I Congreso TADEGa: Acordo Aumentativa

Agora que temos algo mais de tempo, irémosvos ofrecendo algúns vídeos dos relatorios do pasado Congreso TADEGa de Maio. No de hoxe, a sinatura do acordo con Aumentativa.net para os socios de TADEGa e que contribuirá ao desenvolvemento e adaptación da versión galega de Aumentativa.net. [D-489] Ligazóns de interese: Congreso Tadega Resaca do Congreso Conclusións do Congreso

Navegador ZAC en Español

[D-477] Aproveito para presentarme oficialmente na Bitácora despois de facelo na lista de correo TADEGa (Que xente mi madriña! 😉 , compráceme moitísimo informarvos, que a versión oficial en castelán do Zac Browser (coma antesala da versión galega), xa está á vosa disposición na ligazón oficial do proxecto Zac Browser (1). Para calquera dúbida, problema ou suxestión, podedes dirixirvos aos foros de ZAC (2). Neles podedes formular as vosas consultas en ingles, francés ou español. Deste xeito consolidamos así a participación da Asociación TADEGa nestas dúas traduccións. A tal efecto, se coñeces materiais didácticos en formato web que poidan usar as nenas e nenos con algunha discapacidade intelectual vos pedimos que nolo acheguedes a TADEGa. Ao final deste artigo tedes o enlace da nosa magnífica coordinadora Mamiago (3). Nota de prensa en castelán Las Vegas, NV – 24 de Junio, 2008 – People CD, los creadores de Kidz CD (Navegador seguro para niños y adolescentes) lanza el navegador ZAC Para Niños Autistas en Español. ZAC es el primer navegador creado especialmente para niños con autismo, y desórdenes del espectro autista como el Síndrome de Asperger, desórdenes de desarrollo dominante (PDD por sus siglas en inglés), y PDD-NOS. Ellos han creado este navegador para los niños, para su disfrute, enriquecimiento, y libertad. Los niños lo prueban, lo usan, juegan, e interactuan con él, y experimentan independencia a través de ZAC. El Navegador ZAC fue inspirado a partir de una profunda necesidad propia, dijo John LeSieur de People CD. En 2002 fuimos bendecidos con un hermoso nieto, Zackary. En sus primeros años Zackary empezó a mostrar signos clásicos de desorden de desarrollo dominante (PDD sus siglas en inglés) y fue diagnosticado como autista severo en 2005. Tenemos el más profundo amor por nuestra hija y nieto, y es a partir de este emotivo sentimiento que hemos usado nuestro talento para crear un navegador específicamente para Zackary y los niños que afrontan desórdenes cerebrales similares. El Navegador ZAC fue creado debido a tres importantes razones: El Navegador ZAC es el único lugar donde tu hijo autista puede navegar solo a salvo, y fácilmente por internet e interactuar con muchas aplicaciones web. El Navegador ZAC proporciona a padres y cuidadores un foro donde pueden aprender de otras experiencias, compartiendo historias, donde pueden conectarse y comunicarse con otros que entienden íntimamente sus situaciones. El Buscador ZAC propociona enlaces útiles que guían a páginas comerciales que podrían mejorar la calidad de vida de vuestros hijos. El Navegador ZAC en inglés fue presentado en Abril del 2008 e instantáneamente recibió el reconocimiento de los medios más prestigiosos de todo

