ISAAC 2010
[D-609-1]
[D-609-2]
A 14ª Conferencia Internacional de ISAAC, terá lugar en Barcelona do 24 ó 31 de xullo de 2010 baixo o lema “Comunicando Mundos”.
Dita conferencia quere reunir a profesionais, usuarios e familias de todo o mundo que empregan e promoven o emprego da Comunicación aumentativa e alternativa (CAA).
En Barcelona haberá espacio para o intercambio de experiencias, estudos e opinións en torno ás CAA. O obxectivo é aprender uns dos outros.
Durará un total de 8 días:
2 días de formación, onde expertos de prestixio realizarán obradoiros sobre temas específicos con CAA.
4 días de conferencias, onde se agarda que os participantes aporten as súas experiencias e opinións en relación a CAA, dende o ámbito educativo, social, sanitario e persoal.
2 días de simposio científico, onde os principais investigadores de todo o mundo neste ámbito mostran as liñas de investigación actuais.
Tamén se contará coa presenza das principais empresas do sector de todo o mundo, cunha exposición permanente dos seus productos, demostracións das últimas novidades en Sistemas aumentativos e alternativos de Comunicación.
Enlaces de interese
- Ligazón á web da Conferencia de Barcelona: www.isaac2010.org