Lazarux

Imaxe dunha pantalla co sistema 'Lazarux'. [D-463]

Lazarux é unha distribución GNU/Linux operando desde un Live-CD, adaptada ás necesidades informáticas de eficientes visuais de fala hispana, que inclúe un amplo conxunto de aplicacións accesibles e un motor de voz totalmente en español.

Os autores: David Cabrero Souto, Doutor en Informática e profesor na Facultade de Informática da universidade da Coruña, España; e Sergio Rodríguez Esquerra, Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión.

Cabe destacar que o usuario só debe de inserir o CD no seu PC, e encendelo ou reinicialo. Tralo arranque, terá no seu ordenador un sistema operativo Linux que usará a síntese de voz para se comunicar co usuario, algo moi positivo, xa que é válido para persoas con resto visual ou sen el. Ademais incorpora outras tecnoloxías de apoio como os magnificadores (ampliadores) da imaxe, para maior comodidade no caso de persoas con restos visuais.

O grupo de investigación do profesor Cabreiro recibiu un premio Eclipse Innovation Grants 2004 o cal, na medida do posible dedicouse a financiar parcialmente o desenvolvemento de Lazarux. A día de hoxe tamén se asinou un contrato de colaboración coa empresa Alfa21 Outsourcing S.L. para a incorporación de tecnoloxías de accesibilidade a unha distribución Linux de ámbito galego. Sen dúbida os resultados do traballo desenvolvido no ámbito do devandito contrato servirán para mellorar Lazarux.

A Curto prazo estudan formas de mellorala, e esperan continuar sacando novas versións, xa que parece un proxecto moi interesante. Ao mesmo tempo buscan novas formas de financiamento e novas colaboracións que impulsen o desenvolvemento do proxecto.

Por suposto, calquera persoa que queira unirse ao proxecto, ben sexa como desarrollador, testeador, etc., será benvida. Para contactar cos autores, facer referencia a Lazarux na liña do asunto do correo electrónico.

Ligazóns de interese:

  • Ligazón á páxina de descarga do Lazarux: www.grupomads.org/download
  • Contacto cos autores: Enviar un correo electrónico a un dos enderezos: ingsre00@ucv.udc.es ou cabrero@udc.es
Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.