Unha publicación indispensable

Portada do libro ‘Tecnologías de ayuda en contextos escolares’.[D-197]

A Consellería de Educación de Murcia ven de publicar un libro que todos nós deberiamos ter, ler, e mesmo desgastar: Tecnologías de ayuda en contextos escolares.

Non abondan as publicacións sobre prácticas escolares escritas polos propios docentes dun xeito ameno e práctico. Menos doado é aínda é que tales publicacións versen sobre o bo uso e aproveitamento das TIC nas aulas… e, se concretamos máis aínda: xa case non me lembro dalgunha publicación seria recente sobre prácticas dos usos educativos nas aulas das TIC aproveitadas para a atención á diversidade. Se ademais precisamos que os autores son, nin máis nin menos, que os membros do seminario TecnoNEEt ¿Qué máis poderiamos pedir?
Debemos aclarar, non sen certa fachenda, que neste ladrillo hai algunha man de TADEGa, pois algúns dos seus membros participamos e colaboramos na súa redacción. Así que bo proveito a todos.

Para acceder a esta publicación, o noso amigo Javier Soto como un dos seus autores principais, ben de publicar no seu caderno de bitácora un enlace ao seu contido completo en formato PDF (desglosado en 3 enlaces a 3 partes do documento).

Aquí tedes o enlace: http://tecnologiaydiscapacidad.es/?p=279

Comparte este artigo

4 Comentarios

  1. ola, son uxia de escola de caracois, non dou entrado no foro, a que enderezo vos podo escribir?

  2. Ola Uxía.
    No foro accédese por http://www.tadega.net/Foro sen problema algún (acabo de comprobalo) outra cousa é que queiras escribir algo nel (aledaríanos) para iso tes que ser usuaria rexistrada seguindo un procedemento sinxelo que alí hai para iso.

    De todos modos se tes algún atranco mándame un correo a Juan[arroba]tadega.net e explícoche polo miúdo todo o que faga falta.

    Unha aperta
    Juan.

  3. Xa teño ganas de coñecer esa proposicion indecente… 😉 Comentei que mais xente tivo atrancos nas diversas vías de contactar: rexistro na bitacora, no Foro, para entrar na rolda de correo… e non aparece explicado.

    Pero o Mr Proper Juan, resolve todalas dubidas. Era enviar un correo a listatadega@tadega.net ???¿

    En canto á publicacion, haberia que abrir un espazo de comentarios para ir falando sobre ela, ten moita moita chicha.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.