] Da man do equipo de Google naceu SketchUp, unha ferramenta de software 3D moi doada de empregar e sumamente potente. Google SketchUp permite crear e modificar modelos 3D de forma rápida. Nota: andivemos empeñados en amosarvos aquí un vídeo de Youtube no que se fai unha demostración práctica (en inglés) desta ferramenta, pero por problemas de falta de accesibilidade non podemos colocalo aquí ata que academos un xeito accesible para vídeos compatible coa nosa bitácora. Se algún de vós ten interese en ver o vídeo aquí tedes o enlace: http://www.youtube.com/v/k7PIwSnKq7E, e aquí, o enlace á descripción detallada que tiñamos preparada para o vídeo: [D-211B] O caso é que, ao por a experiencia en marcha, de seguido comezaron a recibir chamadas de nais e pais de persoas do espectro autista que empregaban a ferramenta para dar saída ás imaxes que creaban nos seus pensamentos. De feito, pensan en imaxes. Ademais disto, tamén está o beneficio de crear simulacións ou visitas virtuais polas que lles podan adiantar un sitio a onde van ir, unha casa, etc. Enlace á páxina do proxecto

TADEGa, EDIGa, SIDAR e TecnoNEEt

[D-214] Teño por costume dar unha volta case que tódolos días polas bitácoras dos bos amigos, dos que sabemos todos que, cando escriben algo, paga a pena lelo. E hoxe vexo que o noso amigo Javier Soto na súa bitácora de tecnología y discapacidad* fai un alto no camiño dos artigos rigorosos para comentar unha anédota e unha foto. De entrada parecería esta unha reflexión banal, pero non é así: o pasado 30 de outubro tivo lugar en Madrid un congreso de moita sona sobre os temas que nos preocupan de tecnoloxías e educación. Deus os dá e eles se xuntan pois aquí temos de esquerda a dereita: Emmanuelle Gutiérrez e Restrepo, responsable da Fundación SIDAR, sen dúbida unha das profesionais máis destacadas no ámbito da accesibilidade web. Domingo Méndez López, un entusiasta da tecnoloxía educativa e autor do coñecido blog Educación y TIC*. José Luis Fariña García, (o noso benquerido compañeiro de TADEGa), asesor técnico de TIC da Consellería de Educación, membro fundador de EDIGa* e tamén de TADEGa*. Francisco Javier Soto Pérez, cabeza principal e líder do equipo TecnoNEEt* (o referente po excelencia das TIC na Atención á diversidade en toda Iberoamérica) ou o, NEEDirectorio*. Antonio Sacco, profesor de informática e creador de tecnoloxías para as necesidades educativas especiais da Arxentina e un dos premios deste IV Congreso Educared xunto con Domingo Méndez. E todos eles xuntiños, por xeración espontánea, nada menos que no emblemático Café Gijón. Di o proverbio árabe que cando o dedo sinala á Lúa, o idiota queda mirando para o dedo. E esta foto non é só a anécdota duns amigos tomando café, é todo un símbolo de que algo se move no ensino galego cando os profesionais da educación son capaces de aglutinarse para aproveitar ao máximo as oportunidades (neste caso baixo TADEGa e EDIGa) e, no canto de mirarse para o embligo, estar e crear espazos de aproveitamento cos mellores referentes como os que mencionaba antes. Sinal de que camiñamos e pola boa senda. Nota: (*) Enlaces xa relacionados na marxe dereita desta bitácora.

Seminarios BETT

[D-205] Máis información sobre estes seminarios dos que xa falabamos noutro artigo Aviso: artigo en inglés SEN Seminar Podcasts Three of the sessions were recorded for podcast after BETT. Personalised Learning for All, Carol Allen, nasen. Making the Best Use of ICT to Support Dyslexic Learners, Victoria Crivelli, British Dyslexia Association. Is It Accessible? Choosing and Using Software Titles, Adrian Higginbotham, Becta & David Colven Ace Advisory Trust. SEN Briefing Sheets Created by Special Children magazine for the Special Needs Information Point they hosted at BETT 2007, the following SEN Briefing sheets describe how ICT can help learners with special educational needs. Speech, language and communication needs. Social, Emotional and Behavioural Difficulties. Dyslexia/Specific Learning Difficulties. Visual Impairment. Physical Disability. Autistic Spectrum Disorders. 09 Jan 2008 – SEN Theatre 10:45 – 11:30 SN1 – Creativity and SEN made accessible through ICT 11:45 – 12:30 SN2 – Hollywood on a Shoestring! 13:00 – 13:45 SN3 – Developing early reading skills to promote and develop spoken language 14:15 – 15:00 Supporting the speech and language impaired child in the classroom: IT makes a difference 10 Jan 2008 – SEN Theatre 10:45 – 11:30 SN6 – Matching ICT tools to dyslexic needs 11:45 – 12:30 SN7 – Learning to teach students who have reading and literacy learning difficulties 13:00 – 13:45 SN8 – SEN and the use of new technologies 14:15 – 15:00 Accessibility Software for Virtual Learning Environments 15:30 – 16:15 Counting The Cost of Hidden Disabilities-and The Impact Spark-Space can Make 11 Jan 2008 – SEN Theatre 10:45 – 11:30 SN11 – A Framework for Maths 13:00 – 13:45 SN13 – Developing skills and capabilities for the use of gadgets and computers in teaching and learning environments 14:15 – 15:00 Inclusive multi-sensory maths using structured models, imagery and signs 15:30 – 16:15 An Introduction to Tomatis Listening Therapy – awakening communication 12 Jan 2008 – SEN Theatre 10:45 – 11:30 SN16 – Creatively accessing the curriculum using ICT in a Special School. 11:45 – 12:30 SN17 – Personalised Learning for ALL Schedule

Material para deficiencias visuais

[D-210] Rosa Mª de Diego é unha compañeira que escribe nun caderno de bitácora moi interesante no enderezo: http://aziroet.com/rosamdediego/ Xustamente navegando polas súas páxinas acabo de atopar uhna referencia a un material interesante para traballar con nenos con deficiencias visuais que, a súa vez, provén do Centro de Desarrollo de Tecnologías de Inclusión, Universidad Católica de Chile , e que tedes no seguinte enlace.

