IX Congreso TADEGa. Lugo 2025
Datas e datos Programa Xunto co resto da información: tadega.net/xuntanzas/ix-congreso-tadega-lugo-2025
Revisa o teu servidor para evitar que os correos de @tadega.net vaian directos á bandexa do lixo.
Axúdanos!Xandre, o elefante sen sombra, terá axiña unha nova vida. Estade moi atentos.
ContosDeXandre.netSe queres saber máis sobre nós ou asociarte, aquí tes información adicional. Grazas.
Informarse...Datas e datos Programa Xunto co resto da información: tadega.net/xuntanzas/ix-congreso-tadega-lugo-2025
Hai días… nos que un non sabe por onde anda nin en que lío está metido. As emocións alborotadas tampouco axudan. Pois ala! 3 arranxos que lle imos dar!
No VIII Congreso TADEGa do pasado mes de novembro, detectamos moito entusiasmo por varios obradoiros que nos propuxemos reproducir ao longo deste ano 2024.
1º nos estreamos co de “adaptación de materiais para alumnado con discapacidade visual”.
E agora vos anunciamos o impartido por Leonor Giménez Fernández: “Adaptación de textos a lectura fácil e visual thinking”.
No VIII Congreso TADEGa do pasado mes de novembro, detectamos moito entusiasmo por varios obradoiros; entre eles o impartido pola nosa compañeira Rosa Garrido sobre a adaptación de materiais para alumnado con discapacidade visual. Meu dito meu feito: aquí queda a convocatoria neste 1º obradoiro de 2024 para quen non puido asistir por terse cuberto as vacantes e para toda persoa interesada; pero bulide que xa quedan moi poucas prazas libres.
Estimado/a socio/a de TADEGA Pola presente, e conforme ao establecido nos estatutos desta asociación, alédanos anunciarvos e convocarvos a todas as persoas socias á asamblea de TADEGa que terá lugar o vindeiro venres 1 de decembro ás 17:30 horas en primeira convocatoria e, no seu caso, ás 18:00 en segunda convocatoria na sede da Secretaría Xeral de Politica Lingüística (Rúa de San Roque, 2, 15704 Santiago de Compostela https://maps.app.goo.gl/fCURMarRNoTds77L9 ) , mira a axenda do día: 18:00 Asamblea de Socios (tamén online)21:00 Despedida21:30 Cea (opcional, menú sobre 20€) ORDE DO DIA– Lectura e aprobación da acta anterior– Estado de contas da asociación 2023– Diversos asuntos– Programación de actividades 2024– Rogos e preguntas Enlace ao formulario https://forms.gle/rM9mAfbAphstsLmS8 Apertas e vémonos o día 1!!
15 anos de Comunidade, Tecnoloxía, Diversidade e Inclusión (Programa en PDF) Datas e datos Programa Venres 3 Sábado 4 Obradoiros Inscrición e prezos: bit.ly/tadega23 Contacto: EventosTadega@gmail.com Asignación de obradoiros: bit.ly/TDG-2023 Persoas inscritas: tadega.net/inscricions-2023
Detectados moitos correos perdidos porque van directamente á bandexa do Spam. Por favor, revisa o teu correo e axúdanos.
VII Congreso TADEGa 2021. Reencontros na 3ª fase. Non estamos sós.
Ás veces, quen andamos no mundo do asociacionismo, implicados en causas ¿perdidas? matinando en como incentivar, suscitar, estimular, apoiar, redescubrir, alentar… en favor dun mundo máis xusto, acorde, solidario, empático… atopamos que ese mundo anda do revés ¿Como lle dar auga a quen non ten sede?
Presentámosvos os primeiros obradoiros a desenvolver nista andaina online, que pretenden aportar solucións educativas tanto para alumnado con diversidade como para o emprego da tecnoloxía. Estes obradoiros son de balde para as persoas socias de TADEGA. Agardamos que sexa do voso interese, para suxerencias de futuros temas de obradoiros podes contactar a través de colaboracions@tadega.net Cargando…