Ler máis

Lazarux

[D-463] Lazarux é unha distribución GNU/Linux operando desde un Live-CD, adaptada ás necesidades informáticas de eficientes visuais de fala hispana, que inclúe un amplo conxunto de aplicacións accesibles e un motor de voz totalmente en español. Os autores: David Cabrero Souto, Doutor en Informática e profesor na Facultade de Informática da universidade da Coruña, España; e Sergio Rodríguez Esquerra, Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión. Cabe destacar que o usuario só debe de inserir o CD no seu PC, e encendelo ou reinicialo. Tralo arranque, terá no seu ordenador un sistema operativo Linux que usará a síntese de voz para se comunicar co usuario, algo moi positivo, xa que é válido para persoas con resto visual ou sen el. Ademais incorpora outras tecnoloxías de apoio como os magnificadores (ampliadores) da imaxe, para maior comodidade no caso de persoas con restos visuais. O grupo de investigación do profesor Cabreiro recibiu un premio Eclipse Innovation Grants 2004 o cal, na medida do posible dedicouse a financiar parcialmente o desenvolvemento de Lazarux. A día de hoxe tamén se asinou un contrato de colaboración coa empresa Alfa21 Outsourcing S.L. para a incorporación de tecnoloxías de accesibilidade a unha distribución Linux de ámbito galego. Sen dúbida os resultados do traballo desenvolvido no ámbito do devandito contrato servirán para mellorar Lazarux. A Curto prazo estudan formas de mellorala, e esperan continuar sacando novas versións, xa que parece un proxecto moi interesante. Ao mesmo tempo buscan novas formas de financiamento e novas colaboracións que impulsen o desenvolvemento do proxecto. Por suposto, calquera persoa que queira unirse ao proxecto, ben sexa como desarrollador, testeador, etc., será benvida. Para contactar cos autores, facer referencia a Lazarux na liña do asunto do correo electrónico. Ligazóns de interese: Ligazón á páxina de descarga do Lazarux: www.grupomads.org/download Contacto cos autores: Enviar un correo electrónico a un dos enderezos: ingsre00@ucv.udc.es ou cabrero@udc.es

Notas para a accesibilidade web (VIII)

Como decíamos ayer… [D-468-1] É verdade, levábamos unha promesa de editar nesta bitácora un artigo semanal os venres sobre accesibilidade web, e así o fomos facendo ata que chegamos ao 7. Ahí tivemos que parar porque a preparación do Congreso e outros compromisos nos tiñan atados. Agora que o congreso xa foi, e que volvemos a ter un pouco máis de respiro, retomamos os artigos semanais. Vos pedimos desculpas polo paréntese, e nos poñemos en marcha. O caso é que ¿Por onde empezar? Ou mellor dito: ¿Por onde proseguir? Dado que no congreso se falou moito da accesibilidade web, queríamos comezar por ahí, por unha das cousas que se dixo no congreso e que os técnicos máis renombrados insistiron (Emilio Ivars de Disacnet e Julián García Villalobos da ONCE): O mellor banco de probas para a accesibilidade web son os propios usuarios. Indicacións valiosas de accesibilidade por moi novato que sexas (ou novata) [D-468-2] O básico é o básico. O resto, xa irá vindo Os que andamos na procura dunha maior accesibilidade web en todos os ámbitos, pero especialmente na educación, atopámonos sempre coa mesma pedra atravesada no camiño: a xente sopra incómoda, evita canto pode abordar o asunto, escapúlese e fuxe. ¿Por qué? Porque lle parece traballo de fontanería para expertos e técnicos, complexo e duro. Parcialmente non lles falta moita razón, pero só parcialmente. Dende aquí facemos unha invitación a abordar a accesibilidade dende outra perspectiva: hai cousas moi básicas e elementais que todos sabemos facer, básicas e sinxelas. Imos ver estas indicacións e, así, antes de que nos decatemos, teremos feito o máis importante da accesibilidade. Probas con usuarios reais Se queres facer unha aproximación ao que a accesibilidade é, e se coñeces ou tes contacto con persoas con diversidade funcional por discapacidade visual, motora, auditva ou combinada que estiveran dispostos a sentarse diante da pantalla para ver a túa web e opinar sobre ela, non perdas esa oportunidade, aprenderás moito máis do que imaxinas, vale ouro. Deixa que naveguen pola túa web e che conten onde teñen as dificultades máis importantes, verás que, a maior parte das veces, os problemas non son técnicos, senón de conecepto, de claridade de exposición, de organización dos contidos, de expresións confusas, ou de información visual que non está mal pero que necesita un pequeno apoio de texto. Non estás ahí con eles para superar unha oposición. Deixa que falen, que che conten todas as dificultades que teñan, non te defendas, acepta as súas necesidades como obrigas túas e dereitos deles. Rompe os miolos para para superar as barreiras. A falta de pan,

