Trainers for the Future

TRAINERS FOR THE FUTURE – I CONGRESO NACIONAL DE FORMADORES 24 y 25 de noviembre de 2017 – Santiago de Compostela Pois vai ser que si, que se apurades as persoas socias de TADEGa tedes un desconto especial por participar neste congreso do máis interesante, especialmente para as xentes máis inquietas que, ademais de Educación están a pensar en ideas que antes ou despois poderían chegar a cristalizar nun emprendemento.

Asemblea anual de socios TADEGa

Asemblea anual de socios TADEGa

Achegándose xa o final deste ano, cómpre dar cumprimento co mandato dos estatutos e celebrar a asemblea xeral anual de persoas socias de TADEGa que terá lugar na Biblioteca pública Anxel Casal de Santiago de Compostela este sábado día 18 ás 10:30 horas; e de aí a presente convocatoria para que asistas á mesma coa seguinte orde do día.  Lectura e aprovación se procede da acta da sesión anterior. Memoria económica 2017. Avaliación do congreso 2017. Programación económica e de actividades para o 2018. Informes varios. Rogos e preguntas. Graciñas pola túa atención, por ser e por estar. A Coruña, 14 de novembro de 2017. Juan J. Fdez. García,Pte. da asociación TADEGa. AVISO: Caso de asistir, por favor, remite a contactar@tadega.net a túa decisión para que podamos facer unha previsión de asistencia e organización axeitadas. Para dar doadamente co lugar da asemblea podes seguir o seguinte enlace de Google Maps: https://goo.gl/maps/94CK1axk5Xp ( Avda. de Xoán XXIII, s/n, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña ).

Novas sobre o V Congreso TADEGa 2017

Avisos importantes 1.- Enquisa para a avaliación do Congreso Finalizada a maratón (por así chamarlle), queda un detalle de moitísima importancia para TADEGa: a vosa valoración do congreso. Tedes enlace á enquisa de avaliación anónima. Por favor, adicállede uns minutos. Aquí non a imos anunciar senón que vos será enviada por mail ou whatsapp. 2.- Namentres, quedádevos con ista etiqueta [Enlace á Etiqueta de TADEGa]. 3.- 2018 é voso Lembrade que o congreso é bianual. Que todos aqueles contidos que non puidéchedes desfrutar, ou que quedaron sen tratar a fondo, ou que sinxelamente queredes compartir con máis xente,  tedes o ano 2018 para vos organizar no voso barrio, cole, concello… xuntar unha ducia de persoas interesadas, contactar con nós e solicitar que fagamos un obradoiro sobre a temática favorita que estimedes oportuna e alí estaremos.

V Congreso TADEGa. Especial 10º aniversario 2017

V Congreso TADEGa. Especial 10º aniversario 2017

TADEGa, co gallo do seu décimo aniversario como asociación, inicia a súa andaina especial 2017 coa celebración de 3 elementos referentes: V Congreso TADEGa, V Congreso TecnoNEEt e II Startup Weekend EDU Galicia. O primeiro deles, o congreso TADEGa trae o mellor programa nunca visto en terra galega.

Programa Aulas I+I: Inclusivas e Igualitarias

Programa Aulas I+I: Inclusivas e Igualitarias

Xa é oficial Programa Aulas I+I (Inclusivas e Igualitarias) dentro do Plan Proxecta. O prazo de inscrición remata o 15 de outubro. O obxectivo do programa Aulas I+I é sensibilizar a comunidade educativa da necesidade de afondar nas estratexias que favorezan a inclusión das persoas con diversidade funcional nas aulas xa que ainda que a inclusión é unha realidade integrada nas aulas, resulta necesario desenvolver estratexias para levala á práctica dun xeito efectivo e identificar cales delas son as mellores para favorecela. Os datos básicos, ademais da web volos indicamos aquí: Ámbito: convivencia / igualdade. Definición: identificación, posta en valor e activación de estratexias que favorecen a inclusión das persoas con capacidades diferentes nas aulas. Temporización: curso completo. Alumnado: 5º e 6º de educación primaria, 1º e 2º da ESO Límite de centros participantes (para este curso): 5. Criterios de selección (entre outros): Idoneidade e calidade do proxecto. Porcentaxe do profesorado implicado no programa. Participación do Departamento de Orientación e da Dirección do centro. Por iso animámosvos a participar e como de seguro que coñeces Centros nos que realmente hai inquietude, rogámosche tamén que o compartas co sector do profesorado. Agradecendo unha vez máis o teu interese e colaboración, recibe un cordial e afectuoso saúdo. Para saber mais Ligazón á ficha técnica na web do Plan Proxecta Arquivo PDF da Convocatoria no DOG

