Novo libro sobre discapacidade motórica

‘Guía para la evaluación orientación y atención a los alumnos discapacitados motóricos en centros ordinarios’. [D-338] Fai poucos días, recibimos nos foros da nosa web unha anotación da publicación deste libro e, uns días máis tarde, nas colaboracións da bitácora, unha entrañable nota que nos remitiu o autor deste libro. Queremos expresarlle o noso agradecemento por tanta atención, e agardamos con impaciencia a lectura deste libro que parece moi interesante. Grazas Javier. Ista foi a mensaxe que nos remitiu o seu autor, Javier Martín: No primeiro lugar felicitarvos a todos os que formades parte de Tadega e aos que colaborades neste proxecto; por dúas cousas: polo ben que o facedes, e porque facía falta. Despois de facer eu un comentario no foro de TADEGa (no apartado de bibliografía) Juan animoume a que o fixera aquí. Pois só dicirvos que traballo no IES “Rafael Dieste” de A Coruña (é un centro de escolarización preferente de discapacitados motóricos) e que estou á vosa disposición para todo o relacionado con este tema ou calquera outro. O comentario do foro era iste: “Publicouse a finais de 2007 na Editorial EOS o libro Guía para la evaluación, orientación y atención a los alumnos discapacitados motóricos en centros ordinarios de Javier Martín Betanzos (servidor)”. O obxectivo desta obra é axudar aos centros educativos e profesores a planificar, axustar e desenvolver unha resposta educativa o mais idónea posíbel aos problemas que suscita a integración de alumnos discapacitados motóricos nos centros ordinarios. Espero que lle valla a alguén. Saúdos, Javier martín. Enlace á bitácora do autor, Javier Martín na web martinbetanzos.spaces.live.com

O presentador con ‘Síndrome de Down’

[D-339] A televisión de Extremadura comezará de contado un programa semanal de media hora de duración para informar sobre o mundo da discapacidade. O programa emitirase os fins de semana e será presentado por unha persoa con síndrome de Down e contará cun debate moderado por unha persoa con parálise cerebral.

Obradoiro accesibilidade no “CRA de Teo”

[D-337] Onte tiven a sorte de poder participar no primeiro obradoiro de accesibilidade básica de contidos web, a pesar de que os meus coñecementos neste tema son moi limitadiños direi que saquei moitas máis cousas en claro do que pensaba a priori. Está claro que con xente deste calibre é fácil ir collendo de aquí e de alá e, pouco a pouco, ir creando o teu propio banco de recursos, ideas moitas, ferramentas tamén, agora votarlle horas para fedellar en todo e ir equivocándome e tamén acertando.

‘Do2Learn’: Recursos para ANEAE

[D-250] Xa hai uns días que o noso compañeiro Abraham avisounos das novidades deste sitio, e como xa facía tempo que non pasaba por alí (www.Do2learn.com), hoxe estiven a fedellar na súa páxina e quedeime gratamente sorprendido polos recursos que agora ofertan: Fotografías da disposición das aulas segundo as necesidades. Xogos de estimulación sensorial. Gratuítos ou de pago. Propostas de actividades. Material para imprimir. Guías de diagnose para necesidades educativas. Paga a pena se non o coñeciades!

“´agora rede”… proxecto colaborativo

[D-332] Coido que todos temos no maxín dun tempo a esta parte crear espazos colaborativos onde expor as nosas experiencias, inquedanzas, opinións… sobre o eido TIC do en ensino en Galiza. Os máis e os menos, crean blogues, plataformas, webs… espazos para espallar a nosa semente e sentirse apoiados nesta labor de definir paradigmas de usos e boas prácticas tecnoeducativas. Así pois dende ese prisma e filosofía, nace ´agora rede, coa intención de crear un punto que vertebre iniciativas da web 2.0 galega (blogs, wikis,… ) e aglutine unha rede social aberta de docentes a prol das TIC. ¿Unha iniciativa interesante? Por suposto. ¿Un Planet galego? coido que se esta cociñando e 100% feito en Galicia.

Congreso sobre trastorno da atención

[D-329] Organizadas conxuntamente polo Grupo ALBOR e a Fundación para la Promoción de la Calidad de Vida CALVIDA , atopamos istas xornadas sobre trastornos de atención adicadas aos Avances na Detección, Identificación, Prevención e Intervención multimodais con Nenos, Adolescentes e Adultos con Trastornos por Déficit de Atención con ou sen Hiperactividade: ‘HIPERACTIVOS’ e ‘INATENTOS’: algo mais que simples ‘subtipos’ Realizaranse dúas Xornadas, unha en Bilbao os días 1 e 2 de marzo e outra en Madrid do 24 ao 26 de outubro. Ligazón con mais informacion sobre as Xornadas Ligazón ao tríptico en pdf da xornada de Madrid

