Convocatoria Asemblea de persoas socias de TADEGA

CONVOCATORIA DE PERSOAS SOCIAS DE TADEGA Polo presente correo, e conforme ao establecido nos estatutos desta asociación, alédanos anunciarvos e convocarvos a todas as persoas socias á asemblea xeral de TADEGa que terá lugar o vindeiro sábado 27 de outubro ás 10:10 horas en primeira convocatoria e, no seu caso, ás 10:30 horas en segunda convocatoria na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés; e coa seguinte orde do día: Lectura e aprobación da acta da sesión anterior. Estado de contas 2018 e presuposto para o ano 2019 Diversos asuntos. Programacion de Actividades Rogos e preguntas. Trataremos en todo momento de respectar ao máximo os horarios da institución que amablemente nos acolle. Sabendo isto e contando coa vosa axuda, tede en conta que: -Tal e como se recolle nos estatutos (dos que se xunta enlace de acceso neste correo), só poderán exercer voto na asemblea as persoas socias. -Debemos facer o posible para finalizar no horario de mañá e rematar non máis tarde das 13’30 horas -Finalizada a sesión de mañá, teremos un xantar festivo e de convivencia nalgún dos restaurantes da zona. -A fin de saber con canta xente podemos contar para os distintos actos programados e o aforo que imos ocupar, precisamos que remitades as persoas interesadas en participar un correo electrónico de confirmación ao enderezo eventostadega@gmail.com non máis tarde do 25 deste mes indicando as persoas que, no seu caso, asistirían e aquelas e aqueles que quedades a xantar. -Agradecendo de antemán o esforzo, atención e compromiso, recibide un cordial e afectuoso saúdo. -Se non eres socia ou socio de TADEGA tamén convidámosche a que veñas, nos coñezas e propoñas todo aquelo no que teñas inquedanzas   Juan J. Fdez. García Pte. de TADEGa   Referencias que se citan: – Ubicación xeográfica da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés segundo Google Maps: [Enlace á ubicación xeográfica]. – Enlace a copia íntegra dos estatutos: [Enlace á copia en formato PDF dos estatutos].

GAMESP: Robótica para a inclusión

GAMESP: Robótica para a inclusión

Os nosos compañeiros Érica Ordoñez e Felo Couto estarán co resto de membros do consorcio europeo GAMESP no curso: Utilización de robots e xogos virtuais para favorecer a inclusión e a atención á diversidade na escola. Será en Santiago de Compostela o vindeiro sabado 12 de maio https://t.co/Ya6Fj3bLC9 #robotica Inscricion a través de FPROFE G1702047, ou poñéndose en contacto ca Unidade de Programas Europeos da Xunta de Galicia (programas.europeos@edu.xunta.es), indicando nome, apelidos e DNI. Certificado de horas de formacion para o profesorado e certificado de asistencia para o resto. www.gamesp.org  PROGRAMA: https://goo.gl/1UemPx  

Obradoiro de gamificación 2018

O sábado 28 tivo lugar o obradoiro #TADEGAMIFICA no CEIP de Figueroa da Estrada. Foi unha mañá de xogo, aprendizaxe, debates e emocións. Cinco reinos perseguían unha alianza para loitar contra o dragón da desmotivación que os atemorizaba. Debían resolver as probas que se lle presentaban para conseguir facer efectiva esa unión. Así foi a búsqueda da alianza: Aquí podedes ver máis fotos do evento: #TADEGAMIFICA Grazas ao traballo colaborativo de todos os asistentes, a alianza fíxose efectiva e o dragón da desmotivación foi derrotado! Despois de vivenciar unha dinámica gamificada chegou o momento de introducirnos na teoría para poder levala á práctica nas aulas. Neste video podedes ver a presentación que se empregou no taller: Sen emoción non hai aprendizaxe Francisco Mora Teruel

Trainers for the Future

TRAINERS FOR THE FUTURE – I CONGRESO NACIONAL DE FORMADORES 24 y 25 de noviembre de 2017 – Santiago de Compostela Pois vai ser que si, que se apurades as persoas socias de TADEGa tedes un desconto especial por participar neste congreso do máis interesante, especialmente para as xentes máis inquietas que, ademais de Educación están a pensar en ideas que antes ou despois poderían chegar a cristalizar nun emprendemento.

