Curso de PECS en Pontevedra

Os días 19 e 20 de setembro impartirase en Pontevedra un curso básico de PECS. Todo o profesorado, e en especial os especialistas en AL e PT, teremos en calquer momento un alumno dentro do trastorno do espectro autista (TEA). Moitos dos rapaces que se encadran nesta discapacidade funcional teñen moitas dificultades para poder comunicarse, para poder entender a linguaxe oral e poder expresarse con palabras. Os sistemas alternativos e aumentativos de comunicación (SAAC) fan que o alumnado se inicie na comunicación oral e, no caso de non ser posible, permite que a vaiamos construíndo con eles, un sistema que lles facilita o establecer comunicación co seu entorno. O PECSé un Sistema de Comunicación por Intercambio de Imaxes que se emprega desde 1985 como un sitema de ensinanza único, aumentativo e alternativo que axuda ás persoas con autismo e con outras deficiencias na capacidade de comunicación. Este tipo de cursos deberían ser subvencionados ou organizados polos CEFORES pois son básicos para a intervención dos TEA e outros trastornos da comunicación, poucos cursos nos son ofertados e os poucos que se convocan son de escasa calidade. Teremos pois que aproveitar ocasións como esta para poder ir completando a nosa formación. O curso será impartido por especialistas neste sistema pertencentes a Pyramid Consultants que son un grupo de profesionais altamente cualificados nos campos do autismo e outros problemas comunicativos. Enlaces de interese: A paxina de PECS: www.pecs-spain.com Páxina de inscrición no curso (descárgase documento en formato PECS): www.pecs-spain.com/pecsbasic3.pdf

Videoxogos accesibles

O próximo venres, 29 de maio de 2009, celebraranse en Madrid unhas xornadas de portas abertas sobre videoxogos accesibles que terán lugar no Centro de referencia Estatal de Autonomía Persoal e Axudas Técnicas (CEAPAT), situado no número 1 da rúa Os Extremeños de Madrid (por se algún está interesado en asistir). Nas devanditas xornadas participará a asociación Desenvolvedores de Software para o Entretemento e a Arte (Desea). Javier Mairena, vocal de Desea, impartirá ás 10:30h o relatorio: “Videoxogos Accesibles, por que e como facelos”, cuxo obxectivo é facer reflexionar ao sector de desenvolvedores de videoxogos sobre os problemas que atopan as persoas con diversidade funcional á hora de acceder a este entretemento e como evitalos. O fin que Desea persegue, tanto con esta intervención nas xornadas como con outras accións emprendidas por este grupo, é dar un impulso á creación de videoxogos accesibles. Na web de Desea atoparedes un escrito onde explícanse algunhas das razóns polas que os profesionais de videoxogos deberían optar por facer videoxogos accesibles e coñecerán técnicas a ter en conta no seu desenvolvemento. O acceso ás xornadas é libre para as persoas interesadas, que poden acceder a toda a información sobre a xornada na web do CEAPAT Desea é unha asociación andaluza sen ánimo de lucro que ten como obxectivo impulsar e apoiar a comunidade de desenvolvedores de videoxogos e afíns con respecto á súa imaxe, a súa actividade creadora, a súa formación e comunicación na comunidade autonómica de Andalucía. Desexa conta con dous anos de vida, nos que participou en encontros, conferencias, debates, concursos e cursos, entre outras actividades, onde puxeron en marcha as súas ideas de promover a formación de desenvolvedores, ademais de servir como vínculo entre os diferentes estamentos desta industria. Mais información: Páxina web da asociación, www.desea.es, Email a: prensa@desea.es Saúdos desde o máis profundo dos bytes.

Préstamo tecnolóxico TADEGA (Actualización)