Cumprimos 1 ano

[D-326-1] A bitácora de TADEGa cumpre 1 ano 12 de febreiro de 2008, no día de hoxe esta bitácora está de cumpranos, o noso primeiro ano. E a verdade é que é para estar contentos. Este artigo é o número 326 o que di moito desta andadura xa que son moitos para ser o primeiro ano. Dende aquí vaia un especial agradecemento a Abraham, o noso incansable das bitácoras que empurrando, empurrando, advertiunos do moito que íamos gañar se iniciabamos ista andadura, e vaia que tiña razón. Grazas Abraham. A él lle toca soprar as velas. E vaia tamén un agradecemento a todos os editores dos artigos que traballan arreo para que isto funcione: Rosa, Abraham, Belén, Felo, Susana, Antonio… Pero témosvos unha sorpresa, un regalo de cumpreanos, porque levamos un ano querendo acordarnos de todos, e traemos aquí un recordo especial polos que ninguén se acorda deles: [D-326-2] TADEGa naceu para que nos lembremos de todos, para que as tecnoloxías que se nos achegan, sexan para todos e sen favoritismos, mellor dito, rectifiquemos, que sexa con favoritismos de tal xeito que os máis esquecidos cheguen a ser os nosos favoritos. O rapaz desta foto é un neno do colexio ‘Gokul’ en Bhugaon, a 130 kilómetros de Mumbai, na India. El e os seus 52 compañeiros teñen en común: que son orfos, que están nesta escola, que teñen o VIH e que xa saben o que é ser rexeitado por case todos. Pero nesta escola coas súas TIC tan ‘clásicas’ (aquí lle vemos lapis e regra) estanche moi contentos, ilusionados porque lles da o que os demais lles negan. Non coñezo a quen fixo esta foto, pero seguro que leva un bule bule no peito. Ben, déixome de liortas; se queredes saber a historia toda, tedes no Diario El Mundo a historia completa e outras fotografías. Vaia desde aquí o noso máis profundo respecto por todos eles, pola escola, polo proxecto, precisamente no noso primeiro aniversario. Enlace que se cita: www.elmundo.es/albumes/2008/02/06/colegiopositivo

Ferramentas didácticas. Fundación Dédalo

[D-316] Tal e como xa adiantabamos noutro artigo desta bitácora, a fundación Dédalo dentro do proxecto “Ferramentas didácticas para a educación de persoas con discapacidade” acaba de publicar na súa web un material pensado para persoas con discapacidade, maiores e outros colectivos que precisan un tratamento específico. Este material pódese descargar de xeito gratuíto e quere dar resposta a un público en ocasións esquecido pero que require toda a nosa atención e apoio. As ferramentas desenvoltas no primeiro CD divídense en dous bloques de actividades Jclic: O primeiro: “Actividades de linguaxe” conta con exercicios para traballar as letras, sílabas, ordenar palabras e lectura. O segundo bloque conten actividades de observación, atención, secuenciación, numeración e calculo. O segundo CD é unha adaptación do programa “Escoita” orixinal do CREENA , adaptándoo ás recomendacións e suxestións aportadas por expertos no campo das Necesidades Educativas Especiais. Estas dúas ferramentas pódense baixar para logo copialas nun CD dende o seguinte enderezo: www.fundaciondedalo.org/archivos… A primeira tamén está dispoñiible no seguinte enderezo da web: www.fundaciondedalo.org/HerramDidacticas…

Relacións coa Deficiencia Visual

Curso básico de autoaprendizaje sobre relación y comunicación con personas con ceguera y deficiencia visual (Aviso: Artigo en castelán – Artículo en castellano) [es] [D-324] Desde la web de la ONCE podeis ver este curso y, como dice en la portada, está diseñado específicamente para personas sin problemas de visión que, por su trabajo, circunstancias familiares o interés general, deseen tener un conocimiento básico sobre ceguera y deficiencia visual, así como de las formas más prácticas para ayudar y colaborar en el desplazamiento y en la vida diaria de las personas con tales problemas de visión. Para más información, enlace al Curso de Comportamiento

Congreso Internacional de Orientación

Durante os días 21, 22 e 23 de novembro de 2007 tivo lugar na Universitat Jaume I de Castellón (España) o Congreso Internacional de Orientación Educativa e Profesional. O congreso organizouse coa intención de dar a coñecer experiencias renovadoras e innovadoras en materia educativa e de permitir aos estudiantes e aos profesionais que traballan en educación e orientación compartir coñecementos e intercambiar experiencias. Na súa páxina ides atopar os relatorios do ano 2006 e 2007, e quero resaltar nesta última o artigo BARREIRAS E AXUDAS Á INCLUSIÓN: A HISTORIA DE VIDA DE GEMA desenvolto por Carmen Gallego Vega e Anabel Moriña Díez. Abrangue unha investigación realizada co propósito de describir, analizar e valorar as fases e impacto do proceso de exclusión en colectivos de mozos en situación de desigualdade (pertencentes a culturas minoritarias, desigualdades de xénero ou mozos con discapacidade. O traballo recolle parte da vida dun destos xoves e reflexiona sobre as barreiras e axudas que puideron obstaculizar ou facilitar a vida persoal, educativa e profesional de Gema. Para máis información, enlace á revista QuadernsDigitals.