Novas sobre o V Congreso TADEGa 2017

Avisos importantes 1.- Enquisa para a avaliación do Congreso Finalizada a maratón (por así chamarlle), queda un detalle de moitísima importancia para TADEGa: a vosa valoración do congreso. Tedes enlace á enquisa de avaliación anónima. Por favor, adicállede uns minutos. Aquí non a imos anunciar senón que vos será enviada por mail ou whatsapp. 2.- Namentres, quedádevos con ista etiqueta [Enlace á Etiqueta de TADEGa]. 3.- 2018 é voso Lembrade que o congreso é bianual. Que todos aqueles contidos que non puidéchedes desfrutar, ou que quedaron sen tratar a fondo, ou que sinxelamente queredes compartir con máis xente,  tedes o ano 2018 para vos organizar no voso barrio, cole, concello… xuntar unha ducia de persoas interesadas, contactar con nós e solicitar que fagamos un obradoiro sobre a temática favorita que estimedes oportuna e alí estaremos.

V Congreso TADEGa. Especial 10º aniversario 2017

V Congreso TADEGa. Especial 10º aniversario 2017

TADEGa, co gallo do seu décimo aniversario como asociación, inicia a súa andaina especial 2017 coa celebración de 3 elementos referentes: V Congreso TADEGa, V Congreso TecnoNEEt e II Startup Weekend EDU Galicia. O primeiro deles, o congreso TADEGa trae o mellor programa nunca visto en terra galega.

Programa Aulas I+I: Inclusivas e Igualitarias

Programa Aulas I+I: Inclusivas e Igualitarias

Xa é oficial Programa Aulas I+I (Inclusivas e Igualitarias) dentro do Plan Proxecta. O prazo de inscrición remata o 15 de outubro. O obxectivo do programa Aulas I+I é sensibilizar a comunidade educativa da necesidade de afondar nas estratexias que favorezan a inclusión das persoas con diversidade funcional nas aulas xa que ainda que a inclusión é unha realidade integrada nas aulas, resulta necesario desenvolver estratexias para levala á práctica dun xeito efectivo e identificar cales delas son as mellores para favorecela. Os datos básicos, ademais da web volos indicamos aquí: Ámbito: convivencia / igualdade. Definición: identificación, posta en valor e activación de estratexias que favorecen a inclusión das persoas con capacidades diferentes nas aulas. Temporización: curso completo. Alumnado: 5º e 6º de educación primaria, 1º e 2º da ESO Límite de centros participantes (para este curso): 5. Criterios de selección (entre outros): Idoneidade e calidade do proxecto. Porcentaxe do profesorado implicado no programa. Participación do Departamento de Orientación e da Dirección do centro. Por iso animámosvos a participar e como de seguro que coñeces Centros nos que realmente hai inquietude, rogámosche tamén que o compartas co sector do profesorado. Agradecendo unha vez máis o teu interese e colaboración, recibe un cordial e afectuoso saúdo. Para saber mais Ligazón á ficha técnica na web do Plan Proxecta Arquivo PDF da Convocatoria no DOG

Startup Weekend EDU

Startup Weekend EDU

Ola! Xa estamos aquí de volta. TADEGa ten moita novidade que vos contar pero, imos pola máis inmediata: ¿Soñaches algunha vez cun trebello (app, programa, web, hardware…) para usar na túa aula que sería a bomba pero que non está no mercado? ¿E se te poñemos en contacto con profesionais da programación, do deseño e do marketing e entre todos montamos unha empresa que o leve adiante? ¿Estamos de broma? En absoluto, do 14 ao 16 de outubro en Santiago de Compostela iso xustamente é o que vai pasar: validar unha idea e desenvolvela en equipo durante 54 horas, xunto a outras persoas con iguais aspiracións. Quedan poucas prazas. Atrévete! Startup Weekend EDU Galicia: http://galicia.up.co/events/9693 Graciñas por ser e por estar!

Aplicación de mensaxería TADEGa

En TADEGa temos unha aplicación de mensaxería para mellorar a comunicación interna e a productividade entre grupos de interese. Deste xeito recibirás a invitación para formar parte, e para o que deberás seguir os pasos que nela se indican. Tamén podes facer a túa solicitude cubrindo o seguinte formulario: https://goo.gl/ak7J0e Tweet to @tadeganet   Unha vez dentro do sistema: Participar en diversas salas de debate en grupos de traballo conforme aos teus intereses. Poder contactar con calquera persoa mantendo as vosas conversas privadas. Compartir toda clase de documentos e incluso de axendas e outras aplicacións compartidas. Participar, de ser o caso, en grupos de traballo restrinxidos dentro do sistema. Non terá para ti repercusión económica algunha e poderás participar nesta rede dende o teu ordenador, móbil ou tablet (iOS, Windows, Linux e Android), quedando así conectada/o permanentemente. Basta con que instales a aplicación Slack en todas as plataformas que utilices. Agradecendo unha vez máis o teu interese e colaboración, recibe un cordial e afectuoso saúdo.