iFreeTablet e Xandre

Xa temos o iFreeTablet para probalo en primicia!! Aínda que non é o derradeiro modelo que sairá á rúa moi moi pronto niste mes de Xullo, nista unidade de proba xa puidemos ollar as potencialidades do sistema operativo SIESTa do iFreeTablet: control do entorno, reforzo auditivo, barrido, paquete ofimático, reprodutor de audio e video, soporte flash, xestor correo, navegador web, control do entorno (luces e dispositivos)… e un longo etc. En breve teredes mais novas diste interesante aparello.

Camera mouse

Cámara Mouse es un programa gratuito que le permite controlar el puntero del ratón sobre la pantalla del ordenador con sólo mover la cabeza. Cámara Mouse fue desarrollado por investigadores del Boston College y la Universidad de Boston para ayudar a las personas con discapacidad utilizan el ordenador. Está disponible para su descarga gratuita, sin trucos ni publicidad, para ayudar a tantas personas como sea posible. El público principal de este programa son las personas que no tienen un control fiable de la mano, pero que puede mover la cabeza. www.cameramouse.org

Picaa no App Store

Picaa: A Plataforma de Aprendizaxe Móbil Veñen de publicar Picaa no App Store: Picaa para iPhone, iPod touch e iPad na App Store de iTunes Picaa deseñouse para a creación de actividades didácticas adaptadas para alumnos con necesidades educativas especiais. Trátase dun proxecto do grupo de investigación GEDES da Universidade de Granada, creadores do sistema de comunicación aumentativa Sc@ut. Actualmente incorpora 4 tipos de exercicios: Asociación, Exploración (Comunicadores), Puzzle e Ordenación. O sistema deseñouse para atender á diversidade funcional de usuarios con necesidades especiais, principalmente nos niveis: cognitivo, visual e auditivo. A aplicación é gratuita, e na versión optimizada de xuño agardamos que xa estea a versión en galego, grazas a colaboración de TADEGa http://scaut.ugr.es/picaa/ http://itunes.apple.com/es/app/picaa/id373334470?mt=8#

O caracol Serafín

Xogo didáctico multimedia e interactivo destinado a nenas e nenos de 3 a 7 anos de idade, accesible, ás persoas con cegueira ou discapacidade visual. Consta dun conto interactivo e 17 actividades, que traballan os contidos do currículo educativo correspondentes ao segundo ciclo de educación infantil e primeiro ciclo de educación primaria. Os contidos do xogo pódense traballar en 5 idiomas: castelán, catalán, éuscaro, galego e inglés. Enlace descargar xogo: O caracol Serafín

Saca unha foto con Xandre

Tes unha webcam? Queres aparecer no noso album de fotos? Saca unha foto co protagonista do noso conto, Xandre O Elefante sen Sombra, e a envías a xandre@tadega.net Outro acceso ao fotomatón de Xandre Algunhas fotos xa recibidas

IV Xornadas TADEGa (actualizado 24/2/10)

Na asociación aledámonos de presentarvos unhas novas xornadas para este 2010. Máis en concreto o venres 26 e sábado 27 de febreiro de 2010 no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra. O seu título Competencia dixital na atención á diversidade Os datos Avisos Relación (actualizada 24/2/2010) de persoas admitidas (En formato PDF). Aclaracións ás vosas preguntas Prezos de matrícula: (Ata o 15 de febreiro inclusive). Persoas socias de TADEGa e/ou DIVERTIC: 25 €. Persoas non socias: 45 €. Número de prazas: As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes rematando o prazo de inscrición o 15 de febreiro de 2010. Posteriormente, e só no caso de quedar prazas libres, admitiríanse solicitudes novas cun incremento de 20 € sobre o prezo de matrícula. Certificacións: Solicitada a certificación pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, válida para funcionarios, interinos e titulacións universitarias estén ou non en activo por un total de 10 horas. O número de horas máximo sen asistencia con dereito a certificado é do 10%. Coa lexislación vixente, a certificación obtida é válida para o baremo das oposicións, o que non resta que na vindeira convocatoria de oposicións se moficase algún aspecto da norma que puidera facer inviable o anterior, polo que a garantía absoluta de validez non é posible. Neste momento, e conforme se van producindo as inscricións estamos notificando por correo electrónico a conformidade correspondente de xeito individual e unha vez cumprimentados todos os pasos necesarios. No momento en que detectamos algunha anomalía tamén a advertimos por correo electrónico. Enlaces e datos de referencia E como o mellor que podemos facer é ir directos á substancia, aquí vos deixamos xa cos enlaces para acceder ao tríptico do programa, e para o proceso de inscrición: Enlace ao tríptico das xornadas: programa (En formato PDF) Actualizado o martes 23 de febreiro. Enlace ao formulario para inscribirse: inscrición. Relación de hoteis en Pontevedra (actualizado 16/2/2010) (En formato PDF). Formularios adicionais (para o profesorado de ensino non universitario) nos que se poden pedir axudas económicas e permisos de asistencia (En formato PDF). Enlace de Google coa ubicación do Pazo da Cultura de Pontevedra.