Comezamos un novo servizo de “préstamo tecnolóxico” na Educación Galega, os primeiros en beneficiarse del foron os compañeiros do CEIP Santo Paio de Abaixo. Eiquí a crónica que nos deixaron: “Tivemos durante uns días unha nova ferramenta de traballo, un ordenador con pantalla táctil, grazas a isto , tod@s podemos manexar o ordenador sen problema e sen lios co rato. Como ferramenta que é, serviunos para traballar moitas cousas, a pesar do pouco tempo que tivémolo ( xa nos gustaría ter un propio) intentamos probar todas as potencialidades que ten e o que nos pode achegar. O resultado foi moi bo, a un fácil manexo, se únelle a posibilidade de utilizalo en parellas sen ter que pasarse o rato ( co enredo que iso supón), a motivación para esta nova ferramenta é moi grande, ademais, cun mínimo de adestramento ata os máis pícaros do cole úsano sen problema. Lucas e Conchi (Vincis) resolveron unhas actividades de LIM sen problema.” Eres socia ou socio de TADEGA? Queres acceder ao servizo de préstamo tecnolóxico? Envía o documento de colaboracion ao enderezo colaboracions (arroba) tadega.net e atenderemos o teu caso canto antes. Actualización Elementos actuais de TADEGa en préstamo:

Estimulación da linguaxe

APAE, gabinete especializado en atención psicopedagóxica e intervención logopédica, oferta para este verán varios talleres de estimulación da linguaxe. Uns talleres son dirixidos aos rapaces nados entre o 2001 e o 2006, e outra modalidade ofértase ós pais e nais que estean interesados en aprender a estimular do mellor xeito posible a linguaxe dos seus fillos/as dende o seu nacemento, entendendo o entorno familiar coma o ámbito natural do desenvolvemento da comunicación. Os talleres dirixidos aos rapaces, divididos por grupos de idade, pretenden desenvolver unha linguaxe oral funcional a nivel expresivo y comprensivo, ampliar o vocabulario a partir de centros de interese e estimular a intención comunicativa, o traballo en equipo e a creatividade. O taller dirixido ás nais e pais, pretende informar do desenvolvemento normal da linguaxe, de modo que as persoas que asistan sexan capaces de detectar precozmente nos seus fillos/as calquera alteración na súa adquisición. Preténdese tamén que os pais/nais saiban da importancia do entorno familiar na estimulación da linguaxe, e sexan quen de sacarlle o maior partido posible a situacións da vida cotiá. http://apae.com.es/ Documento pdf do obradoiro de linguaxe para nenos Documento pdf do obradoiro para nais e pais

XII Xornadas AGPETAL III Xornadas TADEGa

Unha vez pasadas as Xornadas, e os retallos organizativos que aínda quedan, iremos dixerindo todo o material, fotos, vídeos, contidos… que produciron as Xornadas. Hoxe o vídeo do Proxecto Foro TecnoNEEt (1), logros e perspectivas de futuro; e tamén o PowerPoint lo Lobo Feroz (2) que Borja de BJ-Adaptaciones (3) dixo que nos deixaba. Grazas a todas e a todos. [D-702] Ligazons (1)Ligazón á web do Foro TecnoNEEt (2)Ligazón ao PowerPoint “La Historia do Gran Lobo Feroz” (3)Ligazón á web de BJ Adaptaciones (4)Ligazón ao álbum de fotos de Picasa das Xornadas

Conclusións Tecnoneet 2008

[D-691] Ola a todas e todos. Comprácenos comunicarvos que, tras algunhas discusións nos comités encargados na súa elaboración, remítennos o documento definitivo de Conclusións do V Congreso Tecnoneet 2008. O colectivo tadeguiano en xeral sintese moi orgulloso diste documento no que traballaron activamente e, en especial o noso Juan. Noraboa Presi Acceso ao documento

