Obradoiro 3D no CEIP Rubiáns

Obradoiro 3D no CEIP Rubiáns

Despois do Congreso TADEGA, tocaba facer entrega da impresora 3D do concurso de ideas de impresion 3D. Así que o Sábado alá nos fumos, a levarlle a impresora e -cunha morea de mestres do propio Centro e outros convidados- a facer un obradoiro de desdramatización da tecnoloxía 3D e o esu emprego. Foi un pracer compartir con todos vos iste Obradoiro que seguro que lle sacades moito partido cos vosos rapaces! From Obradoiro 3D CEIP RUBIANS. Posted by Tadega Net on 3/07/2016 (18 items) Generated by Facebook Photo Fetcher 2

Aumenta o servizo de Préstamo

Ola a tas e todos, o servizo de Préstamos vense de ampliar coa incorporación de varios aparellos de un usuario que xa non os emprega (Grazas mil Luluxa 🙂 ) son os seguintes: Teclado: Non require ningunha instalación previa. Emulador de rato: Totalmente personalizable ás capacidades motoras. Libro básico de comunicación rápida: ten unha gravadora e un micrófono en cada páxina. Só hai que meterlle as imaxes impresas que se precisen. Para asambleas, obras de teatro, contestar nun exame, transmitir recados… Para grabar: premer. Para escoitar: premer. É absolutamente fácil, o que o fai funcional para familias de perfil tecnolóxico baixo, ou fácilmente transportable cando sexa preciso. Poderedes atopar o Formulario da Solicitude no icono da columna da dereita correspondente ao Servizo de Préstamo Ligazón á paxina do Servizo de Préstamo

Prestamo Tecnolóxico 2011

Eres socia ou socio de TADEGA? Queres acceder ao servizo de préstamo tecnolóxico? Produtos á disposición das socias e socios: Miniordenador Asus Eeepc Asus Eeepc Características: 10 pulgadas, Sistema Operativo UBUNTU (Linux) Utilidade: Afacerse a Ubuntu como sistema operativo e ter un netbook na aula. Miniordenador Táctil Asus t91 Asus t91 Características: 7 pulgadas, Sistema Operativo Windows XP Utilidade: Probar as aplicacións convencionais (LIM, JClic, web… ) nun ordenador táctil tipo tablet PC e ter un netbook na aula. http://www.geekets.com/2009/06/16/asus-t91-un-tablet-netbook-muy-interesante/ Asus EeeTop Tactil Asus Táctil Características: 16 pulgadas, Sistema Operativo Windows XP Utilidade: Para usuarios con menos precisión motora e unha pantalla táctil moito mais grande. Miniordenador Táctil ASUS MT 101 Asus T101 Características: 10,1 pulgadas, Multitáctil, Sistema Operativo Windows 7 Utilidade: Probar as aplicacións convencionais (LIM, JClic, web… ) nun ordenador táctil tipo tablet PC de 10 polgadas. Afacerse a Windows 7 como sistema operativo e ter un netbook na aula.   iPod Touch – PICAA e apps para o ensino Imaxe de 3 iPhone/iPod onde se mira a aplicación PICAA Utilidade: Probar PICAA e as aplicacións da AppStore para o seu emprego na aula Picaa deseñouse para a creación de actividades didácticas adaptadas para alumnos con necesidades educativas especiais dende un dispositivo móbil. Actualmente incorpora 4 tipos de exercicios: Asociación, Exploración (Comunicadores), Puzzle e Ordenación. O sistema deseñouse para atender á diversidade funcional de usuarios con necesidades especiais, principalmente nos niveis: cognitivo, visual e auditivo. http://scaut.ugr.es/picaa/ http://itunes.apple.com/es/app/picaa/id373334470?mt=8# Tablet Android 2.1           Tablet Android Características: 7 pulgadas, táctil, Sistema Operativo Android 2.1 Utilidade: Probar unha tableta táctil coma dispositivo de emprego na aula: videos, web, etc. Afacerse a Android coma sistema operativo   Conexión internet Móbil 3,5G Dispositivo Internet Móbil 3.5G Utilidade: Se non tes internet na aula pero hai cobertura de móbil podes empregar isto. Precisas unha conexión a internet temporal?. Podes probar o internet móbil como unha posible solución. Miniordenador Compaq Mini CQ10 Compaq Mini CQ10 Características: 10.1 polgadas, sistema operativo windows 7 Utilidade: Afacerse a Windows 7 como sistema operativo e ter un netbook na aula.   Cargando…