Presentación do navegador Zac

[D-504] O próximo día 14 de agosto, no MUPEGA (1), en Santiago de Compostela, ás 10:30 da mañá, haberá una presentación informal do NAVEGADOR ZAC (2) a entrada é libre e gratuíta, está organizada pola xente de TADEGa e será Iago Seara quen en representación do equipo de traballo español para o ZAC, faranos unha presentación do mesmo, dun modo informal. Se alguén está interesado en ir, non ten máis que presentarse alí. (Museo Pedagóxico de Galicia, Rúa San Lázaro 107, Santiago de Compostela; aínda que se nos avisas mellor, para ter conta de que chegue o sitio). A modo persoal teño que dicirvos que xa tan só pola bondade do proxecto vale a pena. Trátase dun navegador creado para que nenos con autismo poidan utilizar internet sen que iso supóñalles unha frustración. Trátase de facilitarlles o acceso a unha serie de enlaces que lles resultan amenos e divertidos, de modo sinxelo. Podedes informarvos máis amplamente na páxina do navegador Zac (2). Como seguramente saberedes, Iago Seara, como cabeza visible deste proxecto en España e Galicia, está traballando tamén na tradución ao Galego desta ferramenta, onde ademais TADEGa está colaborando recompilando enlaces moi divertidos, á vez que didácticos. Ligazóns de interese: (1) Enlace á páxina do MUPEGA coa súa localización (2) Enlace á páxina do navegador ZAC en castelán

Dislexia, novos retos na intervención

[D-501] Se en Abril dabamos conta do Congreso Nacional de Dislexia (1) a celebrares en Palma de Mallorca entre o 7 e o 9 novembro, eiquí na nosa terriña, ten moi moi boa pinta o Curso de Verán da USC “Dislexia: Novos retos na súa intervención interdisciplinar”. Desenvolverase en Vilagarcía do 15 ao 19 de setembro coas ultimas innovacións en materia de intervención sobre a dislexia. Darémosvos conta do acontecido no curso e un resumo para os compañeiros que van ao TECNONEET. Setembro formativo!! Enlaces de interese Ligazón ao artigo do Congreso Nacional de Dislexia: TADEGa Ligazón á web do Curso de Verán sobre Dislexia: Curso de Verán en Vilagarcía-Programa Ligazón á información do Curso na USC: Información do Curso de Verán na USC

II Marcha pola diversidade funcional

[D-493] Invitación aberta Este ano faremos a Segunda Marcha pola Visibilidade da Diversidade Funcional. Podo dicir que a do ano pasado foi das experiencias máis intensas que vivín eu e das mellores para os meus fillos. Vos imaxinades centos de cascados dirixíndose cara Madrid? Viva a accesibilidade no transporte público! 😉 Sabedes o que é, perfectamente coordinados grazas ós móbiles, e con cobertura periodística, parar o tren de Santander, o de Vigo, o de Valencia, Málaga… para baixar a facer as necesidades a unha estación posto que o tren non é accesible, mentres o resto de viaxeiros esperaba e miraba polas fiestras sorprendidos-cabreados? Elaboramos documentos, para min moi valiosos, (mándovos un exemplo). Se alguén está interesado mando mesmo imaxes ou os textos das teatralizacións. Os meus fillos elaboraron un fermoso cartaz (que quedou alí exposto). A foto é, como vedes, na Torre de Hércules de Coruña. Os meus fillos son 1º pola esquerda, 3ª pola esquerda e 1º pola dereita (Diante). O resto son sobriños. Era o noso póster pero había algúns extraordinarios, con mensaxes que che facían subir o sentimento de dignidade a niveis infinitos… E se alguén se anima a medrar con nós, prometo que non se arrepentirá. Ligazóns de interese (múltiples idiomas) Enlace á páxina do Foro de Vida Indendiente: www.ForoVidaIndependiente.org Enlace á sección galega ‘Vida Independiente Galicia: www.asoc-ies.org/vigalicia Enlace á imaxe do cartaz que preparamos no seu día para I Marcha: Cartaz de Juan David Manifesto do Foro de Vida Independiente (Formato PDF): Documento: Manifesto Foro Vida Independiente

