Unha calculadora para todos

Imaxe da Calculadora ATCalc 3.1.8.[D-449]
Para toda a xente á que lle gustaría poder contar cunha calculadora científica e gráfica con entorno de programación eficaz, accesible ás persoas con visión reducida, dende febreiro do 2008 conta coa posibilidade de descarregar de forma gratuíta a versión ATCalc 3.1.8.

Esta calculadora, disponible en varios idiomas, está deseñada para converterse nunha ferramenta de fácil manexo para aqueles e aquelas estudantes e profesionais que queiran algo potente e un entorno e programación estruturada no estilo Pascal, sen complicarse a vida.

Cales son as súas prestacións? A diferenza das calculadoras habituais, podemos visualizar toda a operación que estamos realizando, as variables e os resultados. Xunto cos operadores de suma, resta, división e multiplicación, conta on outras funcións aritméticas, logarítmicas, trigonométricas, estatísticas, de valores aleatorios e opcións lóxicas. Ten soporte para números complexos, cálculo de integrais, operacións con matrices e permite o emprego de ata oito variables en lugar de modificar a fórmula e utilizar variables ou constantes de resultado que utilizan os últimos valores obtidos.

Ademais, permite realizar un seguido de ordes segundo as condicións que nós determinemos, mostrando ou anotando resultados, representando mensaxes, pedindo entrada de variables, e outras tarefas, como: ver o resultado redondeado en hexadecimal, binario e cifras romanas; obter a partir do valor hexadecimal e da cifra romana o correspondente valor decimal; escribir, gardar e utilizar fórmulas matemáticas e constantes de calquera tipo, e outras prestacións.

Finalmente, conta cunha calculadora temporal que permite obter dados estatísticos dunha serie de valores, obter o tempo transcorrido entre duas datas, obter a data final nunha operación de suma ou resta entre unha data inicial e un tempo determinado, conversións dun espazo de tempo, e outras.

A opción de cambiar os tipos de caracteres e o tamaño dos mesmos para todas as entradas e visualizacións fai da calculadora de ATCalc unha ferramenta moi completa, funcional e accesible a todas as persoas.

Queres descarregalo?: Enlace de acceso ao ATCalc 3.1.8. na versión en castelán.

Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.