Picaa no App Store
Picaa: A Plataforma de Aprendizaxe Móbil
Veñen de publicar Picaa no App Store: Picaa para iPhone, iPod touch e iPad na App Store de iTunes
Picaa deseñouse para a creación de actividades didácticas adaptadas para alumnos con necesidades educativas especiais. Trátase dun proxecto do grupo de investigación GEDES da Universidade de Granada, creadores do sistema de comunicación aumentativa Sc@ut.
Actualmente incorpora 4 tipos de exercicios: Asociación, Exploración (Comunicadores), Puzzle e Ordenación.
O sistema deseñouse para atender á diversidade funcional de usuarios con necesidades especiais, principalmente nos niveis: cognitivo, visual e auditivo.
A aplicación é gratuita, e na versión optimizada de xuño agardamos que xa estea a versión en galego, grazas a colaboración de TADEGa