Congreso Internacional de Orientación
Durante os días 21, 22 e 23 de novembro de 2007 tivo lugar na Universitat Jaume I
de Castellón (España) o Congreso Internacional de Orientación Educativa e Profesional.
O congreso organizouse coa intención de dar a coñecer experiencias renovadoras e innovadoras en materia educativa e de permitir aos estudiantes e aos profesionais que traballan en educación e orientación compartir coñecementos e intercambiar experiencias.
Na súa páxina ides atopar os relatorios do ano 2006 e 2007, e quero resaltar nesta última o artigo BARREIRAS E AXUDAS Á INCLUSIÓN: A HISTORIA DE VIDA DE GEMA
desenvolto por Carmen Gallego Vega e Anabel Moriña Díez.
Abrangue unha investigación realizada co propósito de describir, analizar e valorar as fases e impacto do proceso de exclusión en colectivos de mozos en situación de desigualdade (pertencentes a culturas minoritarias, desigualdades de xénero ou mozos con discapacidade. O traballo recolle parte da vida dun destos xoves e reflexiona sobre as barreiras e axudas que puideron obstaculizar ou facilitar a vida persoal, educativa e profesional de Gema.
Para máis información, enlace á revista QuadernsDigitals.