V Encontros TADEGa: Sexualidade e Diversidade
Vimos percibindo que a pesares da importancia que se deu nos derradeiros anos á inclusión das persoas con diversidade funcional en todas as esferas da vida cotiá, aínda segue subsistindo a postura xeralizada na nosa sociedade de que o mundo da sexualidade é un mundo alleo para estas persoas.
Acerca do sexo existen en xeral moitos tabús, pero se ademais o relacionamos coas persoas con diversidade funcional xorden unha morea de mitos a desmontar.
O selo distintivo de Tadega é a loita por unha sociedade máis incluínte, e nesta ocasión, queremos contribuír a que se recoñezan e respecten os dereitos das persoas con diversidade funcional coma seres sexuados, para erradicar os estereotipos e garantir o acceso á información e ao exercicio dos seus dereitos sexuais e reprodutivos en completa igualdade co resto de seres humanos, tendo sempre en conta as súas necesidades específicas.
Cunha actitude social e profesional libre de prexuízos e de paternalismos, pretendemos nestes Encontros atopar respostas a interrogantes que, quizais, nin sequera chegamos a formularnos, pero sobre todo tentaremos sementar preguntas.
Para saber mais:
www.encontros.tadega.net
Que vos ilusione tanto como a nós.