Navegador Zac
[D-464]
Xa coñecemos que as barreiras que diariamente teñen que esquivar moitas persoas que sofren algunha discapacidade, tamén están presentes nas TIC. Un exemplo son as persoas con autismo, que se ven desbordados pola cantidade de información, elementos e cores presentes nos navegadores de Internet. Por iso, un informático creou, con asesoramento de profesionais do tratamento do autismo, un navegador web específico para estas persoas, que puxo a disposición de todo o mundo de forma gratuíta na Rede.
Un avó coraxe das Veigas, informático e cun neto autista, deuse conta de que Internet podería ser unha boa ferramenta para a rehabilitación do seu neto de seis anos. Sen embargo, o único que conseguiu foi o desánimo tras constatar que para o pequeno Zac a gran cantidade de cores, os banners e os contidos estridentes da Rede non o axudaban en nada. Cas súas dotes de programador, John LeSieur deseñou un navegador web específico para nenos autistas, que simplifica a busca de contidos.
John LeSieur, programador informático afincado nas Vegas, deuse conta de que el mesmo podería facilitar a vida ao seu neto se creaba un navegador máis sinxelo. Aproveitando a súa pequena empresa de software chamada People CD Inc., deuse á tarefa de proxectar o navegador. LeSieur só buscaba axudar ao seu neto Zackary Villeneuve, que vive en Saint Remi, Quebec (Canadá), pero unha vez que publicou en Internet o seu proxecto, moitos pais quixeron probar o ”Navegador Zac para nenos autistas”.
Preguntando a pedagogos e rehabilitadores de autismo, o avó de Zac incorporou numerosas prestacións ao seu navegador, como o bloqueo dalgunhas teclas e funcións do ordenador para que o neno non se distraia con elementos secundarios, como o botón dereito do rato ou a tecla ”Imprimir pantalla”. “Algunhas partes da Rede teñen moito material estraño que pode estar distraendo e para un neno que se comunica de forma non verbal, non habería ningunha posibilidade para que utilice esta información”, sinalou un investigador da Brown University de Rhode Island Stephen Sheinkopf.
Outros elementos do navegador, como os iconos simplificados e o seu gran tamaño, axudan ao pequeno a acceder de forma directa a xogos, contos ou exercicios mentais. “Estamos tratando de evitar aqueles sitios web que sexan escuros, agresivos visualmente ou moi complicados, porque todo isto ten que ver coa súa propia amor propio. Se eles non senten que teñen o control, frustraranse facilmente”, asegura John LeSieur.
O navegador Zac tamén pode beneficiar aos demais nenos, pois o filtro que utiliza bloquea contidos violentos, sexuais ou para adultos, unha das maiores preocupacións dos pais á hora de deixar aos seus fillos fronte ao ordenador. Sen ánimo de lucro, LeSieur ofrece a posibilidade de descargar o ”software” totalmente de balde.
Aínda que LeSieur informouse con pedagogos e expertos neste tipo de desorde do desenvolvemento do cerebro para crear o navegador, este non está aínda homologado. Sen embargo, todas as experiencias e opinións sobre o navegador Zac son satisfactorias. “É unha moi boa idea”, dixo a directora do Centro de Ensino e Investigación sobre o Autismo da Pace University de Nova York Dianne Zager.
Pero outros expertos van máis alá de darlle o parabéns a LeSieur. O xefe da oficina de innovación do Centro de Educación Especial Heartspring de Kansas Crhis Vacek, asegurou que está planteándose a posibilidade de introducir o navegador Zac no centro. Segundo Vacek, a máxima vantaxe do navegador é que é gratuíto, xa que “moitas das tecnoloxías asistenciais teñen un custo superior a 5.000 dólares e só funcionan con dispositivos especializados”.
Ligazóns que se citan no artigo:
- Ligazón á paxina do navegador Zac e á descarga.
- Proposta para o Navegador Zac en Galego
Isto son artigos de calidade e non os que facemos algúns principiantes… A humanidade que desprendes como persoa despréndese tamén dos teus escritos. Noraboa.