Ler máis

Navegador Zac

[D-464] Xa coñecemos que as barreiras que diariamente teñen que esquivar moitas persoas que sofren algunha discapacidade, tamén están presentes nas TIC. Un exemplo son as persoas con autismo, que se ven desbordados pola cantidade de información, elementos e cores presentes nos navegadores de Internet. Por iso, un informático creou, con asesoramento de profesionais do tratamento do autismo, un navegador web específico para estas persoas, que puxo a disposición de todo o mundo de forma gratuíta na Rede. Un avó coraxe das Veigas, informático e cun neto autista, deuse conta de que Internet podería ser unha boa ferramenta para a rehabilitación do seu neto de seis anos. Sen embargo, o único que conseguiu foi o desánimo tras constatar que para o pequeno Zac a gran cantidade de cores, os banners e os contidos estridentes da Rede non o axudaban en nada. Cas súas dotes de programador, John LeSieur deseñou un navegador web específico para nenos autistas, que simplifica a busca de contidos. John LeSieur, programador informático afincado nas Vegas, deuse conta de que el mesmo podería facilitar a vida ao seu neto se creaba un navegador máis sinxelo. Aproveitando a súa pequena empresa de software chamada People CD Inc., deuse á tarefa de proxectar o navegador. LeSieur só buscaba axudar ao seu neto Zackary Villeneuve, que vive en Saint Remi, Quebec (Canadá), pero unha vez que publicou en Internet o seu proxecto, moitos pais quixeron probar o ”Navegador Zac para nenos autistas”.

I Congreso TADEGa 2008

[D-453] Os días 23 e 24 de maio de 2008, terá lugar nas instalacións do Museo Pedagóxico Galego (MUPEGA) de Santiago de Compostela, A Coruña o Primeiro Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega (TADEGa) 2008. TADEGa síntese moi leda de presentarvos este 1º Congreso. Chegar ata aquí non foi doado, o traballo preparatorio foi intenso, pero paga a pena intentalo á vista do servizo que podemos prestar á comunidade educativa galega. Agardamos desde esta preparación que todo saia ben e que todas e todos poidamos sacarlle proveito nas nosas aulas e nos nosos fogares. O período de inscrición xa comezou, e as prazas son limitadas (o aforo máximo das instalacións do MUPEGA é de 112 prazas). Só nos queda animarvos a participar neste evento que con tanto mimo estamos a preparar. Tedes toda a información necesaria na nosa web: En galego: 1º Congreso TADEGa 2008 En español: 1º Congreso TADEGa 2008

Unha calculadora para todos

[D-449] Para toda a xente á que lle gustaría poder contar cunha calculadora científica e gráfica con entorno de programación eficaz, accesible ás persoas con visión reducida, dende febreiro do 2008 conta coa posibilidade de descarregar de forma gratuíta a versión ATCalc 3.1.8. Esta calculadora, disponible en varios idiomas, está deseñada para converterse nunha ferramenta de fácil manexo para aqueles e aquelas estudantes e profesionais que queiran algo potente e un entorno e programación estruturada no estilo Pascal, sen complicarse a vida.

