10 de decembro, día mundial dos dereitos humanos
10 de decembro de 2010
Unha experiencia con Xandre nos centros. A inclusión como dereito educativo
Celebrado o 10 de decembro dende hai tempo (1950, resolución 423-V da asemblea Xeral das Nacións Unidas), o día mundial dos dereitos humanos ten nos centros de ensino un espazo privilexiado mediante a realización de diferentes actividades. Así, o que as Nacións Unidas promulgaron pode tomar corpo nas nosas conciencias e nas nosas aulas.
Pé de media (e descrición alternativa): Vídeo sobre como se fixo Xandre feito cunha presentación de fotos dos distintos momentos. Ao longo da metraxe pódense ler letreiros que suman o seguinte texto: Como se fixo Xandre o elefante sen sombra. Con… moita ilusión, moito agarimo, moito traballo, e… altas doses de pracer estético. Non sería posible sen a colaboración de… Andrés Caamaño, Frank Eijo, Paco Díaz, Rafa Sánchez Agustino, Valentín Torrado, Xavi Seco, Ana, Antón, Luis, Manuel, Mariña, Mauro, Rosa, (e o grupo de Contos). Graciñas, TADEGa.net
Dende a asociación TADEGa enviouse unha proposta a todos os centros do ensino galego: que o día 10 de decembro amosen nas súas aulas o conto: Xandre, o elefante sen sombra
. Un conto adaptado, accesible e usable, para espertar en cada un de nós a necesidade da presencia de todas as persoas con ou sen discapacidades. Unha inclusión natural, un xeito de convivir, de ser e de estar.
O conto, como sabedes, está nesta web de Xandre (e dentro del, ver menú principal O conto
) así como as actividades, e incluso algún engadido máis (audios, vídeos, textos e debuxos para imprimir, etc.) Tamén se pode mercar a pulseira USB co conto xa grabado á que tamén se pode acceder dende o menú principal desta web.
No caso de querer visualizarse directamente, recoméndase que uns días antes se probe nos mesmos ordenadores para deixar descargado todo o material previamente evitando así conxestións no ancho de banda cando todos os centros se conectasen á vez.
Igual con tanto éxito tirades coa nosa web abaixo, estaría ben, pero faremos canto estea na nosa man para evitar todos os trastornos que podamos.
Graciñas por ser e por estar.