Startup Weekend EDU

Startup Weekend EDU

Ola! Xa estamos aquí de volta. TADEGa ten moita novidade que vos contar pero, imos pola máis inmediata: ¿Soñaches algunha vez cun trebello (app, programa, web, hardware…) para usar na túa aula que sería a bomba pero que non está no mercado? ¿E se te poñemos en contacto con profesionais da programación, do deseño e do marketing e entre todos montamos unha empresa que o leve adiante? ¿Estamos de broma? En absoluto, do 14 ao 16 de outubro en Santiago de Compostela iso xustamente é o que vai pasar: validar unha idea e desenvolvela en equipo durante 54 horas, xunto a outras persoas con iguais aspiracións. Quedan poucas prazas. Atrévete! Startup Weekend EDU Galicia: http://galicia.up.co/events/9693 Graciñas por ser e por estar!

Aplicación de mensaxería TADEGa

En TADEGa temos unha aplicación de mensaxería para mellorar a comunicación interna e a productividade entre grupos de interese. Deste xeito recibirás a invitación para formar parte, e para o que deberás seguir os pasos que nela se indican. Tamén podes facer a túa solicitude cubrindo o seguinte formulario: https://goo.gl/ak7J0e Tweet to @tadeganet   Unha vez dentro do sistema: Participar en diversas salas de debate en grupos de traballo conforme aos teus intereses. Poder contactar con calquera persoa mantendo as vosas conversas privadas. Compartir toda clase de documentos e incluso de axendas e outras aplicacións compartidas. Participar, de ser o caso, en grupos de traballo restrinxidos dentro do sistema. Non terá para ti repercusión económica algunha e poderás participar nesta rede dende o teu ordenador, móbil ou tablet (iOS, Windows, Linux e Android), quedando así conectada/o permanentemente. Basta con que instales a aplicación Slack en todas as plataformas que utilices. Agradecendo unha vez máis o teu interese e colaboración, recibe un cordial e afectuoso saúdo.

Obradoiro 3D no CEIP Rubiáns

Obradoiro 3D no CEIP Rubiáns

Despois do Congreso TADEGA, tocaba facer entrega da impresora 3D do concurso de ideas de impresion 3D. Así que o Sábado alá nos fumos, a levarlle a impresora e -cunha morea de mestres do propio Centro e outros convidados- a facer un obradoiro de desdramatización da tecnoloxía 3D e o esu emprego. Foi un pracer compartir con todos vos iste Obradoiro que seguro que lle sacades moito partido cos vosos rapaces! From Obradoiro 3D CEIP RUBIANS. Posted by Tadega Net on 3/07/2016 (18 items) Generated by Facebook Photo Fetcher 2

Imos de estrea: “Vida”

