Tradutor de documentos para cegos

[D-225] Acordo para o desenvolvemento dun tradutor de documentos para cegos de Microsoft Microsoft e o consorcio de audiolibros dixitais DAISY (Dixital Accessible Information System) traballarán para desenvolver conxuntamente nunha ferramenta de tradución para cegos que traducirá os documentos de Microsoft Word a un estándar de audio dixital. Ambas as organizacións afirmaron que a súa colaboración está destinada a desenvolver un plugin descargable gratuíto que traduza documentos baseados no formato no que Microsoft Office 2007 garda por defecto os seus documento ao formato de DAISY para que posteriormente se poidan procesar para producir audio dixital e outros formatos. Espérase que o plugin estea dispoñible a comezos de 2008. O consorcio sen ánimo de lucro DAISY, con sede en Zúric, Suíza, foi formado en 1996 por bibliotecas de audiolibros co fin de axudar á transición de audiolibros analóxicos a dixitais e adotou estándares abertos baseados en formatos de arquivos de Internet. Fonte da información: EuroResidentes.com Nota Á noticia debe engadirse que os reprodutores de documentos DAISY permiten deter a lectura dun audiolibro e, cando acendemos de novo o equipo, continuar lendo onde o deixamos. O audiolibro está dividido en capítulos, permitindo unha navegación moi sinxela. Tamén se poden pór marcas ao longo do audiolibro e poder acceder a elas máis tarde. Para rematar, existen programas que permiten a conversión dun audiolibro en formato DAISY a formato mp3.

Xornadas técnicas de accesibilidade e usabilidade

[D-224] EGANET (asociación sen ánimo de lucro, formada por empresas e profesionais galegos do sector de Internet e as novas tecnoloxías) ven de informarnos na súa páxina web (www.eganet.org) de 2 eventos de suma importancia no ámbito galego. 26 e 27 de novembro de 2007, curso Accesibilidade Web organizado por EGANET cunha duración de 16 horas, destinado a profesionais con coñecementos intermedios de desenvolvemento de aplicacións web, a se celebrar tanto en Santiago como en Vigo. 3 de decembro en Santiago e 5 de decembro en Vigo, curso de Introdución a Usabilidade organizado por EGANET cunha duración de 8 horas, que busca a introdución ao mundo da usabilidade e o deseño centrado no usuario, dando unha visión clara de cal é a súa importancia no desenrolo de webs e outro software. Nota: Estes cursos contan cunha axuda Dirección Xeral de Promoción Industria e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria e non terán ningún custe para os participantes. Máis información, na páxina web antes indicada da propia EGANET. A verdade é que en moi raras ocasións se organizaron xornadas técnicas de accesibilidade e usabilidade dende o eido público no entorno galego. Hai que felicitar esta iniciativa xa, máis que por novidosa, por urxente e, ata hoxe, desatendida.

Parálise cerebral e deficiencias afíns

[D-222] Por medio da bitácora amiga AEDIR (Asociación de Educación e Diversidade da Rioxa), tomamos nota das Xornadas Técnicas que ASPACE-A Rioxa (Asociación de atención ás persoas con Parálise Cerebral e afíns desta comunidade) vai celebrar na súa universidade. Trátase dunhas xornadas técnicas de ámbito universitario nas que un dos días adícanse a desenvolver a temática do uso e aproveitamento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) para este colectivo. As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de novembro deste ano. Para máis información podedes acceder a este enlace da universidade que inclúe o tríptico do programa.

EDIGa de noraboa

[D-221] Veño de saber que EDIGa foi premiada na recente edición do SIMO co premio á Mellor web colaborativa do 2007. Só cabe aledarse por tan boa nova e enviarlles a todos os seus integrantes as nosas máis fondas felicitacións e parabéns. Sabemos todos os de TADEGa, que non é un premio sen esforzo. Ogallá sexa só un dos primeiros recoñecementos ao seu traballo e entrega.

Discapacidade intelectual e saúde mental

[D-217] O I Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental terá lugar o venres, día 16 de novembro, no hotel Torres de Compostela nesa localidade coruñesa. Esta actividade forma parte do Programa Desvantaxe Social que, xunto coa colaboración do Grupo de Traballo sobre Trastornos Mentais e/ou Alteracións de Conduta, ven traballando estes últimos anos para mellorar a atención que reciben as persoas con discapacidade intelectual e trastornos da saúde mental. Velaiquí o Ligazón ao tríptico do Seminario.

Nova axuda para persoas con autismo

O proxecto Spectrum resulta ser moi útil para persoas con autismo [D-211A] Da man do equipo de Google naceu SketchUp, unha ferramenta de software 3D moi doada de empregar e sumamente potente. Google SketchUp permite crear e modificar modelos 3D de forma rápida. Nota: andivemos empeñados en amosarvos aquí un vídeo de Youtube no que se fai unha demostración práctica (en inglés) desta ferramenta, pero por problemas de falta de accesibilidade non podemos colocalo aquí ata que academos un xeito accesible para vídeos compatible coa nosa bitácora. Se algún de vós ten interese en ver o vídeo aquí tedes o enlace: http://www.youtube.com/v/k7PIwSnKq7E, e aquí, o enlace á descripción detallada que tiñamos preparada para o vídeo: [D-211B] O caso é que, ao por a experiencia en marcha, de seguido comezaron a recibir chamadas de nais e pais de persoas do espectro autista que empregaban a ferramenta para dar saída ás imaxes que creaban nos seus pensamentos. De feito, pensan en imaxes. Ademais disto, tamén está o beneficio de crear simulacións ou visitas virtuais polas que lles podan adiantar un sitio a onde van ir, unha casa, etc. Enlace á páxina do proxecto

