Selo a excelencia da Accesibilidade

Vía CODIGOCERO. [D] Dende agora, grazas a un acordo internacional (www.DiarioSigno.com) asinado pola Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR), o Centro Tecnolóxico da Información e a Comunicación (CTIC), e o Instituto Europeo de Software (ESI Tecnalia), as páxinas e portais existentes en Internet poderán optar a un certificado de calidade que acredite a súa accesibilidade establecida conforme ás normas. Combinando sistemas de revisión automática (véxase o exemplo de TAW) con metodoloxías de inspección manual para asegurar que cumpren en todo momento coas pautas de accesibilidade e (de ser así), achegar un selo de excelencia a súa presenza en Internet. Esta nova certificación servirá ademais como guía de apoio á hora de definir os requisitos de contratación e como distintivo de confianza para os usuarios.

Melloras no banco de imaxes do CNICE

[D] O banco de imáxes do CNICE acábase de renovar. Incorporaron unha interfaz máis intuitiva ampliando as súas posibilidades de búsqueda por categorías (niveis, áreas, seccións…) e tamén por palabras clave. O cheiro a web 2.0 queda en iso, posto que os cambios tampouco son tan espectaculares; de todas formas, son moitos os recursos que teñen catalogados nos diferentes formatos para o seu uso na aula: fotografías, ilustracions, vídeos, animacions e sons. O interesante de todo isto e que incorporaron a licenza Creative Commons ó banco, xa era hora. ¡Noraboa!

Materiais para o Cálculo Mental

Coido que sempre é difícil comezar a poñer o primeiro post, afrontar a páxina e branco faite dubidar sobre o que tes ou debes dicir e se debe ser relevante ou non. [D] Pois comezamos con material práctico para o uso diario na aula. De sempre os problemas de razoamento e cálculo son unha constante en tódolos niveis da escolarización obrigatoria (e non obrigatoria; 🙂 o sentido común nestes tempos anda un pouco feble)… de sempre andamos a facer retallos con fotocopias de aquí e acolá, facendo os nosos Frankensteins de materiais. Así poís temos grazas a QUINZET un material precedido coa seguinte declaración de intencións: “Durante más de quince años muchas escuelas han experimentado el tratamiento del cálculo mental a partir de series graduadas propuestas por el Quinzet. Este proyecto consiste en una nueva metodología del tratamiento del cálculo global a partir de la propuesta sistemática de series de colecciones de cinco problemas de cálculo mental, que el educador/a propone a la clase dos veces por semana como mínimo, y de unas pruebas de diagnóstico que permiten evaluar el proceso de aprendizaje y maduración de los alumnos. En este libro encontraremos más de 3800 problemas graduados para utilizarlos desde los 3 años hasta el segundo ciclo de Educación Secundaria.“ Descargas: (deshabilitadas por petición expresa) Cálculo Mental Vol.1 (pdf. 467 KB) Cálculo Mental Vol.2 (pdf. 366 KB) Cálculo Mental Vol.3 (pdf. 391 KB) Cálculo Mental Vol.4 (pdf. 399KB) Nota: (05 de maio do 2007) para a súa descarga é necesario facer unha solicitude a QUINZET.

Un pouco de historia

Un pouco de historia

  [D] A conta de que? Ben, como hai que empezar por algún lado, e como a historia de como naceu TADEGa débese gardar nalgures antes de esquecela (por se a fama se nos sube á cachola e despois precisamos de botar man dos datos para soltalos nunha rolda de prensa 😉 ) pois será bo tela aquí escrita. Vale, despois deste estrano e longo discurso, comezamos cos datos: 28 ao 30 de setembro de 2006. Un exquisito congreso TecnoNEEt (como son sempre istes congresos) e nel, todos os galegos que alí estabamos apoiados tamén polos matriculados para asistencia virtual, decidimos formar un grupo de profesionais da educación preocupados polo uso das TIC na Atención á diversidade. Todos estabamos de acordo en que xa ía sendo hora de que en Galicia se formase un grupo inquedo por esta temática e que puidese servir de referencia para os máis. Aínda que de aquela non tiñamos nome. 5 de outubro de 2006. Primeiros contactos por correo electrónico de todos os integrantes de TADEGa para formalizar a formación deste grupo, presentarnos, debater para darnos un nome e dotarnos dunha páxina web. 9 de outubro de 2006. Xa somos “TADEGa” (houbo votacións e todo), e dos 22 membros iniciais pasamos a 30. 22 de outubro de 2006. Tras un debate por correo electrónico, se pon en marcha a nosa web ( www.tadega.net ). Ao mesmo tempo, con lista de distribución de correo e foro de debate. 23 de outubro de 2006. Detectado un problema de acceso por parte dos ordenadores conectados á rede pública da Xunta (entre eles todos os dos centros educativos) á nosa páxina web e a outras de grande interese como a de TecnoNEEt, a do NEEDirectorio, Aumentativa.net, etc. Inícianse toda unha serie de contactos para subsanalo (a cousa levaría o seu tempo, non foi dado). 30 de novembro de 2006. Os problemas de acceso dos que falabamos antes arránxanse parcialmente grazas ás nosas xestións e ao bo facer de DisacnetSolutions. 8 de decembro de 2006. Mellórase a web completándose o seu contido e acadando, ao fin unha boa accesibilidade das páxinas (mira se que nós mesmo non damos exemplo do que supón a accesibilidade…) 15 de xaneiro de 2007. Os últimos problemas de acceso a páxinas web educatibas dos que falabamos antes quedan definitivamente arranxados. Os técnicos de DisacnetSolutions volven a amosar a súa profesionalidade. Colgamos na web as páxinas de “Os 40 principais” un novo servizo que pensamos pode ser moi aprezado polos educadores. 14 de febreiro de 2007. Nace este blog (¡Mira que coincidir co comercial día nos namorados… manda

Ler máis

Ola mundo!

  [D] Meu deus! Isto é unha proba nada máis… e o que a aínda queda por aprender! Está claro que hai que botarse a andar e trabucarse de cando en vez. É o único xeito de medrar. Así que aló imos. Ben, sabede que iste é o meu primeiro artigo nunha bitácora. E é toda unha aventura. Acabados os preliminares do conto, pasemos ao que importa: aquí tedes a bitácora de TADEGa.net que imos adicar entre todos nós a contarvos: as noticias, as reflexións, os recursos da rede e todo o relativo ao uso das TIC na atención á diversidade (e tamén, por qué non, ata os pequenos relatos da historia de TADEGa).