Zlango: sistema pictográfico de comunicación 2.0
[D]
Zlango (http://www.zlango.com/), é unha divertida ferramenta que permite sen necesidade de rexistro crear frases usando símbolos predefinidos ao estilo do SPC (Sistema Pictográfico de Comunicación).
Polo de agora só “traduce” verbas en inglés pero é un recurso interesante para o seu uso na aula ( 😉 exacto estou pensando en vos, compañeiros/as da ClaseBlanca).
A mensaxe pode enviarse por correo electrónico, publicarse nun caderno de bitácora ou deixalo como testemuña na propia plataforma.
Tamén teñen un servizo para móbiles ao estilo SC@UT (Sistema de Comunicación Aumentativa y adaptativa)
A ver cantos de vós conseguides descifrar a miña mensaxe:
[D]
Déixovos un vídeo do máis simpático: [D]
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/TlTlYCqOnb4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Fantástico!!!
Agora mesmo yo paso aos colegas que traballan nese campo.
Graciñas