Proxecto DIVERTIC-TADEGA

“Uso de dispositivos de alta portabilidad para el acceso a la comunicación y autonomía personal” Participan no proxecto 4 centros galegos e 4 centros da Rexión de Murcia cun total de 60 mestres participantes. Con iste proxecto pretendemos garantir que aqueles alumnos que presentan necesidades educativas especiais de carácter grave e permanente nas áreas de comunicación e linguaxe e de autonomía persoal, podan a través das TIC aceder ao currículum, con independencia da etapa na que se atopen. Nista primeira reunion mestres dos catro Centros galegos, tivemos unha xuntanza no CEE Navalón en Santiago no que lanzamos o proxecto, entregamos os tablets Android para os centros e participamos na primeira sesion formativa sobre Pictodroid e Pictodroid Lite. Grazas a todas e todos 😉

Obradoiro LIM Cangas

Obradoiro LIM Cangas O primeiro obradoiro do ano, tivo lugar no CEIP Nazaret de Cangas. Cun tempo marabilloso e un Sol que daba gloria 😉 , Sara fixo unha introdución a como achegarse por primeira vez a ista ferramenta para crear as nosas actividades multimedia. Grazas Sara!! Obradoiro LIM Cangas 2012 Ligazón á descarga da presentación en formato pdf

Dereitos das socias e socios

Para dar resposta a preguntas de moitas e moitos de vos, preparamos unha guía sinxela de preguntas frecuentes que irá medrando con aquelas cuestions ou propostas que nos sigades facendo.     Benvidas e benvidos Documento pdf das preguntas frecuentes Podes deixar as túas propostas ou dúbidas nos comentarios

Máis formación

Unha vez rematado o curso de discapacidade visual e mirando as valoracións do mesmo, temos que darvos a noraboa por estar istes dous dias xuntos, compartindo “maternidades e paternidades” 😉 e tamén dar as grazas a Emma polo gran traballo desenvolvido. A isto sumamos o artigo de hai uns días cos dous primeiros obradoiros de 2012 en Cangas e A Coruña e algun mais por concretar que se acaba de propoñer para Lugo. Alguén da mais? Ligazóns: Video cunha das practicas do curso Páxina de Emma Mayo Psicóloga Obradoiros 2012 Fai a túa proposta de Formación 2012

Obradoiros, 2012: LIM e Linguaxe

Pois o agardado chegou, os dous primeiros Obradoiros serán en Cangas e na Coruña grazas as mestras Sara Fernández Alfaya e Patricia Pena Barbeito que impartirán: Creación Contidos Dixitais con LIM. Sara Fernández Lugar: CEIP NAZARET – Cangas do Morrazo. Data 21 Xaneiro. Localización CEIP NAZARET Blog da aula de AL e recursos online. Patricia Pena Lugar: CEIP SAL LENCE – A Coruña. Data 25 Febreiro. Localización CEIP SAL LENCE O horario dos obradoiros serán de 10:00 a 14:00, coa posibilidade de quen o desexe irmos comer todos xuntos. FORMULARIO DE INSCRICION NOS OBRADOIROS A partires de agora, veredes unha imaxe permanente como ista referida ás TIC e á Formación na columna da dereita. Se premedes nela levaravos a un formulario que poderedes empregar en calquer momento para demandar non so unha necesidade de Formación, senon para ofrecervos a coordinar que o Obradoiro se celebre na vosa localidade (buscar un sitio, tema, grupo minimo…) Ligazón ao Formulario dos Obradoiros de Formación

Arranca ACCEGAL

A nosa noraboa a esta iniciativa que ven de arrancar das mans da colaboración do Centro de Educación Especial Manuel López Navalón de Santiago e o Grupo de Tecnoloxías da Información da Escola de Inxeniería de Telecomunicación (Universidade de Vigo), ou o que é o mesmo: Das mans da nosa colaboradora Fátima García e Enrique Costa, para la elaboración de solucións de accesibilidade baseadas en dispositivos móbiles. Coñeciamos VirtualTEC e MessageTTS grazas á lista de correo de TADEGA, dúas aplicacións que consisten nun teclado virtual como axuda á comunicación oral e un sintetizador de voz coa entrada por teclado respectivamente. Ambalas aplicacions disponibles no Market para dispositivos Android. Pero agora temos que destacar un Comunicador Dixital con imaxes para este tipo de aparellos, o PictoDroid, tanto na súa version Lite (mais sinxela), como a que permite expresar diferentes accións e crear oracións complexas; sempre a través de pictogramas ou outras imaxes. Na actualidade podemos realizar oracións coas accions: vamos a… quiero jugar… quiero ir al baño quiero beber… quiero comer…. estoy… Ao completar a selección de pictos o sistema procederá á lectura da frase formada. Todas as imaxes poden modificarse ou eliminarse e é posible engadir os que sexan precisos. Os nosos parabéns por ista interesante iniciativa e dende TADEGA animarvos a seguir por ista liña de traballo que apoiamos e colaboramos dende xa. Ligazóns Web de ACCEGAL Informacion sobre a lista de correo