Encontro Internacional de nenos cegos e deficientes visuais

[D-473] Do 16 ate o 20 de xuño terá lugar en Pontevedra I Encuentro Internacional de Niños Ciegos y Deficientes Visuales, impulsado pola Organización Nacional de Cegos Españois e pola Unión Mundial de Cegos. A idea básica consiste en que adolescentes con discapacidade visual de todo o mundo debatan e expoñan a súa realidade cotiá presentando ao público en xeral e a aquelas persoas con responsabilidade na toma de decisións dos problemas e contextos nos que se teñen que desenvolver. Os debates serán en sesións plenarias e trataranse aspectos relacionados con temas como: a educación, a familia ou as relacións cos outros. Neles participarán sobre 24 adolescentes de entre 14 e 16 anos de todo o mundo con diferentes tipos de discapacidade visual. Esta iniciativa xurde da recente entrada en vigor da Convención de Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade e este encontro pretende ser un foro onde se poida oir, reflexionar e tomar as medidas oportunas para a integración social das persoas con problemas visuais. Outro dos obxectivos que se pretende é que as conclusións cheguen a quen teñan a responsabilidade no desenvolvemento de políticas relacionados coa accesibilidade en diferentes campos: arquitectónica, urbanística, tecnolóxica, etc e acadar así melloras significativas en prol da igualdade de oportunidades e dereitos. Está previsto que o congreso remate cunha xornada aberta á que acudirán institucións e entidades internacionais dos ámbitos da cegueira e da infancia como a UNICEF, Save the Children, e outras para que os seus representantes poidan coñecer de primeira man a realidade e os problemas deste colectivo tras unha declaración conxunta elaborada polos propios rapaces. O resto das sesións serán a porta pechada e levaranse a cabo talleres de teatro,música ou deporte así como outras actividades de ocio e tempo libre que incluirán visitas culturais pola cidade. Fonte da noticia: www.ecodiario.es

Contraste de Color

Aviso: artículo en castellano [D-456] Con motivo de la preparación del 7º Taller de este congreso: Taller de accesibilidad web o la responsabilidad de la inclusión de las personas con discapacidad en nuestros contenidos digitales (*), que TADEGa llevará a cabo en el Aula Virtual del Congreso Internet en el aula, estamos preparando una serie de materiales: validadores web, de estilos CSS, etc. y apareció al fin -como no- también el evaluador de brillo y contraste de colores: Colour Contrast Analyser (**). De esta manera, tenemos una buena recopilación de herramientas con la que podremos comprobar la accesibilidad de nuestra web y/o verificar los aspectos que tendremos que corregir: TAW. Test de Accesibilidad Web HERA 2.0. Test de Accesibilidad Web eXaminator. Test de Accesibilidad Web Colour Contrast Analyser Validator. Test de idoneidad de lenguaje HTML. Jigsaw. Test de idonedidad de las hojas de estilo de páginas web. La pauta 2.2 de las Pautas de Accesibilidad al Contenido Web 1.0 especifica que las combinaciones de los colores de fondo y primer plano han de tener suficiente contraste para ser percibidas por personas con deficiencias de percepción de color o sobre pantallas en blanco y negro. Dos colores ofrecerán una buena visibilidad si la diferencia en brillo y de color entre ambos es mayor que cierto umbral establecido. Sugieren un algoritmo de contraste de color, que es el usado en este test. El algoritmo se encuentra en desarrollo, y podría sufrir algún cambio. Cualquier cambio que hicieran sobre su algoritmo será actualizado en esta página. Esta página tiene como objetivo permitirte comprobar el contraste entre dos colores usando el algoritmo de contraste de color del W3C directamente sobre los colores que especifiques. Para especificar una hoja de estilo externa, o pegar CSS en la caja de texto, usa la Página de Contraste CSS. Referencias que se citan (*) Enlace a la página del taller Taller de accesibilidad web o la responsabilidad de la inclusión de las personas con discapacidad en nuestros contenidos digitales. (**) Enlace a la descarga de del programa Colour Contrast Analyser.