Notas para a accesibilidade web (VII)

Documentarse sobre a accesibilidade [D-416-1] (Artigo en construcción, disculpade as molestias) Todo traballo que se aprecie como tal, debería conter unha serie de referencias a outros traballos nos que a persoa interesada poida ampliar, mellorar ou contrastar o material que se lle está a expor. Tratándose de accesibilidade web, sería pois necesario que nós tamén indicásemos diferentes referencias, ben sexa bibliográficas, ben sexa de sitios de Internet no que poder ampliar e contrastar a información que damos. Así pois, hoxe será o que imos facer: Reunión do que editamos nós ata o de agora: O sitio onde puxemos os apuntes de accesibilidade cando fixemos os talleres no primeiro trimestre deste curso: tadega.net/Foro/viewforum.php?f=28 O sitio onde temos reunidos todos os artigos da bitácora que redactamos sobre accesibilidade web: tadega.net/Bitacora/category/accesibilidade O que outros din sobre a accesibilidade web: Un alegato contra o mal gusto impecable: effectivetranslations.com/stupidtables Un magnífico curso sobre accesibilidade web: cursoaccesibilidad.inclusion.es/index.php Guía para analizar a usabilidade dunha web: nosolousabilidad.com/articulos/heuristica Páxina de Olga Carreras centrada na accesibilidade e usabilidade web e de gran calidade técnica: olgacarreras.blogspot.com Guía básica sobre estándares web e accesibilidade, un bo sitio para comezar suaviño: atedis.gov.ar/acceso_guia.php A lexislación: A páxina do SIDAR sempre será unha referencia obrigada, aconsellamos un percorrido completo, pero xa que falamos agora da lexislación, tamén neste eido teredes alí a documentación máis completa e actualizada: sidar.org Ferramentas: Verificadores de corrección: Da idoneidade da elección das cores (formato comprimido ZIP): technosite.es/descargas/cca_20_es.zip Validador da corrección da linguaxe HTML dunha web: validator.w3.org Validador da corrección da linguaxe das follas de estilo (CSS) dunha web: jigsaw.w3.org/css-validator Analizar a accesibilidade dun sitio: Con TAWDIS.NET: Na páxina: http://www.tawdis.net/taw3/cms/gl inserir o enderezo a validar. Con HERA: Na páxina: http://www.sidar.org/hera/ inserir o enderezo a validar. Con EXAMINATOR: Na páxina: http://www.accesible.com.ar/examinator/ inserir o enderezo a validar. Barras de ferramentas que se acoplan aos nosos navegadores: Para Firefox: chrispederick.com/work/web-developer/localization Para Internet Explorer: technosite.es/SRV/614_es Chuletarios: ¿Non se lembra do código dun país para incluír nunha etiqueta? psicobyte.com/html/idiomas ¿Non se lembra do código HTML para un carácter especial? ascii.cl/es/codigos-html Como ven sendo habitual nos artigos desta serie, aquí tedes este artigo en español: www.opentrad.org/tradurl.php… Aviso, ao haber citas literais en español no propio artigo, e ao ser a tradución deste enlace feita por unha máquina, o resultado pode resultar algo confuso. Invitamos dende aquí a unha lectura directa do orixinal que non custará moito traballo. Graciñas e desculpade as molestias.

Estimulación Sensorial

[D-447] Estase a celebrar no Centro de Formación e Recursos de A Coruña e programado pola asesoría de Orientación e Integración, o curso sobre a Estimulación Sensorial na Integración do Alumno con Discapacidade. É a primeira vez que en Galicia se celebra unha actividade deste tipo dirixida á comunidade educativa e referida aos contextos educativos ordinarios. As salas multisensoriais, nos seus diversos enfoques, están dirixidas a estimular os sentidos primarios sen necesidade dun recoñecemento cognitivo da actividade proposta e persegue obxectivos como a relaxación, eliminación ou diminución de estereotipias, modificación de condutas, etc Son estímulos para aumentar ou diminuír o nivel de alerta e favorecer a maduración do sistema nervioso central, favorecer respostas motoras normais, mellorar aprendizaxes e propiciar un mellor contacto co contorno. Esperemos que nos aproveite a todos. Para saber mais: Herramienta Multimedia de Estimulación Sensorial (H.M.E.S.). Cecaproin. Salas Snoezelen. Salas Snoezelen2.