Cita: ¿Non todo é traballo? ¿Ou si?

[D] O Traballo é ego e, como tal, sempre quere máis. Non dubidará en comerche a vida, as túas relacións sociais, o teu corpo, a túa alma, o teu tempo. Engañarache facéndote crer que, porque traballas moito, todos te admirarán, triunfas na vida e vales máis. Mentira. Quererse non, é matarse a currar, e nada máis.” Mercé Molist dixit. Nota: Non andarás a ler esta bitácora por traballo? ¿Ou si?

Traducir recursos ao galego

[D] Un dos valores engadidos que pode aportar unha comunidade activa como a nosa de profesionais da Educación interesados na optimización do uso das TIC (Tecnoloxías da Atención á Diversidade na Educación Galega), é a traducción dos recursos tecnolóxicos máis salientables do panorama actual ao galego para así rachar unha das fendas dixitais que xorden en Galicia por mor do idioma. Ese é o noso caso, así que dito e feito, puxémonos a traballar neste campo. Neste momento os nosos proxectos son os seguintes: Traducción ao galego de Aumentativa.net a base de datos máis grande e de maior calidade en comunicación aumentativa (www.aumentativa.net). Traducción ao galego de Calwav, unha calculadora parlante, moi axeitada polo tanto para persoas cegas, aínda que con aplicación en moitos máis ámbitos e desenvolta por Joaquim Fonoll de sobra coñecido por todos (www.xtec.es/~jfonoll/). Queremos tamén destacar o esforzo que a nosa compañeira Belén ven aportando na traducción de Facil, tamén desenvolto por Joaquim Fonoll (www.xtec.es/~jfonoll/). E non serán os últimos. Hai outros proxectos enriba da mesa para ser estudiados.

I Xornadas TADEGa 2007

[D] As I Xornadas TADEGa 2007 tiveron lugar o sábado 28 de abril de 2007 en Santiago de Compostela baixo o título Novos recursos tecnolóxicos para a atención á diversidade e a procura da accesibilidade. Programa O programa de contidos e actividades desenvoltos o tedes no seguinte enlace ao programa en formato PDF. Información detallada Ao longo destes días iremos colocando no enlace seguinte os distintos documentos, textos, presentacións, fotografías etc. nos que se explican polo miudo todo o acontecer destas xornadas que, ao noso xuízo foron altamente positivas. Enlace con información detallada.

Moscas a Canonazos

[D] Debo comezar dicindo que non falo en representación de TADEGa senón que expreso a miña opinión persoal. Ao ler as noticias sobre a educación e as novas tecnoloxías destes días, especialmente a raíz da recente publicación por parte do Consello Escolar de Galicia do “Informe sobre o estado e a situación do sistema educativo en Galicia. CURSOS 2002-2003, 2003-2004 e 2004-2005” levo as mans á cabeza alporizado polos datos que se van desgraendo: “CódigoCero.com (17/4/2007). A Asociación de Enxeñeiros en Informática de Galicia alerta ante a deficiente formación en novas tecnoloxías no ensino secundario da nosa comunidade. O pasado 10 de abril fíxose pública a alerta do Consello Escolar de Galicia ante o “alto atraso” dos alumnos galegos nas novas tecnoloxías. Iste informe revela as grandes deficiencias que se detectan na formación en informática e novas tecnoloxías no ensino secundario na nosa comunidade. Dende a AEIG levamos xa tempo detectando e poñendo de manifesto este feito, que non só provoca unha falta de competitividade no terreo laboral para os profesionais galegos do futuro, senón que supón unha lacra para o desenvolvemento tecnolóxico da nosa comunidade.” “Faro de Vigo (10/4/2007). PIDEN MÁS FONDOS Y FORMACIÓN ESPECÍFICA PARA LOS DOCENTES EN MATERIA DE SOCIEDAD DE LA INFORMACIÓN. El Consello Escolar alerta del “alto atraso” de los alumnos gallegos en las nuevas tecnologías. Galicia “lleva un alto grado de atraso” en la introducción masiva de las nuevas tecnologías en la escuela, y es “urgente la generalización” de la informática y las telecomunicaciones en todos los colegios para “reducir distancias con los vecinos europeos y los demás países avanzados”. Ésta es una de las recomendaciones hechas en el último Informe sobre el Estado y la Situación del Sistema Educativo en Galicia.” Máis datos: O citado informe é un documento de 710 páxinas no que se fai, en apariencia, unha fonda análise do sistema educativo. Adícase un capítulo enteiro (capítulo 6) á atención á diversidade no sistema educativo (132 páxinas) e un subcapítulo (sub. 4 do capítulo 9 en 10 páxinas) ao uso das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) pero nestas sesudas análises: Non se menciona en ningún punto o uso das TIC na Atención á Diversidade. (Agás unhas levísimas citas en aspectos moi xenéricos de intención na atención hospitalaria, a formación de adultos ou a investigación na educación especial). O único punto onde se cita textualmente a “accesibilidade” é na páxina 408 onde dí: “proxecto C (IES de Fene-Fene): Tecnoloxías encamiñadas á accesibilidade no sector de automoción.” Nada que ver, polo tanto, coa accesibilidade das tecnoloxías para as persoas con discapacidade no ensino.

