Guía discapacidade neuromuscular
[D-622]
Nace a primeira Guía de las Enfermedades Neuromusculares: información y apoyo a las familias, presentada o pasado 14 de novembro en Barcelona no XXV Congreso da Federación Española de Enfermidades Neuromusculares (ASEM) grazas á iniciativa  da Federación Española de Enfermidades Neuromusculares e á Fundación Solidaridade Carrefour.
A guía ofrece unha ampla información sobre as enfermidades neuromusculares tanto ás persoas que as padecen, como as súas familias e aos especialistas que a tratan.
Con esta fin, a publicación divídese en tres áreas: sanitaria, psicolóxica e social. Nelas recóllense as particularidades que viven as persoas afectadas por enfermedades neuromusculares nos diferentes ámbitos da súa vida.
Do mesmo xeito, a guía contén diferentes apartados onde se inclúen teléfonos e direccións de organismos oficiais de interese, e aporta testimonios, un glosario, datos das entidades que forman parte da ASEM e páxinas web de utilidade.
Para o director xeral da Fundación Solidaridade Carrefour, Guillermo de Rueda, a edición desta guía supón “dar respuesta a una de las demandas más importantes tanto de las personas que padecen enfermedades neuromusuclares como de sus familiasâ€, e espera que “esta publicación sea una herramienta útil y que sea de gran utilidad para las personas que sufren este tipo de dolencias, sus familiares y el cuerpo sanitarioâ€.
Actualmente, a guía está editada por Formación Alcalá e poderá atoparse nas entidades que forman a ASEM, en hospitais e en entidades privadas ligadas ao campo da saúde e da discapacidade.
Enlaces de interese
- Enlace á Guía na páxina Web de ASEM Galicia www.asemgalicia.com