O día da paz

Nestes días que andamos a patadas co idioma, e remexendo na rede na procura dun video para usar nas aulas para o día da paz (30 de xaneiro), atopei esta pequena xoia, unha pequena luz sobre un xeito de facer ben as cousas. Canción -Imagine- en lingua de señas da serie de televisión Glee. O vídeo tomado de Youtube Pé de media (e descrición alternativa): Un vídeo da serie norteamericana -Glee- coa canción de John Lenon -Imagine- representada por un grupo de rapazas e rapaces estudantes con diversidade funcional uns si e outro non, e todos eles signándoa coa lingua de señas toda a canción mentres a cantan. O rapaz principal que dirixe o canto sen moito afinamento, é xordo e nótase na súa voz, porén os seus compañeiros, que se van engadindo á canción, converténdose todo nun conxunto impecable.

Sábado, 7 de novembro

Seminario e asemblea Non perdas esta cita. Sesión dobre para os amigos e amigas desta asociación: Por unha banda e en sesión de mañá, micro-xornada/seminario sobre símbolos, tecnoloxía de apoio e recursos para a comunicación, o acceso ao currículum e á lectoescritura a cargo de: Borja Romero Salord, Director de BJ Adaptaciones e especialista en tecnoloxía de apoio, Barcelona. Por outra banda e en sesión de tarde, asemblea xeral extraordinaria de socios e socias de TADEGa. Polo medio, un xantar sinxelo de confraternidade para quen queira participar (sempre que nos comunique previamente por correo electrónico a súa asistencia) e ao estilo Ribadeo (cada un paga o seu). Polo miúdo Sen máis preámbulos: Data: Sábado 7 de novembro dende as 10 da mañá ata as 7 e media da tarde. Lugar: Santiago de Compostela, Salón de actos do MUPEGA (Museo Pedagóxico Galego). Matrícula: Non se precisa preinscrición previa. Prezos: Socias/os 5 euros por asistente. Non socios/as 10 euros. Horario 10,00 – Chegada e inscrición nas xornadas. 10,20 – Símbolos, tecnoloxía de apoio e recursos para a comunicación, o acceso ao currículum e á lectoescritura. Relator: Borja Romero Salord, Director de BJ Adaptaciones e especialista en tecnoloxía de apoio, Barcelona. 12,00 – Descanso-café. 12,30 – Debate aberto con Borja Romero Salord (BJ Adaptaciones) Feliciano José Couto Escanciano, Ana Belén Domínguez Besada (Asociación TADEGa). 13,00 – Comunicación de novidades TADEGa, presentación do proxecto: Xandre, o elefante sen sombra (en fase probas). 14,00 – Xantar de confraternidade. 16,30 – Asemblea Xeral extraordinaria de socios e socias de TADEGa (remitirase en breve convocatoria oficial, orde do día, e copia dos estatutos). Estará aberta a outros participantes non socios aínda que sen calidade de voto. 19,30 – Peche da asemblea e reacondicionamento do salón de actos. Graciñas por ser e por estar.

Síndrome de Down: Lectura y escritura

O libro de María Victoria Troncoso e María Mercedes del Cerro, da Fundación Síndrome de Down de Cantabria supuxo no seu día un magnífico recurso de traballo dende 1998. A nova é que agora está tamén dispoñible on-line así como as fichas en formato PowerPoint y Pdf. Tedes todo o material e o proxecto no enlace de Internet: www.down21.org/educ_psc/material/librolectura