TADEGa, EDIGa, SIDAR e TecnoNEEt

[D-214] Teño por costume dar unha volta case que tódolos días polas bitácoras dos bos amigos, dos que sabemos todos que, cando escriben algo, paga a pena lelo. E hoxe vexo que o noso amigo Javier Soto na súa bitácora de tecnología y discapacidad* fai un alto no camiño dos artigos rigorosos para comentar unha anédota e unha foto. De entrada parecería esta unha reflexión banal, pero non é así: o pasado 30 de outubro tivo lugar en Madrid un congreso de moita sona sobre os temas que nos preocupan de tecnoloxías e educación. Deus os dá e eles se xuntan pois aquí temos de esquerda a dereita: Emmanuelle Gutiérrez e Restrepo, responsable da Fundación SIDAR, sen dúbida unha das profesionais máis destacadas no ámbito da accesibilidade web. Domingo Méndez López, un entusiasta da tecnoloxía educativa e autor do coñecido blog Educación y TIC*. José Luis Fariña García, (o noso benquerido compañeiro de TADEGa), asesor técnico de TIC da Consellería de Educación, membro fundador de EDIGa* e tamén de TADEGa*. Francisco Javier Soto Pérez, cabeza principal e líder do equipo TecnoNEEt* (o referente po excelencia das TIC na Atención á diversidade en toda Iberoamérica) ou o, NEEDirectorio*. Antonio Sacco, profesor de informática e creador de tecnoloxías para as necesidades educativas especiais da Arxentina e un dos premios deste IV Congreso Educared xunto con Domingo Méndez. E todos eles xuntiños, por xeración espontánea, nada menos que no emblemático Café Gijón. Di o proverbio árabe que cando o dedo sinala á Lúa, o idiota queda mirando para o dedo. E esta foto non é só a anécdota duns amigos tomando café, é todo un símbolo de que algo se move no ensino galego cando os profesionais da educación son capaces de aglutinarse para aproveitar ao máximo as oportunidades (neste caso baixo TADEGa e EDIGa) e, no canto de mirarse para o embligo, estar e crear espazos de aproveitamento cos mellores referentes como os que mencionaba antes. Sinal de que camiñamos e pola boa senda. Nota: (*) Enlaces xa relacionados na marxe dereita desta bitácora.

Seminarios BETT

[D-205] Máis información sobre estes seminarios dos que xa falabamos noutro artigo Aviso: artigo en inglés SEN Seminar Podcasts Three of the sessions were recorded for podcast after BETT. Personalised Learning for All, Carol Allen, nasen. Making the Best Use of ICT to Support Dyslexic Learners, Victoria Crivelli, British Dyslexia Association. Is It Accessible? Choosing and Using Software Titles, Adrian Higginbotham, Becta & David Colven Ace Advisory Trust. SEN Briefing Sheets Created by Special Children magazine for the Special Needs Information Point they hosted at BETT 2007, the following SEN Briefing sheets describe how ICT can help learners with special educational needs. Speech, language and communication needs. Social, Emotional and Behavioural Difficulties. Dyslexia/Specific Learning Difficulties. Visual Impairment. Physical Disability. Autistic Spectrum Disorders. 09 Jan 2008 – SEN Theatre 10:45 – 11:30 SN1 – Creativity and SEN made accessible through ICT 11:45 – 12:30 SN2 – Hollywood on a Shoestring! 13:00 – 13:45 SN3 – Developing early reading skills to promote and develop spoken language 14:15 – 15:00 Supporting the speech and language impaired child in the classroom: IT makes a difference 10 Jan 2008 – SEN Theatre 10:45 – 11:30 SN6 – Matching ICT tools to dyslexic needs 11:45 – 12:30 SN7 – Learning to teach students who have reading and literacy learning difficulties 13:00 – 13:45 SN8 – SEN and the use of new technologies 14:15 – 15:00 Accessibility Software for Virtual Learning Environments 15:30 – 16:15 Counting The Cost of Hidden Disabilities-and The Impact Spark-Space can Make 11 Jan 2008 – SEN Theatre 10:45 – 11:30 SN11 – A Framework for Maths 13:00 – 13:45 SN13 – Developing skills and capabilities for the use of gadgets and computers in teaching and learning environments 14:15 – 15:00 Inclusive multi-sensory maths using structured models, imagery and signs 15:30 – 16:15 An Introduction to Tomatis Listening Therapy – awakening communication 12 Jan 2008 – SEN Theatre 10:45 – 11:30 SN16 – Creatively accessing the curriculum using ICT in a Special School. 11:45 – 12:30 SN17 – Personalised Learning for ALL Schedule

Material para deficiencias visuais

[D-210] Rosa Mª de Diego é unha compañeira que escribe nun caderno de bitácora moi interesante no enderezo: http://aziroet.com/rosamdediego/ Xustamente navegando polas súas páxinas acabo de atopar uhna referencia a un material interesante para traballar con nenos con deficiencias visuais que, a súa vez, provén do Centro de Desarrollo de Tecnologías de Inclusión, Universidad Católica de Chile , e que tedes no seguinte enlace.

II Xornadas sobre o TDAH

[D-202] II Xornadas formativas ANHIDA sobre hiperactividade e déficit de atención Nota: Asociación ANHIDA (Asociación de Nenos con Hiperactividade e/ou Déficit de Atención). Organizadas pola Asociación ANHIDA (anhida.org), estas xornadas céntranse no TDAH (Trastornos por Déficit de Atención e Hiperactividade) e terán lugar os días 9 e 10 de novembro na cidade de Vigo. Obradoiros: O neno con TDAH no seu contorno familiar O neno con TDAH no contorno educativo Enlace ao tríptico das Xornadas sobre Hiperactividade