Novidades 2020. 1ª parte

Fondo decorativo alusivo ao programa Telegram.
Fondo decorativo alusivo ao programa Telegram.

En TADEGa xa vai tempo que queríamos cambiar a vella lista de correo que non funcionaba nada ben. Correos que ían directos á lista do Spam, ou ao lixo, ou non chegaban, ou andan no medio doutros centos máis que dá preguiza ler.

Tratado en asemblea acordouse atopar unha alternativa máis eficaz, interactiva e dinámica, e presentamos agora aquí o seguinte resultado:

t.me/GrupoTadega
Enlace ao Grupo TADEGa. Para estar ao día + interactuar co resto da comunidade TADEGa.

t.me/CanleTadega
Enlace á Canle TADEGa. (Alternativa reducida) só para estar ao día sen interactuar co resto.

Para funcionar precisa ter o Telegram instalado, unha aplicación confiable para PC e/ou Móbil, sinxela de manexar, que lembra ao whatsapp pero moito máis respectuosa coa privacidade dos seus usuarios (por iso a escollimos).

Por favor, vide todos e fagamos festa. 😉

Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.