Competencias básicas
[D-424]
O Centro de Formación e Recursos da Coruña, organiza un curso que se celebrará en xuño sobre competencias básicas e no que contarán cun programa moi interesante:
- 3 de xuño:
Competencias básicas e práctica educativa: avalición das competencias
por Don José Graña Carrodeguas, Subdirector Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do sistema educativo. - 4 de xuño:
Metodoloxía na aula e desenvolvemento de competencias básicas: unha interesante relación
por Dona Estela D’Angelo Menéndez da Universidade Complutense de Madrid e Presidenta da Asociación Española de Lectura e Escritura. - 5 de xuño:
Repensar a aprendizaxe das matemáticas: competencia matemática para comprender o mundo
por Don Ángel Carlos Gallego Lázaro da Universidade Ramón Llull de Barcelona.
Así que animádevos, difundídeo e matriculádevos.
Referencia para inscribirse na páxina web do Sistema de Xestión da Formación do Profesorado (FPROF): C0702009