Curso Discapacidade Visual (actualización)

O Alumnado con discapacidade visual e o seu contexto: Centro Educativo e Familia Texto actualizado: Certificación homologada por 10 horas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. TADEGa organiza os días 25 e 26 de Novembro, en colaboración co gabinete de psicoloxía Emma Mayo Psicóloga, un curso sobre “o alumnado con discapacidade visual e o seu contexto”. Consideramos que este curso é moi necesario pois, segundo datos da propia Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) publicados na súa web (http://www.once.es/new/afiliacion/datos-estadisticos), en Galicia existen un total de 265 rapaces entre os 0 e os 18 anos con discapacidade visual (142 homes e 123 mulleres), polo que é moi probable que nalgún momento da túa vida profesional teñas que impartir clases a algún destes rapaces/as, incluso a pesares de non telo feito con anterioridade e de non saber, a priori, que metodoloxía seguir. A través deste curso pretendemos que coñezas qué é iso da discapacidade visual, pero non só a través das definicións teóricas existentes, senón que pretendemos proporcionarche unha experiencia práctica que che axude a poñerte na pel dese posible alumno/a cego e/ou deficiente visual que, probablemente, algún día atoparás na túa aula. Ademais, proporcionarémosche diferentes estratexias para facilitar a intervención (organización da aula, localización do alumno, pautas de comunicación, recursos que facilitan o proceso educativo, adaptacións necesarias, tecnoloxías para a discapacidade visual…etc.) sen esquecernos de algo fundamental: a familia. Preténdese dotar ao profesorado das ferramentas necesarias para atender, dun xeito eficaz, aos alumnos/as que presentan discapacidade visual, que aprendan a elaborar o seu propio material e que saiban variar os seus materiais en función do grado de discapacidade que presenta o alumno, así como doutras variables. Contidos do curso Miramos o síntoma ou estudamos ao neno? Intervención na aula na que hai un alumno con discapacidade visual (I) Intervención na aula na que hai un alumno con discapacidade visual (II) O meu compañeiro ten unha discapacidade visual, como podo axudalo? A familia O meu centro é un centro inclusivo para un alumno con discapacidade visual? Debate e conclusións Certificación homologada por 10 horas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Ligazóns (Ábrense nunha ventana nova) Formulario de inscripción Mais información Cartel do Curso Páxina de Emma Mayo Psicóloga

ARASAAC en Galego

Grazas ao extraordinario traballo realizado por un grupo de TADEGa coordinados por María Blanco (grazas 🙂 ) xa está disponible gran parte do dicionario de ARASAAC traducido a Galego. Iso supón que podemos aceder ás traducións nas búsquedas (a través do buscador de suxerencias que hai na páxina inicial e na de catálogos), nos resultados destas, nas fichas dos pictogramas nas diferentes ferramentas. En breve prepararan paquetes de descarga cos pictogramas en Galego. Ligazón á nova na páxina de ARASAAC

Aumenta o servizo de Préstamo

Ola a tas e todos, o servizo de Préstamos vense de ampliar coa incorporación de varios aparellos de un usuario que xa non os emprega (Grazas mil Luluxa 🙂 ) son os seguintes: Teclado: Non require ningunha instalación previa. Emulador de rato: Totalmente personalizable ás capacidades motoras. Libro básico de comunicación rápida: ten unha gravadora e un micrófono en cada páxina. Só hai que meterlle as imaxes impresas que se precisen. Para asambleas, obras de teatro, contestar nun exame, transmitir recados… Para grabar: premer. Para escoitar: premer. É absolutamente fácil, o que o fai funcional para familias de perfil tecnolóxico baixo, ou fácilmente transportable cando sexa preciso. Poderedes atopar o Formulario da Solicitude no icono da columna da dereita correspondente ao Servizo de Préstamo Ligazón á paxina do Servizo de Préstamo

Chrome Web Store

Temos aqui un recurso TIC que igual sírvevos para instalar sen problemas nos ordenadores aplicacións para o ensino, cálculo, lectura, xogos, mecanografia… para vosos alumnos gracias ao navegador CHROME Google desenvolveu a Chrome Web Store, que permitiravos (coa vosa conta de google ou gmail) elexir aplicacions (polo menos as gratuitas) e instalalas, despois apareceravos un icono coas que tendes instaladas, poderedes elexir entre temas como: Ensino, Estilo de vida, Familia, Xogos, Novas e tempo, Lecer, Produtividade, Social e comunicación, Utilidades… Ligazóns http://es.wikipedia.org/wiki/Chrome_Web_Store chrome.google.com/webstore