Xornada Autismo Galicia II

Ademais de coñecer a ferramenta coa que Autismo Galicia e os seus socios, poden xestionar o seu traballo, e os seus recursos: A Plataforma Tecnolóxica (1) (2). E ter a honra de escoitar en directo ao creador do Zac (3) (4), a aplicación que permite a nenos con e sen NEAE pasar un intre divertido á vez que dar unha tranquilidade aos seus pais ante o uso do computador, posto que bloquea as funcións do teclado e as opcións da pantalla que non son necesarias para o xogo, música, vídeo ou conto co que o neno está interactuando. E escoitar novamente que pronto estará dispoñible a nova versión do Zac, na que se poderán incluír enláces das páxinas de Internet preferidas do propio usuario, como os que TADEGa foi recompilando con entusiasmo e que agradecemos enormemente sexan tidos en conta nesta a súa próxima versión, na que esperamos ter a ocasión de poder colaborar no que estimen oportuno. E ademais de coñecer o traballo que as Universidades da Coruña (5), con respecto á diversidade funcional, a Universidade de Valencia (6), coa súa coñecida habitación dos pictogramas e o seu tic-tac, ou a Universidade de Zaragoza (7) cos proxectos Prelingua, Vocaliza, ou Cóntame, e todo o que se me escapa, desculpádeme, pero non son unha cinta gravadora (8), tivemos a ocasión de coñecer algo realmente interesante, algo que espero transmitirvos aquí da forma que eu o sentín. Trátase da aplicación web para o método baseado na PCP, Planificación Centrada na Persoa, tamén da Universidade de Valencia. Raquel Abellán, fixo unha magnífica presentación dun traballo que pronto estará dispoñible libremente. Na actualidade pódese visionar a demo e solicitar a clave de acceso, que esperan en breve poder enviar, en canto teñan terminado o proxecto. Vou intentar facer a miña propia versión disto que se chama Planificación Centrada na Persoa, desde a miña ignorancia. Desculpádeme as posibles expresións inadecuadas que poida dar, pero é a forma en como eu o vin. Temos unha personita, sobre ela e para ela imos traballar. Necesitamos un grupo de traballo próximo a esta persoa para ir fixando os seus soños. Para conseguir os soños será necesario fixarse uns obxectivos. Pero estes soños son os soños da persoa, non os dos seus familiares nin os dos seus amigos, nin os dos profesionais que a rodean, senón os seus propios soños, e sobre isto é sobre o que imos traballar con esta planificación. Xestionaremos as reunións entre diversos membros do grupo, xestionaremos unha serie de documentación na páxina web, que estará baixo clave de acceso. Utilizaranse apoios visuais, e realizarase o

Ler máis

Xornada Autismo Galicia

Universidade de Filosofía, Santiago de Compostela, 4:30 da tarde do sábado 13 de Decembro de 2008, día de Santa Lucía. No salón de actos da Facultade tres taguedian@s ante un auditorio convoGcado por Autismo alicia, apáganse as luces e xorden as palabras, seguras e claras, de Juan para cortar o aire con simplicidade poñendo sobre a mesa accesibilidade, usabilidade, colaboración, inclusión… desde a perspectiva de TADEGa como sitio para todas e para todos ónde compartir recursos e ferramentas… onde a única diferenza que nos separa é o nome de acceso e o contrasinal..[D-650-1] Logo Susana, tirando de recursos ante a lei de Murphy, deunos un paseo penso que maxistral, sobre a implicación dunha profesional do ensino , mestra de infantil, no traballo del día a día na aula onde conviven, e aprenden a aprender 11 nenos e nenas diversos/as e diferentes, onde interactúan entre eles para ser e estar compartindo saberes … onde a introdución das TIC na aula, como recurso, amósanos o profundo potencial que teñen na motivación do alumnado na tarefa … Susana deixounos na retina unha pequena mostra dun gran traballo…[D-650-2] Inés, amosounos o outro lado da comunidade de aprendizaxe, meteunos a plan na súa casa, para compartir con nós a dedicación, a implicación e a constancia dunha nai na educación dos seus fillos, cunha traxectoria de traballo por compartir e facer participe ao auditorio a realidade, a visión do mundo aos ollos de Iago, do seu blog, das posibilidades que estes ofrecen, a importancia de non quedar sos na loita, senón de abrir o seu mundo aos demais e facelos participes duna realidade, de loitar pola supresión de barreiras legais en torno ao dereito de uso dos pictogramas, da importancia de poñer a disposición dos nosos fillos e alumnado todas as ferramentas dispoñibles sen deterse polos costos ou, o que é máis triste polas barreiras da burocracia e o copyright… graciñas Inés por compartilo con nós. [D-650-3] Ao final, un amigo, un vello amigo, preguntoume… e ti, que fas aquí? Eu simplemente contestei con orgullo… Eu tamén son de TADEGa. Graciñas aos tres, por ser e estar. Manuel Ligazóns Páxina de Autismo Galicia Páxina de Documentación das Xornadas Autismo Galicia

BETT 2009 Special Needs

A verdade é que o que alí hai, da para moito moito paseo… nos vindeiros días darémosvos conta de cousiñas interesantes que por alí vimos, todo moi moi interesante e a compañía… o mellor. Ahí o vai so unha pequena mostra que precisa que prendades os altavoces: London, London… [D-681] Ligazóns Páxina de BETT 2009 Páxina de Inclusive Technology