Coa resaca aínda do II Congreso TADEGa, queremos antes de nada darvos as grazas a todas as persoas que fixestes posible co voso traballo que o Congreso fora unha realidade. Istes días pasaremos a avaliación do Congreso, do que atoparedes cumprida información dos relatorios en: http://encontros.tadega.net/congreso/programa Novas do Congreso Na TVG: Novas do Congreso Na Voz de Galicia: Ligazón á páxina da Voz de Galicia
Vémonos en Ourense?
Xa está todo listo para o vindeiro Congreso TADEGa, arranca o venres con varias sorpresas, presentacións en exclusividade, sinatura de acordos… pero sobre todo agardando coñecer persoas, persoas en plural, comprometidas e comprometidos coa ilusión, innovación e o aprendizaxe. Vémonos en Ourense?
Picaa en galego na App Store (actualización)
Picaa: A Plataforma de Aprendizaxe Móbil Se hai un tempo informábamos da aplicacion Picaa no App Store para iPhone, iPod touch e iPad; dende o pasado 20 de decembro contamos cunha nova versión 1.4.1 con interesantes novedades: seleción do tipo de letra, incluindo fontes mais informais e de tipo “escolar” nova función para xerar os sons dos elementos mediante un sistema TTS (Text-To-Speech): na edición dos elementos das actividades é
Curso estimulacion da linguaxe
TADEGa organiza, en colaboración co Centro de Atención Psicopedagóxica e Apoio Educativo (APAE), un curso de estimulación da linguaxe oral e escrita. A idea central está baseada no concepto de linguaxe como unha capacidade que require estímulos para o desenvolvemento ideal e eficaz, non esquecendo que algúns/as nenos, dadas as súas características persoais precisan de atención específica. A lingua é un comportamento máis, e como tal se relaciona cunha condición
Axúdanos
Axúdanos a difundir e mellorar o noso congreso en 3 sinxelos xestos: Como? 1. Copia e pega este código nalgún sitio do teu blog ou web <a title=”2º Congreso 2011 TADEGA.net” href=”http://encontros.tadega.net”><img title=”Logotipo do 2º Congreso TADEGa.” src=”http://encontros.tadega.net/wp-content/ uploads/2010/12/logo_web.png” alt=”Enlace e logotipo congreso do 2º Congreso TADEGa Ourense 2011.” width=”130″ height=”130″ /></a> 2. Imprime o póster e/ou o tríptico do congreso e colócaos nun sitio visible do teu lugar de
II Congreso TADEGa, Ourense 2011
Ourense, 11 e 12 de febreiro de 2011 Prácticas dixitais na atención á diversidade Dende a nosa asociación prácenos anunciar o vindeiro II Congreso TADEGa que, baixo o título Prácticas dixitais na atención á diversidade, terá lugar os días 11 e 12 de febreiro de 2011 nun marco incomparable: Auditorio Municipal de Ourense. Notas de interese Toda a información relativa ao congreso (programa, obxectivos, inscricións, prezos, listaxes, etc.) figura actualizada
Obradoiros Lugo 2010
Xeitos de comunicación Era unha débeda que tiñamos fai tempo; o achegamento de TADEGa a terras lucenses. E así foi. Primeiro por terras de Viveiro compartindo con todos e todas experiencias dixitais no ensino. E agora lle toca aos xeitos de nós comunicar. O próximo día 10 de decembro, venres, coincidindo coa visualización do conto de Xandre en todos os centros de ensino galegos tal e como dimos conta no
10 de decembro, día mundial dos dereitos humanos
10 de decembro de 2010 Unha experiencia con Xandre nos centros. A inclusión como dereito educativo Celebrado o 10 de decembro dende hai tempo (1950, resolución 423-V da asemblea Xeral das Nacións Unidas), o día mundial dos dereitos humanos ten nos centros de ensino un espazo privilexiado mediante a realización de diferentes actividades. Así, o que as Nacións Unidas promulgaron pode tomar corpo nas nosas conciencias e nas nosas aulas.
Xa se poden mercar as pulseiras de Xandre
Finalmente xa están listas para a venda as pulseiras USB igualiñas cas do conto de Xandre pero co conto dentro dela para que a poidades usar en calquera ordenador teña ou non acceso a Internet. En caso de mal funcionamento da pulseira, contactade coa asociación para a o seu arranxo ou o envío de pulseiras de substitución. O prezo é de 10 euros a unidade (podéndose mercar de 1 a