Novas sobre o V Congreso TADEGa 2017
Avisos importantes
1.- Enquisa para a avaliación do Congreso
Finalizada a maratón (por así chamarlle), queda un detalle de moitísima importancia para TADEGa: a vosa valoración do congreso. Tedes enlace á enquisa de avaliación anónima. Por favor, adicállede uns minutos. Aquí non a imos anunciar senón que vos será enviada por mail ou whatsapp.
2.- Namentres, quedádevos con ista etiqueta
[Enlace á Etiqueta de TADEGa].
3.- 2018 é voso
Lembrade que o congreso é bianual. Que todos aqueles contidos que non puidéchedes desfrutar, ou que quedaron sen tratar a fondo, ou que sinxelamente queredes compartir con máis xente, tedes o ano 2018 para vos organizar no voso barrio, cole, concello… xuntar unha ducia de persoas interesadas, contactar con nós e solicitar que fagamos un obradoiro sobre a temática favorita que estimedes oportuna e alí estaremos.