TADEGa en DOCENTIA 2007

Vía email por Juan:

“Ola rapaces.

Como tiña aviso de que ao mellor os medios non respondían axeitadamente e de que polo tanto puidera non ter dispoñible o acceso a Internet, fíxenme unha presentación en PowerPoint co material que precisaba tanto para a presentación con Felo (Venres) como para a presentación de Abraham (Xoves). O que significa que é unha presentación na que irei rapidiño cando toque uns temas e pausado cando toque outros conforme se presente a ocasión.

Espero que quede á vosa satisfacción.
Unha aperta
Juan.”

Aquí está a presentación ;)[D]

Comparte este artigo

7 Comentarios

  1. Graciñas Abraham pola idea de colgar isto na bitáocra, non se me ocorrera esa opción.

    E reflexionando máis a fondo sobre Docentia e a nosa participación, pois mira tí, inicialmente a cousa camiñaba porque estivéramos ahí como asistentes pero ao final parece que temos unha presenza importante e significativa neste evento:

    * A nosa compañeira Rosa Garrido co seu grupo ACCEDO de Pontevedra alí estará expoñendo as súas iniciativas.

    * Outro tanto o fará a nosa compañeira Malmierca falando dende as iniciativas de E-Learning.

    * O mesmo o noso compañeiro Abraham amosando as bondades dos blogs e da Web 2.0.

    * O noso compañeiro Felo alí tamén estará falándonos do software na Aula.

    * E a min pois tocarame falar de TADEGa, dos seus obxectivos e proxectos como un exemplo do que o asociacionismo de profesionais educativos pode e debe facer no mundo da Atención a Diversidade.

    Así pois, haberá que estar de noroboa novamente ao ver que, cada quen polo seu carón… estamos a formar unha comunidade activa, dinámica e con gañas de facer as cousas como se debe, ben feitas.

  2. Pois sí que moi ben feitas xa que despois de mirar a presentacion e sabendo de Juan, como boto en falla na rede ese deseño tan coidado das imaxes, o contido e sobre todo dun xeito claro. Gustoume moito

  3. A presentación está xenial, pero moito mellor a posta en escena 😉
    Parabens.
    Un saúdo

  4. Esquecinme!!

    As ¡maxes son xeniales, gústame incluso a captura de pantalla na que lara se conecta 😉 😛 je je

  5. Unha boa crónica do acontecido en Docentia07 a temos en:
    http://www.galpon.org/modules/news/article.php?storyid=559
    da man do “francotirador” do software privativo Carlos Rodríguez (xa dicía eu que esa cara resultábame coñecida).

  6. Mensaxe para Belén: Véxote moi implicada nesto das TIC a xulgar polo entusiasmo que parecías ter na sala, na túa web e tamén nestes comentarios. Vía tamén que o tema da accesibilidade e da atención á diversidade non te é alleo en absoluto ¿Por qué non te animas e entras no grupo de TADEGa? Creo que sería interesante para tí e tamén para nós…

  7. Estou implicada hasta a….. CPU je je je

    Xa pensei en poñerme en contacto con vós a primeira vez que vin a páxina. No tema da accesibilidade quédame un mundo por aprender pero é un tema do que todos deberiamos concienciarnos.
    Agora mesmo teño que adicar todos os meus esforzos ás opos, así que de momento seguimos en contacto e despois….
    Un saúdo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.