FPC: Formación Profesional Complementaria

(Aviso: Artigo en castelán – Artículo en castellano) [es] [D-279] Bienvenidos al Cuaderno de bitácora (a la gente le gusta decir Blog sin que sea necesario) de los alumnos y alumnas de Formación Profesional Complementaria del CEE Nuestra Señora de Lourdes, gracias a la ayuda de Esther, Raquel y Juan; los chicos tienen un espacio en el que plasmar sus preocupaciones, intereses, trabajos, etc. Estas son sus secciones: Deportes. Noticias de FPC. Buscando Empleo. Voz Natura y otros trabajos. Derechos y Deberes. Noticias del Colegio. Nosotros, quienes somos y muchas cosas más. Los reporteros se presentarán ellos mismos en sus secciones. Además os explicarán de que trata cada una y subirán noticias relacionadas ¡Esperamos vuestras opiniones y comentarios! Enlace que se cita Bitácora del FPC del CEE Ntra Señora de Lourdes: http://blogs.lavozdelaescuela.es/blog/blog3096/

SMS accesible

[D-265] O SMS Accesible foi avalado polo CIDAT (Centro de Investigación, Desenvolvemento e Aplicación Tiflotécnica) da ONCE. Sisco Sapena, Director Executivo de Lleida.net: por primera vez los ciegos son capaces de leer los SMS. Carmen Ferández da ONCE–CIDAT: Ahora podemos acceder a los SMS por medio de esta web como lo podría hacer cualquier ciudadano” Madrid, 8 de novembro de 2007. Lleida.net, A primeira operadora de SMS de España, presentou en rolda de prensa no SIMO, unha páxina web que permite aos invidentes enviar e recibir SMS. Esta web accesible foi avalada pola ONCE, a través do seu Centro de Investigación, Desenvolvemento e Aplicación Tiflotécnica, o CIDAT. O SMS accesible é unha versión accesible desenvolta polo departamento de I+D de Lleida.net, que está adaptada ao JAWS (software utilizado polos invidentes que da voz á información aparecida na pantalla), e que permite aos invidentes enviar SMS e poder ler as mensaxes de texto entrantes na web. A representante da ONCE–CIDAT subliñou: Este es un servicio que ellos han puesto en marcha y que puede usar cualquier ciudadano y que además nosotros (invidentes) también podemos porque en Lleida.net han seguido unas pautas de accesibilidad que existen y que hacen que las webs sean accesibles y puedan ser utilizadas por cualquiera. Para nosotros es de vital importancia porque hay todavía muchas páginas webs que no cumplen esas pautas. E o Director Executivo de Lleida.net, Sisco Sapena: Hoy es un día muy significativo para Lleida.net, porque podemos enseñar en público un proyecto que lleva más de un año de trabajo y que se ha traducido en que todos nuestros servicios tengan una cobertura y una accesibilidad lo más universal posible y por lo tanto la ilusión de que sean útiles para todos y sobre todo para los colectivos que más lo necesiten, como es en este caso el colectivo de invidentes y de sordo-ceguera.

Vocaliza, un programa logopédico

[D-281] O enxeñeiro Carlos Vaquero de Zaragoza é o autor dunha aplicación informática, Vocaliza 1.1.0 para Windows, de axuda ás persoas con dificultades na expresión oral. O seu traballo obtuvo o premio ó mellor proxecto fin de carreira 2006. É un programa de software libre que se pode baixar dende a seguinte dirección Enlace a descarga do programa (11,8 Mb) Vocaliza axuda a mellorar as patoloxías da fala e aumenta a capacidade de comunicación, ten unha interfaz moi sinxela e non precisa grandes coñecementos informáticos para a súa programación e utilización. A aplicación consta de dous módulos: Aprendizaxe e xogos. No módulo de aprendizaxe, o programa recoñece a nosa voz e a incorpora á base de datos xenérica. No apartado de xogos existen catro tipos de actividades, pronunciación, adiviñas, frases e evocación, nos que o usuario debe responder coa articulación e pronunciación axeitadas. Permítenos introducir aquelas palabras ou frases, acompañadas de debuxos, que nos interese traballar cos nosos alumnos. Pódense adaptar as actividades e o grao de dificultade ás características da persoa que o vai empregar. O programa consigue captar a atención dos rapaces e reforza o traballo con recompensas visuais. Pode ser moi útil para incrementar o vocabulario, na rehabilitación das dislalias, e para traballar o razoamento verbal.

Second Life… virtualiza a esquizofrenia!

[D-273] Cada día sorpréndeme máis esta ferramenta; a cotío intento adicarlle un tempo para deixar que me deixe pampo. Pois esta vez quixen alucinar no sentido máis estricto e dirixinme á web da UC Davis Virtual Hallucinations facility en Second Life (SLurl). O mencionado sitio esta deseñado para darlle aos vistantes unha mellor comprensión sobre a esquizofrenia grazas a unha simulación das súas alucinacións auditivas e visuais. Despois dun periodo onde vives estas doenzas, e en base a túa experiencia esquizoide, ofrécenche a posibilidade de practicar entrevistas a pacientes virtuais e facer diagnósticos. Incrible as posibilidades didácticas que ten todo isto, o poñerse na pel de está máis que ofrecida, así como anticiparse e planificar respostas educativas axeitadas en base a esta experimentación da doenza. Xa sabes se queres alucinar! 🙂 Nota: En breve máis apuntamentos sobre Second Life e necesidades educativas especiais.

‘Global Picture Dictionary’

[D-258-1] Reciclando, reciclando… podemos darlle outro bo uso a este libriño [1] inicialmente pensado para usar en lonxanas e exóticas viaxes, afastadas do English spoken. Pero como xa sabedes aquilo de que unha imaxe vale máis que mil palabras, pois aquí son 2000 imaxes e 400 fotos a cor xa que ICOON fala do mundo no idioma máis universal: as imaxes. É o exemplo perfecto de que cando algo está ben feito, accesible, e usable… é para TODOS. Así reza a propaganda (traducida) do editor: A comunicación é posible en todas partes con ICOON, tanto nunha viaxe de negocios en Asia, de mochilero na América do Sul ou de excursión por Europa. Vostede simplemente apunte nunha das máis de 2000 iconas repartidas en 12 categorías, como o vestido, a hixiene, as autoridades ou aloxamentos para facerse entender. Mais de 400 fotos a cor dos alimentos de todo o mundo garante que a comunicación vólvese moi apetecible. Tamén, detallados mapas do continente, botarán luz sobre o seu paradoiro actual. Como mostra do valioso que nos pode resultar para o traballo no reforzo e complemento visual da linguaxe dos nosos alumnos, vaia unha paxina do libro: [D-258-2] Eles pensaron nun libro para que o turista puidera facerse entender sen esforzos con calquera idioma e cultura (nós quedámonos con nenos sen linguaxe oral, con SAAC, autismo…). Eles, esforzándose para que sexa accesible e usable, repensaron ben que imaxes elixir que fosen universais, como organizalas por grupos, como acceder a elas intuitivamente (e nós vaia que celebramos e aplaudimos ese esforzo). Eles chegaron ao refinamento de usar páxinas de papel aluminio revestido para que ata as máis duras inclemencias meteorolóxicas non interrompisen a comunicación (eu acordeime dunha nai compatibilizándoo co almorzo, a leite ao lume, as papas da irmá ciscadas pola mesa…) Por último, uns enlaces para ver o libro [1] e para poder mercalo a un prezo razoable [2]: [1]: Enlace á web do libro icoon: icoon-book.com [2]: Enlace á web para mercar o libro: icoon-book.de/shop Nota: mentres non o arranxen, a tenda non funciona moi ben xa que o idioma español do noso navegador web fai falcatruadas. Ide ás opcións do voso navegador, cambiade español ou galego polo inglés, facede a compra, e logo xa teredes tempo de volver a deixalo como estaba. Xa sabedes, cousas da informática.

Xa temos Congreso TecnoNEEt 2008

[D-256] Un acontecemento longamente agardado Xa temos aquí o congreso [1] por excelencia. O maior e mellor evento de toda Iberoamérica no que ao uso e aproveitamento das TIC na atención á diversidade se refire. De feito, TADEGa [2] débelle moito a TecnoNEEt [3], pois foi no seu congreso de 2006 [4], onde TADEGa cobrou forma a raíz da xuntanza que amablemente nos facilitou a organización do congreso de todos os galegos que alí estabamos e dos contactos que, posteriormente, se foron creando ao redor deste núcleo. Tanto é así que 3 dos nosos tadeguianos forman parte do comité organizador deste congreso (Antonio Ovidio, Belén González e un servidor). Sirva tamén indicar que outros 3 dos membros deste comité son os autores das bitácoras que temos como bitácoras amigas, ou que este mesmo grupo tamén é o autor do NEEDirectorio [5], ou do portal TecnoNEEt.org [3]. E iso sin paranos agora a explicar polo miúdo a calidade do propio congreso que xa vai pola súa 5ª edición bianual. A igualdade de oportunidades no mundo dixital [1] Así reza o lema do congreso deste ano, e nós, dende aquí facémosvos unha invitación a todas e todos os interesados nestes temas para que participedes neste congreso, ben fisicamente estando alí, ou ben mediante matrícula na forma non presencial. Dende a nosa experiencia, a calidade dos temas a desenvolver queda garantida. Enlaces que se citan Indicamos a continuación a relación de enlaces que se mencionan e que poden axudar a ampliar esta información: [1]: Web do congreso TecnoNEEt: congreso.tecnoneet.org [2]: Historia de TADEGa: www.tadega.net/queestadega.php [3]: Web do Foro TecnoNEEt: www.tecnoneet.org [4]: Bibliografía TecnoNEEt: www.tecnoneet.org/biblio.php [5]: Web do NEEDirectorio: www.needirectorio.com

Biblioteca Virtual en Língua de Señas

[D-245] As tecnoloxías apórtannos novas ferramentas que, se cadra, resultan moi útiles á hora de traballar na educación de nenos con necesidades específicas de apoio educativo. Sen embargo, non sempre contamos co compromiso necesario dalgunhas institucións e/ou organismos para facilitar o achegamento da información a esta poboación grazas ao seu emprego. Este non é o caso do Instituto Cervantes que, dende o 2001, ven traballando en diversos proxectos que, por ambiciosos, medran paseniñamente, pero seguros. Nesta ocasión referirémonos unicamente a unha das obras postas en marcha pola Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, a Biblioteca Virtual de Señas (www.cervantesvirtual.com/seccion/signos), na que actualmente traballan diferentes profesionais e expertos no ámbito da lingüística e as linguas de señas, investigadores e intérpretes, así como técnicos informáticos e persoal de talleres dixitais e de imaxe da Universidade de Alacante.

II Xornadas TADEGa

II Xornadas TADEGa

  [D-244] Está visto que levamos uns días de contento a contento; estas novas xornadas que estamos a preparar, terán lugar o sábado día 15 de decembro en xornada de mañá (inclúe xantar con opción a prolongar o debate a parte da tarde) no edificio MUPEGA de Santiago que amablemente nos cede os seus locais. Entre outros asuntos a tratar, abordaremos: Constitución de TADEGa como asociación. Debate dos seus estatutos a partir do borrador. Sinatura de estatutos e acta fundacional. Elección da xunta directiva. Establecer as cotas anuais. Liñas básicas e proxectos a desenvolver no curso 2007-08. Aqueles que quixeran ser socios antes da constitución pero que non teñen opción a asistir ese día, deberán contactar previamente co seu coordinador, Antonio Carreira, no enderezo de correo electrónico ACarreira@edu.xunta.es Para máis información complementaria sobre outras xornadas xa celebradas, aquí tedes un resumo ás anteriores: Enlace ao resumo das I Xornadas TADEGa.

Crea webs accesibles

[D-238-1] Campaña Crea Webs Accesibles Esta é unha campaña creada por Eugenia na súa bitácora http://www.elrallador.info/campana/ que non ten outro obxectivo máis que difundir e concienciar a todos sobre a importancia de crear sitios accesibles. A pesar de que non teño por costume participar en campañas do tipo corre a voz neste caso paréceme unha excelente iniciativa que, de consolidarse mínimamente, podería ser un pequeno rebulsivo para moitos que seguen a ningunear a accesibilidade por tela como cousas de xente rara. Entereime dela por medio dunha bitácora de recomendable lectura: www.anieto2k.com/. Invito dende aquí a todos lectores, aos membros de TADEGa, e ás bitácoras amigas, a que se sumen participando nesta pequena ola de chamada de atención. O xeito de participar, ademais, é moi doado: Descarga o folleto Crea Webs Accesibles dende a web da autora e logo o imprimes, ou escribe nunha folla a man Crea Webs Accesibles Na súa web hai diversos tamaños e formas deste cartel en cor ou en branco e negro. Sácate unha foto moi feliz co carteliño 🙂 Agrega a túa foto ao teu espazo de Flickr co Tag webs accesibles (É importante que agregues as dúas palabras entre comiñas)! E se non tes conta nesa web, envía a túa foto a: eugenia@etnikastudio.com co teu nome e sitio web (se o tes). Envía os teus datos e o enlace da túa foto a websaccesibles@gmail.com co asunto “Crea Webs Accesibles” para que o 12 de decembro aparezas na listaxe de participantes. [D-238-2] Pois é así de doado, así que xa non tardei en facerme a foto e mandala. Así que bulide, bulide… a sacar todo o mundo fotos 🙂

Éxito no tratamento da dislexia

[D-230] Springboard for Children é unha organización benéfica fundada en 1992 nunha escola primaria de Peckham, sudeste de Londres que está a traballar de xeito eficaz no tratamento das dificultades na aprendizaxe da lectura e a escrita. Debido ós bos resultados, a experiencia extendeuse a unha ducia de escolas de zonas socialmente desfavorecidas nas cidades de Londres e Manchester. Este proxecto pioneiro no Reino Unido está a ter un gran éxito, axudando a centos de nenos e nenas disléxicos. Os nenos que participan neste proxecto reciben dúas sesións de apoio semanal de 40 minutos cun titor especializado. As sesións soen ser individuais ou en pequenos grupos. Desenvólvense programas de educación adaptados a cada alumno e as súas necesidades específicas. Springboard emprega un equipo de titores cualificados e un grupo de voluntarios locais que reciben capacitación e formación para asegurar que cada neno reciba un alto nivel de axuda. A clave destes resultados tan positivos reside na actuación inmediata, intervinse en canto é detectado o problema, na atención individualizada durante o período de aprendizaxe e na utilización de métodos e técnicas innovadoras que melloran as habilidades dos cativos. Estas baséanse en afianzar a autoestima dos alumnos, deteriorada pola ansiedade e frustración que lles provocan as súas dificultades. Enlace á web de Springboard