II Xornadas sobre o TDAH

[D-202] II Xornadas formativas ANHIDA sobre hiperactividade e déficit de atención Nota: Asociación ANHIDA (Asociación de Nenos con Hiperactividade e/ou Déficit de Atención). Organizadas pola Asociación ANHIDA (anhida.org), estas xornadas céntranse no TDAH (Trastornos por Déficit de Atención e Hiperactividade) e terán lugar os días 9 e 10 de novembro na cidade de Vigo. Obradoiros: O neno con TDAH no seu contorno familiar O neno con TDAH no contorno educativo Enlace ao tríptico das Xornadas sobre Hiperactividade

Ferramenta para a comunidade: ‘Jottit’

Xa o estabamos a mirar e coido que pode ter utilidade, sobre todo para perderlle o medo ise a fedellar e a publicar os nosos comentarios nunha páxina web. Trátase do servizo web de Jottit. Un par de clics e, en segundos, terás a túa primeira web. É coma unha zona colaborativa entre os usuarios, ao estilo dunha wiki ou wikipedia, coa que lle podemos sacar moito partido (por exemplo para facer unha lectura comentada do boísimo documento do grupo TecnoNEEt: Tecnoloxías de Axuda. Aquí o tedes: http://tadega.jottit.com. Parécevos que comecemos?

Aprobada a lei da lingua de signos

[D-199] Aprobada a lei que recoñece a lingua de signos e os sistemas de apoio á comunicación oral Seguindo unha atenta lectura do que se publica nos cadernos de bitácora amigos, atópome hoxe domingo con que o noso amigo Domingo (curiosa homofonía) ben de publicar unha noticia moi salientable no seu caderno de bitácora ( http://domingomendez.blogspot.com ). O pasado 10 de outubro aprobouse por unanimidade a lei que recoñece a lingua de signos e os sistemas de apoio á comunicación oral. Facendo unha sinopse a vista de paxaro poderíamos sintentizala nos seguintes puntos: Recoñécese legalmente a lingua de signos española. As administracións educativas facilitarán a aprendizaxe da lingua de signos española e dos sistemas de apoio á comunicación. As persoas xordas e con discapacidade auditiva poderán solicitar intérpretes e medios de apoio á comunicación nos servizos básicos. Créase o Centro de Normalización da Lingua de Signos. O Centro Español do Subtitulado e a Audiodescripción, xa en funcionamento, impulsará a accesibilidade dos produtos audiovisuais. Dentro do que máis nos afecta aos educadores debemos indicar que, tal e como se informa na web do MTAS (Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais): Polo que se refire á aprendizaxe, o proxecto de lei establece que as administracións educativas disporán o necesario para promover a aprendizaxe da lingua de signos española ao alumnado xordo, con discapacidade auditiva ou xordocego que libremente opte por esta lingua. No caso de que esta persoa sexa menor de idade ou estea incapacitada, a elección corresponderá aos pais ou representantes legais. Ademais, garantirase a aprendizaxe da lingua oral e dos medios de apoio á comunicación ás persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas usuarias destes sistemas. Máis información: Na web do propio MTAS: http://www.mtas.es Texto da lei en formato PDF: Enlace á Lei publicada no BOE.

Unha publicación indispensable

[D-197] A Consellería de Educación de Murcia ven de publicar un libro que todos nós deberiamos ter, ler, e mesmo desgastar: Tecnologías de ayuda en contextos escolares. Non abondan as publicacións sobre prácticas escolares escritas polos propios docentes dun xeito ameno e práctico. Menos doado é aínda é que tales publicacións versen sobre o bo uso e aproveitamento das TIC nas aulas… e, se concretamos máis aínda: xa case non me lembro dalgunha publicación seria recente sobre prácticas dos usos educativos nas aulas das TIC aproveitadas para a atención á diversidade. Se ademais precisamos que os autores son, nin máis nin menos, que os membros do seminario TecnoNEEt ¿Qué máis poderiamos pedir? Debemos aclarar, non sen certa fachenda, que neste ladrillo hai algunha man de TADEGa, pois algúns dos seus membros participamos e colaboramos na súa redacción. Así que bo proveito a todos. Para acceder a esta publicación, o noso amigo Javier Soto como un dos seus autores principais, ben de publicar no seu caderno de bitácora un enlace ao seu contido completo en formato PDF (desglosado en 3 enlaces a 3 partes do documento). Aquí tedes o enlace: http://tecnologiaydiscapacidad.es/?p=279

Ensino das matemáticas

[D-192] Algo máis longo era o título do Grupo de Traballo que tivemos no centro o pasado ano; unha parte consistía nos recursos existentes para traballar no ordenador e imaxes para crear materiais de aula. E así fixen un compendio con: Vedoque. Barallas de Cálculo. Cadernos Vindel. Crear exercicios en formatos pdf Toomates. Recursos da páxina de Educarm (Murcia). Recursos da Biblioteca de Manipuladores Virtuais (Bloques de Base para adición, sustración…). Ademais como non atopamos materiais de Cálculo Mental, elaborei istes 3 niveis de actividades co material de El Quinzet. Aquí vos deixo o enlace: Recursos matemáticas no ordenador