Proxectos Vialibre-Fundosa

[D-173] SIGMA é un sistema de Información Xeográfica que permite a elaboración, revisión e publicación de Planos de Accesibilidade. O sistema cobre todas as fases dun Plano, a partir da súa contratación ata a súa publicación en internet, só é necesario un navegador web e unha conexión a internet. SIGMA dá soporte e facilita cada un dos pasos proporcionando ferramentas para o seu control e xestión. A publicación permite acceder a información para podela consultar e realizar operacións sobre ela, como son: Información xeral, documentación, lexislación, malas prácticas, mobiliario urbano e pavimentos, situación actual, localizar recintos, consultar percorridos (accesibles ou non), realizar presupostos, e visualizar propostas. http://www.accesigma.com

Axudas á comunicación

[D-170-1] Por fin chegou!! Aínda que moitas e moitos de vos xa o coñecedes, é mais difícil atopalo no traballo na discapacidade intelectual, sobre todo en rapaces con grandes necesidades de apoio. Chámase GoTalk e constitúe unha das liñas do traballo da clase este curso, polo de agora é unha boa ferramenta que incrementa a atención, a motivación e o xogo (ademais da comunicación, claro), xa que na clase eliximos as imaxes entre todos, imprimimos as plantillas, gravamos os sons… e coordinámonos coa logopeda e coa familia. Gracias a todos polo esforzo, agardo unhos bos resultados ao remate do curso. [D-170-2] [D-170-3]

BETT 2008, special needs

[D-167] Seica é o evento educativo europeo por excelencia e a verdade que no seu apartado de necesidades especiais un pérdese en gadgets, programas, comunicación móbil, encerados dixitais, ergonomía, aparellos braille, lectores de textos, comunicación aumentativa e un longo etcétera… Grazas ao “baixo coste” algunha ou algún animarase a pasear por Portobello Road do 9-12 de xaneiro, avisade… 😉

La accesibilidad en Valencia

La Generalitat Valenciana y la Universidad de Valencia impulsan la accesibilidad en Internet La Generalitat valenciana y la Universidad de Valencia ultiman el “Plan NavigAbile”, un proyecto de investigación dirigido a personas con trastornos de la comunicación para que puedan tener un mejor acceso a las nuevas tecnologías. La Universitat está desarrollando el proyecto denominado “NavigAbile: e-inclusión para personas con trastornos de la comunicación” , financiado por el programa eTen de la Unión Europea. Este proyecto tiene como objetivos fundamentales experimentar una nueva generación de sistemas de comunicación alternativa basados en la web que permita a las personas con trastornos de la comunicación mejorar su comunicación y socialización, eliminando o aminorando la brecha digital. “NavigAbile” es un sistema basado en Internet dirigido a proporcionar un modo innovador de acceso a los contenidos web para niños y jóvenes afectados por discapacidades motoras, mentales o de comunicación. Para el desarrollo del convenio, la Universidad se encargará del asesoramiento en el desarrollo de un portal paralelo accesible y en la adaptación a la herramienta de NavigAbile y realizará la aplicación de los test de accesibilidad correspondientes y la corrección de los posibles errores. Por su parte, la Generalitat creará un sitio web accesible con contenidos propios de la Consejería de Bienestar Social y de interés para las personas con discapacidad.

Para que no se olviden

[D-164] ParaQueNoSeOlviden.com é unha web que manten un arquivo de alguns antiquísimos libros de Plesa/SM que toda unha xeración (anos 60-70) recordará, porque marcaron unha época. Estas xoias da educación infanto-xuvenil están fora de cátalogo e non se poden mercar nin se van a reeditar. Na galería pódense ver todos eles. Persoalmente, a colección “Cómo hacer…” foi a miña favorita, herdanza do meu irmán maior 🙂 , o libro de como facer xoguetes que funcionan marcou, sen dúbida, a miña andaina de remexer neles. E os vosos???

