Cambiemos os estándares da UNESCO
[D-392]
Un documento atrevido, importante e incompleto
Recentemente chegou ás nosas mans un substancioso documento en formato PDF titulado Estándares de competencia en TIC para docentes
cuxa autoría é da UNESCO. Trátase dun documento consensuado con data recente (Londres, 8 de xaneiro de 2008) e nel se recollen os deseños de estándares / directrices / orientacións de competencias TIC destinadas aos docentes e máis aínda aos programas formativos dos docentes.
Que a UNESCO se atrevese a tanto xa é digno de eloxio, sobre todo se pensamos que de xeito automático se convirte nun referente universal para toda formación do profesorado sexa do país que sexa. O problema ven de que, ao noso xuízo, iste documento di moitas verdades, certo, pero cala outras e isto é grave. E de aí nace a nosa proposta para que sexa reformado de xeito que nel se recollan todos os elementos que, ao noso xuízo deben figurar nel.
A esencia do que falta
En síntese, que non se menciona en ningún sitio:
- A atención á diversidade
- A esencia da
accesibilidade web
como parte crucial de todo deseño para que no sexa excluínte para as persoas con discapacidade. - A esencia do
deseñado para todos
como etiqueta de toda construción dixital para que ninguén quede excluído do seu acceso. - A necesaria formación do alumnado nestes conceptos como parte da súa formación tanto ética como técnica.
¿Cambiamos isto?
Ben. Agora se trata de ampliar, afondar, mellorar, arranxar ises puntos para rematar construíndo unha proposta ben vertebrada de mellora deste documento ¿Quen se anima? Admítense suxestións.
Documentos que se citan
- Documento da UNESCO: documento en formato PDF procedente de eduteka.org
- Enlace na web de ‘internetaula.ning.com’ na que temos aberta esta discusión ao nivel de todo o estado español e no que vos invitamos encarecidamente a participar: internetaula.ning.com/group/atencionaladiversidad.