A educación inclusiva a debate
Con motivo da celebración do Congreso de Educación FEAPS (1), a organizacion celebrou un café con expertos nesta materia e que son os encargados de deseñar o modelo de educación de FEAPS que se presentará no citado Congreso, o próximo mes de febreiro en Córdoba.
Neste café-coloquio (2) tocáronse moitos dos aspectos que debatíamos hai días. Algún dos temas facían referencia as carencias, ausencias, faltas, non existencias… que aparecen se preguntamos educación inclusiva?.
Cando se fala de inclusión non se fala dunha metodoloxía nin dun procedemento, fálase dunha cultura, dunha actitude, dunha ética, en relación coa educación en xeral, que todos os nenos teñan a educación que merecen. Neste sentido na inclusión sí se foi avanzando: hai máis crenza, máis ideoloxía positiva, máis paixón por quen a ten, pero é de agradecer non é eSixible. Hoxe en día non hai nada que esixa nas normativas esta formulación.
Se a túa filla ten a sorte de estar nun centro que por sorte, polas actitudes e as características do colexio e das persoas, vaille ben pois é unha afortunada, pero se está nunha entidade onde, ese colexio, eses profesores ou a sociedade de ao redor non ten esta cultura, ninguén lle vai a pór sistemas de proceso de mellora para que realmente chegue a inclusión. Os cambios e as transformacións non terían só que ver con cambios de mentalidade, que son básicos, se non que ademais terían que ir acompañados de transformacións de esixencia.
Enlaces de interese
- Enlace ao Congreso FEAPS de Educación www.feaps.org
- Enlace ao texto íntegro do café coloquio Café Coloquio sobre Inclusion