Rato para ensinar a ler a invidentes
[D-661] A 200 anos do nacemento do seu inventor, o alfabeto de Louis Braille pasa a era electrónica grazas a ‘Mouskie’, un sistema informático do suízo Philippe Racine, que fai da aprendizaxe do ‘braille’ case un xogo de neno. O nacemento de Mouskie é, en principio, a historia dunha amizade. A que vincula a Jean-Marc Meyrat, presidente da antena francesa da FSA (Federación Suíza de Invidentes e persoas con deficiencias