Convocatoria Asemblea de persoas socias de TADEGA
CONVOCATORIA DE PERSOAS SOCIAS DE TADEGA Polo presente correo, e conforme ao establecido nos estatutos desta asociación, alédanos anunciarvos e convocarvos a todas as persoas socias á asemblea xeral de TADEGa que terá lugar o vindeiro sábado 27 de outubro ás 10:10 horas en primeira convocatoria e, no seu caso, ás 10:30 horas en segunda convocatoria na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés; e coa seguinte orde do día:- Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
- Estado de contas 2018 e presuposto para o ano 2019
- Diversos asuntos.
- Programacion de Actividades
- Rogos e preguntas.
-Tal e como se recolle nos estatutos (dos que se xunta enlace de acceso neste correo), só poderán exercer voto na asemblea as persoas socias.
-Debemos facer o posible para finalizar no horario de mañá e rematar non máis tarde das 13’30 horas
-Finalizada a sesión de mañá, teremos un xantar festivo e de convivencia nalgún dos restaurantes da zona.
-A fin de saber con canta xente podemos contar para os distintos actos programados e o aforo que imos ocupar, precisamos que remitades as persoas interesadas en participar un correo electrónico de confirmación ao enderezo eventostadega@gmail.com non máis tarde do 25 deste mes indicando as persoas que, no seu caso, asistirían e aquelas e aqueles que quedades a xantar.
-Agradecendo de antemán o esforzo, atención e compromiso, recibide un cordial e afectuoso saúdo.
-Se non eres socia ou socio de TADEGA tamén convidámosche a que veñas, nos coñezas e propoñas todo aquelo no que teñas inquedanzas
Juan J. Fdez. García
Pte. de TADEGa
Referencias que se citan:
– Ubicación xeográfica da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés segundo Google Maps: [Enlace á ubicación xeográfica].
– Enlace a copia íntegra dos estatutos: [Enlace á copia en formato PDF dos estatutos].