Arranca ACCEGAL
A nosa noraboa a esta iniciativa que ven de arrancar das mans da colaboración do Centro de Educación Especial Manuel López Navalón de Santiago e o Grupo de Tecnoloxías da Información da Escola de Inxeniería de Telecomunicación (Universidade de Vigo), ou o que é o mesmo: Das mans da nosa colaboradora Fátima García e Enrique Costa, para la elaboración de solucións de accesibilidade baseadas en dispositivos móbiles.
Coñeciamos VirtualTEC e MessageTTS grazas á lista de correo de TADEGA, dúas aplicacións que consisten nun teclado virtual como axuda á comunicación oral e un sintetizador de voz coa entrada por teclado respectivamente. Ambalas aplicacions disponibles no Market para dispositivos Android.
Pero agora temos que destacar un Comunicador Dixital con imaxes para este tipo de aparellos, o PictoDroid, tanto na súa version Lite (mais sinxela), como a que permite expresar diferentes accións e crear oracións complexas; sempre a través de pictogramas ou outras imaxes.
Na actualidade podemos realizar oracións coas accions:
vamos a…
quiero jugar…
quiero ir al baño
quiero beber…
quiero comer….
estoy…
Ao completar a selección de pictos o sistema procederá á lectura da frase formada. Todas as imaxes poden modificarse ou eliminarse e é posible engadir os que sexan precisos.
Os nosos parabéns por ista interesante iniciativa e dende TADEGA animarvos a seguir por ista liña de traballo que apoiamos e colaboramos dende xa.
Ligazóns
- Web de ACCEGAL
- Informacion sobre a lista de correo