Coid-arte

Leo na folla parroquial da Coruña que a Vicepresidencia da Xunta convocou o concurso Coid-arte, que premiará a creatividade dos traballos fotográficos das persoas dependentes e as boas prácticas de entidades públicas e privadas que promovan a autonomía persoal e a atención á dependencia. A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), indica que Coid-arte estará dividido en dúas modalidades, o concurso de fotografía e o de boas prácticas. A finalidade deste concurso é, segundo a publicación do DOG, é fomentar a participación das persoas en situación de dependencia «posibilitando un marco de exposición das súas inquietudes artísticas» e divulgar as iniciativas de entidades que promoven a autonomía e a atención ás situacións de dependencia. coid-arte

Vagabundo Dixital

[D-159] Pois si, de roteiros polo mediterráneo, de aquí para acolá decateime de que non podo vivir sen conectarme, alomenos un pouquiño cada día, asi que alí onde estaba facía un barrido da zona e “bingo“, algun “fonero” caritativo deixábame “chucharlle” o seu ancho de banda; caridade en forma de bits!!! 🙂 Wifi en todas as partes, no coche, na rúa, nun bar, na praia,…contáronme que nun barco tamén existía, así que en caso de afundir sempre poderías mandar unha mensaxe aínda que non sexa nunha botella. Se queredes vola canto: [kml_flashembed movie=”http://static.boomp3.com/player.swf?id=6c748cf20285″ width=”200″ height=”20″ wmode=”transparent” /] Ata onde chegaremos!!!. Aínda que o máis sorprendente non é iso, falando, falando nesas noites longas estivais decatábame de que aínda así estamos “enganchados” por “cordóns umbilicais” eléctricos, “aínda dependemos de cables para nutrir os nosos aparatos?”, dixen. “Pois coido que xa non”, respondéronme, a electricidade sen cables xa chegou !!!! Increíble!!!

Formación TIC para lesionados medulares no Hospital

[D] E-Hospital é un proxecto financiado pola Comisión Europea no marco o programa Socrates/Grundtvig1, no que participan institucións educativas de Austria, Francia, Alemaña, Polonia, España e Suíza, baixo coordinación da institución austríaca Die Berater. Por parte española participan o Grupo de Innovación e Tecnoloxía Educativa da Universidade de Santiago de Compostela e a área de e-learning do Centro de Supercomputación de Galicia, ademais da colaboración do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo da Coruña, onde levouse a cabo a experiencia. Este proxecto ten como un dos seus principais obxectivos analizar o papel do e-learning (aprendizaxe electrónico) na formación a adultos hospitalizados de longa duración. Tras as experiencias de e-learning, elaborarase unha guía de boas prácticas con recomendacións para educadores que queiran traballar neste campo. Esta é unha experiencia educativa pioneira, posto que non existe ningunha investigación similar a nivel mundial no ámbito da formación de adultos en institucións hospitalarias, posta en práctica de modo simultáneo entre setembro de 2006 e maio de 2007 nos seis países que participan no proxecto con características diferenciais entre eles. No caso de España, impartiuse un curso de 5,5 créditos, recoñecidos pola USC, centrado en aspectos básicos de informática e ofimática (“Curso básico de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións para a alfabetización digial”). No marco desta experiencia, no caso español, durante a realización do curso piloto, formáronse a 13 pacientes da Unidade de lesionados Medulares do Hospital Juan Canalejo da Coruña. O próximo mes de setembro a Universidade de Santiago de Comopostela outorgará os correspondentes certificados a todos os alumnos participantes nesta iniciativa. Froito da experiencia educativa exitosa levada a termo tanto a partir do punto de vista dos alumnos como das profesionais médicos e pedagogos, as institucións españolas participantes no mesmo contemplan a ampliación ampliar do marco da experiencia máis alá do proxecto europeu. Para máis información, envíen un correo electrónico a e-learning@cesga.es ou visiten a páxina Web do proxecto: http://www.ehospital-project.net

ISSNizados…TADEGa publica!!

[D] Pois xa se comentaba na lista de correo, despois de moito insistir a BN (Biblioteca Nacional) e reformular algunhas “cousiñas”, as nosas contribucións (Documentos de interese) xa son recoñecidas co devandito ISSN (International Standard Serial Number). ISSN: 1988 – 3137 Pero…¿para que sirve? O número e unha referencia de identificación de publicacións normativizado, que facilita o control por parte de axentes e institucións para a súa comercialización (leáse edición e distribución) ou baremación (leáse méritos, concursos oposicións,…). Ao mesmo tempo dalle un sentido corporativo a plataforma ao ser recoñecida “no fondo e nas formas” nas súas contribucións, por estamentos validadores, como é o caso da devandita BN. ¿Queres colaborar? Pasate por (Documentos de interese). Experiencias, reflexións, iniciativas, innovacións, escolmas de recursos…teñen cabida. Grazas a todos polo esforzo adicado!!! Nota: Alguén nun correo preguntou, ¿para cando a versión impresa?…amodiño, amodiño todo se andara 😉 . Nestes momentos, xa estamos traballando nunha base de datos que xestione todas as contribucións con diferentes criterios.