Ler máis

A accesibilidade nas Cortes

[D] Segundo se veñen de facer eco nos distintos medios de comunicación, este venres (13 de abril) o Consello de Ministros acaba de remitir ás Cortes o ‘Proyecto de Ley de Medidas de Impulso de la Sociedad de la Información‘ E, dentro das numerosas medidas que nel se establecen figura: Internet más accesible para discapacitados y personas de edad avanzada. Se establece que las páginas de Internet de las Administraciones Públicas satisfarán el nivel medio de accesibilidad, según los criterios de accesibilidad generalmente reconocidos, antes del 31 de diciembre de 2008. Este mismo requisito será aplicable a las páginas con financiación pública, a las páginas de las empresas que gestionen servicios públicos y a las empresas obligadas a facilitar un medio de interlocución telemática con sus clientes. Para algúns podería pasar desapercibido este asunto, aínda que é da máxima revelancia ¿Por qué? Aínda que a accesibilidade (web ou de calquera outro tipo) está contemplada pola ONU como un dereito universal e España está adherida a esta convención, e aínda que tamén a Unión Europea establece esta máxima, en España aínda non se lle deu “forma legal precisa” á accesibilidade, e menos aínda, á accesibilidade web. Ata agora, as únicas normas legais que fixan, no estado español, a accesibilidade web son: A LIONDAU (LEY 51/2003, de 2 de diciembre, de igualdad de oportunidades, no discriminación y accesibilidad universal de las personas con discapacidad). A LSSICE (LEY 34/2002, de 11 de julio, de servicios de la sociedad de la información y de comercio electrónico). O conto é que estas leis abordan a accesibilidade de xeito xeral, e demandan a accesibilidade web de xeito obrigatorio para todas as administracións públicas e para todos os organismos e entidades sostidos con fondos públicos. Pero sen prazos de tempo para cumprirse nin xeitos de decir exactamente qué tipo de accesibilidade nin qué nivel. Todos agardabamos a que aparecese unha norma que explicitase estes termos e, segundo os borradores aos que tivemos acceso, exixíase: Que este nivel de accesibilidade se acadase no 2007. Que fose baixo a normativa WAI-W3C nivel AA. Que fose certificable mediante un organismo externo como pode ser, por exemplo, AENOR. Sexa como fose agora aparece este proxecto a debater nas Cortes ¿Será esta a concretización agardada? ¿Terá ese nivel de concretización ou buscarán portas traseiras para burlala? Non é baladí o resultado final que poidan deliberar “as súas señorías” e tanto os medios de comunicación como os “cidadáns de a pé” non parecen estar moi preocupados por este “asuntiño” á vista doutros aparentemente máis relevantes ¡Escoita que chove! Para máis información, consultar en: O Caderno

Ler máis

Zlango: sistema pictográfico de comunicación 2.0

[D] Zlango (http://www.zlango.com/), é unha divertida ferramenta que permite sen necesidade de rexistro crear frases usando símbolos predefinidos ao estilo do SPC (Sistema Pictográfico de Comunicación). Polo de agora só “traduce” verbas en inglés pero é un recurso interesante para o seu uso na aula ( 😉 exacto estou pensando en vos, compañeiros/as da ClaseBlanca). A mensaxe pode enviarse por correo electrónico, publicarse nun caderno de bitácora ou deixalo como testemuña na propia plataforma. Tamén teñen un servizo para móbiles ao estilo SC@UT (Sistema de Comunicación Aumentativa y adaptativa) (http://www.ugr.es/~scaut/) A ver cantos de vós conseguides descifrar a miña mensaxe: [D] Déixovos un vídeo do máis simpático: [D] [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/TlTlYCqOnb4″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /]

Banda deseñada online

Co gallo das xornadas de hoxe (Docentia 12/05/07) e despois de recibir algúns mails pedindo máis información sobre o tema das ferramentas vía web, achégovos unha das máis demandadas, un “cómic online” da man da plataforma toondoo (www.toondoo.com). [D]

TADEGa en DOCENTIA 2007

Vía email por Juan: “Ola rapaces. Como tiña aviso de que ao mellor os medios non respondían axeitadamente e de que polo tanto puidera non ter dispoñible o acceso a Internet, fíxenme unha presentación en PowerPoint co material que precisaba tanto para a presentación con Felo (Venres) como para a presentación de Abraham (Xoves). O que significa que é unha presentación na que irei rapidiño cando toque uns temas e pausado cando toque outros conforme se presente a ocasión. Espero que quede á vosa satisfacción. Unha aperta Juan.” Aquí está a presentación ;)[D]

Tadega nos medios de comunicación

[D] Estabamos de noraboa e o seguimos estando. A raíz do premio EGANET 2007 do que xa dimos conta en artigos anteriores, distintos medios de comunicación fixéronse eco deste evento, e máis por deixar constancia no noso arquivo histórico que gardamos nesta bitácora que por autobombo (a pesares do que puidera parecer 🙂 ) queremos deixar aquí postos os enlaces máis significativos a estes recoñecementos (en orde cronolóxico): O relato segundo o propio xurado (29/3/2007): (enlace) A noticia en ‘El Correo Gallego‘ (29/3/2007): (enlace) En ‘La Voz de Galicia‘ (30/3/2007): (enlace) No ‘ABC – Galicia‘ (31/3/2007): (enlace) Entrevista na ‘Radio Galega‘ (4/4/2007): (enlace) Descargar: