Nova axuda para persoas con autismo
O proxecto Spectrum resulta ser moi útil para persoas con autismo
[D-211A]
Da man do equipo de Google naceu SketchUp, unha ferramenta de software 3D moi doada de empregar e sumamente potente. Google SketchUp permite crear e modificar modelos 3D de forma rápida.
Nota: andivemos empeñados en amosarvos aquí un vídeo de Youtube no que se fai unha demostración práctica (en inglés) desta ferramenta, pero por problemas de falta de accesibilidade non podemos colocalo aquí ata que academos un xeito accesible para vídeos compatible coa nosa bitácora. Se algún de vós ten interese en ver o vídeo aquí tedes o enlace: http://www.youtube.com/v/k7PIwSnKq7E, e aquí, o enlace á descripción detallada que tiñamos preparada para o vídeo: [D-211B]
O caso é que, ao por a experiencia en marcha, de seguido comezaron a recibir chamadas de nais e pais de persoas do espectro autista que empregaban a ferramenta para dar saída ás imaxes que creaban nos seus pensamentos. De feito, pensan en imaxes. Ademais disto, tamén está o beneficio de crear simulacións
ou visitas virtuais polas que lles podan adiantar un sitio a onde van ir, unha casa, etc.
Enlace á páxina do proxecto