I Congreso TADEGa 2008

[D-453] Os días 23 e 24 de maio de 2008, terá lugar nas instalacións do Museo Pedagóxico Galego (MUPEGA) de Santiago de Compostela, A Coruña o Primeiro Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega (TADEGa) 2008. TADEGa síntese moi leda de presentarvos este 1º Congreso. Chegar ata aquí non foi doado, o traballo preparatorio foi intenso, pero paga a pena intentalo á vista do servizo que podemos prestar á comunidade educativa galega. Agardamos desde esta preparación que todo saia ben e que todas e todos poidamos sacarlle proveito nas nosas aulas e nos nosos fogares. O período de inscrición xa comezou, e as prazas son limitadas (o aforo máximo das instalacións do MUPEGA é de 112 prazas). Só nos queda animarvos a participar neste evento que con tanto mimo estamos a preparar. Tedes toda a información necesaria na nosa web: En galego: 1º Congreso TADEGa 2008 En español: 1º Congreso TADEGa 2008

A Santiago de Chile

[D-426] Seguimos a estela de profesionais cunha traxectoria de calidade tan fascinante como a de Manuel Gómez Villa, Emilio Ivars Ferrer e Francisco Javier Soto Pérez, da Consejería de Educación, Ciencia e Investigación do Goberno de Murcia, e os atopamos en Santiago de Chile, cidade onde desenvolverán o seminario “Herramientas TIC para la Comunicación Aumentativa en Educación Especial”. Isto terá lugar do 21 ao 25 de abril, na escola de Psicoloxía de San Xaquín. O seminario, formulado cun deseño teórico-práctico, ten como fin dar a coñecer formas de comunicación aumentativa, que permiten, dunha parte, promover e apoiar a fala e, doutra, garantir un sistema de comunicación alternativo á fala cando ésta non é posible. Todo un exemplo de cando as cousas se fan ben. Máis información na páxina Web do CeDeti.

Competencias básicas

[D-424] O Centro de Formación e Recursos da Coruña, organiza un curso que se celebrará en xuño sobre competencias básicas e no que contarán cun programa moi interesante: 3 de xuño: Competencias básicas e práctica educativa: avalición das competencias por Don José Graña Carrodeguas, Subdirector Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do sistema educativo. 4 de xuño: Metodoloxía na aula e desenvolvemento de competencias básicas: unha interesante relación por Dona Estela D’Angelo Menéndez da Universidade Complutense de Madrid e Presidenta da Asociación Española de Lectura e Escritura. 5 de xuño: Repensar a aprendizaxe das matemáticas: competencia matemática para comprender o mundo por Don Ángel Carlos Gallego Lázaro da Universidade Ramón Llull de Barcelona. Así que animádevos, difundídeo e matriculádevos. Referencia para inscribirse na páxina web do Sistema de Xestión da Formación do Profesorado (FPROF): C0702009

Congreso Nacional de Dislexia

[D-418] E xa van pola IV edición, a se celebrar en Palma de Mallorca entre o 7 e o 9 novembro… tendo como obxectivo principal dar a coñecer o trastorno da dislexia e buscar solucións aos problemas que se nos presentan día a día, dende todos os ámbitos: familiar, educativo, sanitario e social. Animádevos que paga a pena. Enlaces de interese Ligazón á web de DISFAM: www.disfam.net/congreso Ligazón á imaxe do custo do billete con Air Berlín: tadega.net/Bitacora

Congreso sobre trastorno da atención

[D-329] Organizadas conxuntamente polo Grupo ALBOR e a Fundación para la Promoción de la Calidad de Vida CALVIDA , atopamos istas xornadas sobre trastornos de atención adicadas aos Avances na Detección, Identificación, Prevención e Intervención multimodais con Nenos, Adolescentes e Adultos con Trastornos por Déficit de Atención con ou sen Hiperactividade: ‘HIPERACTIVOS’ e ‘INATENTOS’: algo mais que simples ‘subtipos’ Realizaranse dúas Xornadas, unha en Bilbao os días 1 e 2 de marzo e outra en Madrid do 24 ao 26 de outubro. Ligazón con mais informacion sobre as Xornadas Ligazón ao tríptico en pdf da xornada de Madrid