Estamos moi ilusionados Onde: Auditorio Municipal de Ourense. Cando: xoves 25 de febreiro de 2016 ás 21:00 horas.A Que: A estrea do film de Rubén Ríos Vida e do documental Máis ca Vida Un grupo de xentes de TADEGa na súa representación, teremos o pracer de asistir convidados a esta estrea. Aínda non vos podemos anunciar moito máis porque aparte da estrea quedan moitas cabos que atar, pero é moi probable que ambos proxectos, TADEGa e Vida emprendan unha viaxe conxunta, histórica e mutuamente moi proveitosa. Sinopse de Vida Entre finais dos anos 60 e principios do ano 2000, entre o Ourense rural e o Ourense urbano, transcorren as vidas de dúas familias unidas polo destino. Nunha pequena aldea, unha familia humilde prepárase para un gran acontecemento familiar. O destino, as casualidades, as forzas fan dese momento tan esperado un verdadeiro calvario para uns e unha proba de vida para outros. Nun piso, no centro da cidade, a tranquilidade dunha nai vese truncada polo desexo dunha das súas fillas de querer voar soa. Pablo (38 anos) é un rapaz con discapacidade que actualmente traballa nos servizos de limpeza da cidade, empeza a valorar a posibilidade de emprender un soño en solitario. Elena (32 anos) é unha moza con discapacidade que se enfronta a unha proba vital para tomar unha das decisións máis importantes da súa vida, na que entran en xogo vida, morte, paixón, egoísmo, medos e perdón. Pablo atoparase cun pasado cheo de ausencias e rancores que o prepararán para un futuro de perdóns e ilusións. Sinopse de Máis ca Vida Máis ca Vida recolle dende un enfoque realista e natural todo aquelo que de maneira indirecta contribuíu á creación da curtametraxe Vida. O documental plasma en imaxes os momentos de ensaios aos que tiveron que enfrontarse estes rapaces e rapazas de cara á rodaxe, en ligazón as súas testemuñas, sentimentos e reflexións. Todo elo cunha narrativa enteiramente positiva, saudábel e moi divertida. Estas experiencias vividas foron as determinantes para o desenvovemento do guión da curtametraxe que relata dunha maneira realista o día a día do mundo que os rodea. Os dous proxectos están estreitamente ligados ofrecendo un novidoso formato que transportará ao espectador a un mundo de emocións no que poderá descubrir que a ficción e a realidade destas dúas obras van collidas pola man. Enlaces de interese Enlace á web do proxecto: www.maiscavida.com Moita merda! Din que a xente cando desexaba sorte aos amigos que tiñan algo que ver cunha obra lles dicían aquelo de “Moita merda!” E non como sinal de insulto senón como sinal de moito éxito

Ler máis

Obradoiros 2016: Solucións para xestionar o cambio na túa aula

Obradoiros 2016: Solucións para xestionar o cambio na túa aula

Comezamos có primeiro obradoiro deste ano 2016: Impartido por Dismedia Cando: Sábado 20 de febreiro Horario: 10:30 a 13:30 h. Onde: Centro Gaiás (Centro de Emprendimento da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela). Prezos: 5 € para persoas socias de TADEGa e 10 € para as non socias. Prazas: 20 persoas máximo. Xantar: Opcional pero é preciso reservar a través do formulario de inscrición (10 €) Constará dunha parte de presentación de Dismedia e do proxecto Baboot e outra práctica na que se desenvolverá unha actividade piloto. Dismedia presentaséntase como AXENTES FACILITADORES DO CAMBIO. O noso obxetivo é acompañar e xestionar o cambio nos centros educativos. Baboot xurde da necesidade de incorporar novas metodoloxías na aula para a etapa de Educación Primaria. Propón un achegamento ao traballo por proxectos e recoméndase como unha primeira fase de inicio do cambio metodolóxico no centro. Trátase dun programa interdisciplinario no que se traballarán por proxectos as competencias clave e os contidos curriculares que establece a LOMCE. Conta cun deseño inclusivo, propoñendo dinámicas de aula que permiten a adaptabilidade das diferentes necesidades especiais que podan existir na aula. Está enfocado a traballar aspectos de carácter social, valores, intelixencia emocional e un primeiro achegamento á programación e á robótica. Enlaces de interese Proxecto Baboot-DISMEDIA: https://goo.gl/E7c9uH Web da Cidade da Cultura: http://www.cidadedacultura.gal/es/emprendimiento Formulario de inscripción na actividade: http://goo.gl/forms/VthqBVSxR4